O Fisober non puido pechar cun título a súa histórica campaña


Na tarde do domingo en Bertamiráns pechouse unha tempada histórica para o Fisober, que a pesar da derrota na Final da Copa Autonómica, fixo un meritorio partido ante un Leis Pontevedra moi reforzado para a ocasión, poñéndolle as cousas difíciles as pontevedresas en todo momento.
Unha derrota que non desmerece a enorme tempada na que foron Campionas da Liga Autonómica, Subcampionas de España e Subcampionas de Copa. Un mérito que engrandece o feito de que a meirande destas xogadoras formaron o primeiro equipo alevín e infantil que tivo o clube fai 8 anos.
Coma sempre, dende o clube soneirán queren agradecer a gran presencia de siareiros do Fisober que preferiron ir animalas que disfrutar dun magnífico día de praia.
Final da Copa Autonómica
- Resultado: LEIS PONTEVEDRA – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” (5-2).
- FISOBER: Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Noelia, Ylenia, Myrella, Eva e Alba.
- Goles: 1-0 Natalia, 1-1 Patri, 2-1 Adriana, 3-1 Gema (descanso) , 4-1 Gema, 5-1 Gema, 5-2 Patri.
O Fisober que tiña a baixa xa coñecida de Elsa a que se lle tivo que sumar a de última hora por enfermedade de Olalla. O calor en Bertamiráns era abafante, 30 grados no exterior, nin pensalo no interior do Pavillón.
No puramente deportivo comenzou mellor o Leis con xente máis acostumbrada a xogar este tipo de partidos. Os tres minutos a xogadora do Fisober , Patri tiña que sacar baixo paus un remate de Gema. E nese mesmo minuto era Paula a que frenaba un lanzamento de Tamara.
Un Fisober moi ordenado poñíalle as cousas moi difíciles as do Leis. E os seis minutos tiña a primeira ocasión por medio de Patri. Pero os sete minutos as pontevedresas castigaron o primeiro erro do Fisober para que Natalia fixese o 1 a 0 a pracer.
Lonxe de virse abaixo as da Costa, disfrutaron dos seus mellores minutos sobre a pista e viron o difícil que ía ser marcarlle un gol a Silvia. Primeiro foi Nuria quen no minuto sete se atopou con ela.
No minuto oito ata tres ocasións consecutivas despexou a porteira do Leis. Os once minutos frenou a Ana e os doce a Patri, parecía imposible batila. As pontevedresas tentaron voltar a coller o dominio do partido, e así Begoña mandaba o seu lanzamento lambendo o pau os trece minutos.
E no catorce unha combinación do Fisober finalizou co gol de Patri para poñer o empate no electrónico. Algo que tivo o mesmo efecto que tivera o do Leis no Fisober. Propiciou os mellores momentos das pontevedresas. Xa que prácticamente nada máis sacar de centro desigualaron o partido por medio dun lanzamento de Adriana.
O Leis fíxose co dominio total e o Fisober pasou por moitos agobios durante os últimos minutos da primeira metade. As da Costa case eran incapaces de saír do seu propio campo, algo que aproveitou o Leis cando os dezasete minutos Gema facía o terceiro para o seu equipo. Seguiu o sufrimento para o Fisober ata que se chegou o tempo de lecer.
A segunda metade comenzaba co mesmo guión que a primeira, dominio do Leis, pero as forzas xa ían a menos debido o enorme esforzo e a calor. Os cinco minutos de novo Gema facía o 4 a 1 despois dun lanzamento de saque de banda. E ó igual que na primeira metade o Fisober deu a súa mellor imaxe despois de recibir o gol. Os sete minutos Barca gozaba dunha inmellorable oportunidade pero de novo Silvia era infranqueable. Os nove facía o mesmo con Patri, ante a desesperación dun Fisober que non vía a maneira de batila.
Máis aínda cando nese mesmo minuto lle paraba un penalti a Barca, un penalti que podía apretar o partido. A resposta foi por medio de Gema quen fixo os once minutos o quinto para o seu equipo e o terceiro na súa conta.
O Fisober lonxe de virse abaixo seguiu pelexando ata o último segundo. Mentras que o Leis máis replegado tentaba saír a contra. Os doce minutos foi momento para ocasións de Noelia e Ana , pero o gol parecía unha misión imposible.
Máis imposible pareceu cando primeiro Ana e despois Nuria con Silvia xa batida vía como Begoña sacaba baixo paus. Ata que os quince minutos de novo Patri facía gol o a postre definitivo 5 a 2. E solo un minuto despois era de novo Patri a que perdía no enfrontamento directo con Silvia.
A final xa estaba decidida e chegaron as últimas ocasións para ambos equipos. Primeiro foi Andrea Ferrón a que se atopou con Eva. Logo foi a xogadora da Costa, Nuria a que tiña diante a Silvia. E xa no último minuto a xogadora do Fisober, Noelia evitaba o gol do Leis baixo paus.
En definitiva merecida victoria do Leis , ante un Fisober que deu moi boa imaxe ante un rival plagado de xogadoras de superior categoría.
Crónicas da campaña 2011-2012
- O Fisober fai historia co Subcampionato de España.
- O Fisober segue facendo historia e está a un só paso da Copa Autonómica.
- O Fisober deixa o pase á final da Copa para a volta e as infantís de Ponteceso soben ao podio provincial.
- O Fisober pasa a semis da Copa Autonómica a pesar da relaxación.
- 4 pontecesás á Selección Coruñesa de FS mentres o Fisober comeza a Copa.
- O Fisober comeza a Copa.
- Festa do fútbol feminino en Vimianzo.
- Patri Romaní á Selección Galega de Fútbol Sala.
- O Fisober fai historia.
- O Fisober acariña o ceo.
- O Fisober achégase á gloria.
- O Fisober supera, de vermello, as súas Meigas.
- O Fisober segue líder.
- Non descansa o Fisober.
- O Fisober segue implacable na Liga Autonómica.
- O Fisober B supera de novo ao Concello de Ponteceso FSF.
- O Fisober segue líder en Autonómica e A Salina vence ao Ponteceso na Provincial.
- O Fisober tamén gaña sufrindo e mantén o liderato da Liga Autonómica.
- O Ponteceso FSF consegue a súa primeira vitoria da temporada na Liga Provincial.
- O Fisober, campión de inverno da Liga Autonómica.
- O Fisober remata o ano líder da Liga Autonómica mentres en Camariñas se volca co FS.
- Ponte de derbis no fútbol sala costeiro.
- Unha primeira metade para esquecer rompe a racha do Fisober.
- O Fisober xa é líder en solitario tras unha remontada de cine.
- O Fisober segue facendo historia na Liga Autonómica.
- O Fisober non deixa o mando da Liga Autonómica.
- O Fisober no máis alto da Liga Autonómica.
- Un gol de Barca e a gran actuación de Eva na portería bastaron para superar ao Sada.
- Comezou a Liga Provincial con derbi e derrota vimiancesa.
- O Fisober celebra con vitoria do debut de Nuria Paz.
- O Fisober non puido co campión de Liga.
- O Fisober comeza o curso cunha vitoria apretada.
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.