O Fisober ten canteira


Este sábado día 7 de xullo as máis novas do Fisober, Meigas e as E.D.M. de Negreira disputaron o I Torneo Fútbol Sala Femenino Vila de Negreira. E as pequenas costeiras demostraron que o futuro está ben cuberto. Non puideron facerse co título pero raiaron a gran altura.
Desenvolvemento do Torneo
O primeiro partido enfrontou o Fisober e as E.D.M. de Negreira e o resultado foi de 8-2 a favor do Fisober. Polo Fisober xogarón Natalia como porteira, Pauliña, Noe, Inés e Laura, no 5 inicial e tamén xogaron Amanda e Nuriña. Os goles do Fisober neste partido foron Noe (2), Pauliña (2), Nuriña (2) e Inés (2).
O Meigas derrotaba no segundo partido ao Negreira polo que o derradeiro encontro servía de gran final.
No partido que decidía o título entre o Meigas e o Fisober o resultado foi de 4 a 1 a favor do Meigas. Non puideron as de Luís Alberto Sambad ante as potentes xogadoras do Meigas. Desta volta o gol foi obra de Inés.
Co cal a clasificación final do torneo foi : 1º clasificado Meigas ; 2º clasificado Fisober e 3º clasificado E.D.M. de Negreira. Os trofeos do evento foron donados por Aquacenit Ocio e Deporte.

Crónicas da campaña 2011-2012
- O Fisober non puido pechar cun título a súa histórica campaña.
- O Fisober fai historia co Subcampionato de España.
- O Fisober segue facendo historia e está a un só paso da Copa Autonómica.
- O Fisober deixa o pase á final da Copa para a volta e as infantís de Ponteceso soben ao podio provincial.
- O Fisober pasa a semis da Copa Autonómica a pesar da relaxación.
- 4 pontecesás á Selección Coruñesa de FS mentres o Fisober comeza a Copa.
- O Fisober comeza a Copa.
- Festa do fútbol feminino en Vimianzo.
- Patri Romaní á Selección Galega de Fútbol Sala.
- O Fisober fai historia.
- O Fisober acariña o ceo.
- O Fisober achégase á gloria.
- O Fisober supera, de vermello, as súas Meigas.
- O Fisober segue líder.
- Non descansa o Fisober.
- O Fisober segue implacable na Liga Autonómica.
- O Fisober B supera de novo ao Concello de Ponteceso FSF.
- O Fisober segue líder en Autonómica e A Salina vence ao Ponteceso na Provincial.
- O Fisober tamén gaña sufrindo e mantén o liderato da Liga Autonómica.
- O Ponteceso FSF consegue a súa primeira vitoria da temporada na Liga Provincial.
- O Fisober, campión de inverno da Liga Autonómica.
- O Fisober remata o ano líder da Liga Autonómica mentres en Camariñas se volca co FS.
- Ponte de derbis no fútbol sala costeiro.
- Unha primeira metade para esquecer rompe a racha do Fisober.
- O Fisober xa é líder en solitario tras unha remontada de cine.
- O Fisober segue facendo historia na Liga Autonómica.
- O Fisober non deixa o mando da Liga Autonómica.
- O Fisober no máis alto da Liga Autonómica.
- Un gol de Barca e a gran actuación de Eva na portería bastaron para superar ao Sada.
- Comezou a Liga Provincial con derbi e derrota vimiancesa.
- O Fisober celebra con vitoria do debut de Nuria Paz.
- O Fisober non puido co campión de Liga.
- O Fisober comeza o curso cunha vitoria apretada.
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.