O Fisober segue facendo historia e está a un só paso da Copa Autonómica
O Fisober segue a facer historia nesta inolvidable tempada e na tarde do sábado clasificouse para a Final de Copa Autonómica ante un entregado e ateigado Pavillón de Vimianzo facendo valer o empate que traia de Santiago. Pechouse así a tempada como local do Fisober, na que conseguiu o inmellorable record de 15 vitorias en 15 partidos como local entre Liga e Copa.
Unha final que aínda non ten data xa que o Fisober xogará o vindeiro fin de semana o Campeonato de España, tras quedar campión de Liga.
Deste xeito, fagan o que fagan as de Iván Chans e Fran Toba, a temporada xa é histórica para o novo equipo vimiancés.
Volta da Seminfial da Copa Autonómica
- Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – FUNERARIA APÓSTOL (6-3).
- FISOBER: Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Olalla, Ylenia, Noelia, Eva, Myrella e Alba.
- Goles: 1-0 Nuria, 2-0 Barca, 2-1 Cecilia, 2-2 Montse, 3-2 Barca, 3-3 Irene, 4-3 Ana (descanso); 5-3 Barca , 6-3 Patri.
O partido non pudo comenzar mellor para as da Costa xa que no primeiro minuto Nuria facía o un a cero dun dereitazo a saída dun saque de esquina. No minuto tres unha combinación entre Ana e Barca rematou co lanzamento desta última o pau. Unha Barca que non erraría un minuto despois e con tranquilidade puxo o dous a cero.
Pero as visitantes, lonxe de amilanarse, aos cinco minutos fixeron lucirse a Paula en dúas ocasións, primeiro a lanzamento de Belén e logo de Irene.
O toma e daca era constante e ningún dos dous equipos especulaba a pesares do resultado. Así chegou a resposta do Fisober por parte de Patri e Nuria. As santiaguesas entraron de cheo no partido cando os seis minutos Cecilia marcou a pracer o dous a un. E máis aínda cando Montse facía o segundo para igualar o partido os oito minutos.
Nun partido sin pausa era a local Patri a que gozaba da súa opción a resposta visitante era de novo frenada pola meta local Paula. O partido era tolo e os catorce minutos de novo Barca era a máis lista e aproveitaba un lanzamento de Nuria o pau para colocar outra vez o Fisober en vantaxe.
Un gol que só tardou dous minutos o Fune en igualar desta vez por parte de Irene. E claro as locais non ían ser menos e nunha contra a dous para o fin , Ana axustou o seu lanzamento o pau para facer o catro a tres.
Aínda antes do tempo de lecer a meta local Paula tivo que aparecer unha vez máis e tamén vio como as do Fune malograban por medio de Belén un doble penalti.
Na segunda metade as cousas cambiaron o igual que no partido de ida e o Fisober controlou máis o partido. De novo eran as do Fisober as que pegaban de saída pero Patri non poido aproveitar a súa ocasión. Aos catro minutos as santiaguesas disfrutaron dunha falta indirecta por suposta cesión moi protestada polas locais que se saldou sin consecuencias.
Cando transcurrían cinco minutos era Barca a que despois dunha serie de rexeites definía con serenidade para dar dous goles de vantaxe o Fisober. Unha Barca que lle adicou este gol a súa compañeira a lesionada Elsa.
As visitantes tiveron nos seguintes minutos os seus últimos achegamentos perigosos, pero ata en tres ocasións en tres minutos consecutivos apareceu a porteira local Eva moi atenta e segura frenando o empuxe do Fune e non deixou que se voltaran a enchufar na eliminatoria.
Os últimos dez minutos foron unha sucesión de ocasións para o Fisober. Primeiro foi Barca a que quixo facer o cuarto na súa conta particular. Pouco despois foi un lanzamento de Nuria. A sete para o fin tamén se quixo sumar a festa Alba pero non conseguiu o gol. A seis para o fin a última gran ocasión das visitantes por medio dun cabezazo de Irene despois dun saque de esquina que se foi fóra.
O Fisober seguiu martelando a un conxunto visitante que xa non se sentía con forzas de dar a volta a eliminatoria e sufría o empuxe local. Nuria voltaba a probar sorte o igual que Patri que vía como unha xogadora sacaba o balón baixo paos. Unha Patri que facía unha gran xogada para poñer o sexto gol local e selar o pase para unha Final da Copa Autonómica que aínda non ten lugar nin data xa que o Fisober xoga na Coruña o Campeonato de España o vindeiro fin de semana.
Crónicas da campaña 2011-2012
- O Fisober deixa o pase á final da Copa para a volta e as infantís de Ponteceso soben ao podio provincial.
- O Fisober pasa a semis da Copa Autonómica a pesar da relaxación.
- 4 pontecesás á Selección Coruñesa de FS mentres o Fisober comeza a Copa.
- O Fisober comeza a Copa.
- Festa do fútbol feminino en Vimianzo.
- Patri Romaní á Selección Galega de Fútbol Sala.
- O Fisober fai historia.
- O Fisober acariña o ceo.
- O Fisober achégase á gloria.
- O Fisober supera, de vermello, as súas Meigas.
- O Fisober segue líder.
- Non descansa o Fisober.
- O Fisober segue implacable na Liga Autonómica.
- O Fisober B supera de novo ao Concello de Ponteceso FSF.
- O Fisober segue líder en Autonómica e A Salina vence ao Ponteceso na Provincial.
- O Fisober tamén gaña sufrindo e mantén o liderato da Liga Autonómica.
- O Ponteceso FSF consegue a súa primeira vitoria da temporada na Liga Provincial.
- O Fisober, campión de inverno da Liga Autonómica.
- O Fisober remata o ano líder da Liga Autonómica mentres en Camariñas se volca co FS.
- Ponte de derbis no fútbol sala costeiro.
- Unha primeira metade para esquecer rompe a racha do Fisober.
- O Fisober xa é líder en solitario tras unha remontada de cine.
- O Fisober segue facendo historia na Liga Autonómica.
- O Fisober non deixa o mando da Liga Autonómica.
- O Fisober no máis alto da Liga Autonómica.
- Un gol de Barca e a gran actuación de Eva na portería bastaron para superar ao Sada.
- Comezou a Liga Provincial con derbi e derrota vimiancesa.
- O Fisober celebra con vitoria do debut de Nuria Paz.
- O Fisober non puido co campión de Liga.
- O Fisober comeza o curso cunha vitoria apretada.
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba e de José Barca do Concello de Ponteceso FSF.