O Gato parapenaltis
10:20 27/03/14
Non é para nada normal o que está facendo o porteiro do Outes.
Juan Rivas Alende, máis coñecido como Gato, leva nada menos que 6 penaltis parados esta temporada. O seu equipo, o Outes, leva 11 penaltis en contra, pero só 5 conseguiron superalo. I é que os 6 parounos, ningún foi fóra.
O caso é que Gato, non sabemos como, estudia aos seus rivais, e xa sabe por onde o tiran normalmente boa parte dos especialistas da Liga da Costa. Ademais, ningún dos 11 sinalados foi cometido por el, todos por mans ou por faltas da defensa.
E repasamos todas as crónicas da 2ª para recuperar os penaltis que sufría o Outes, puidemos comprobar a súa importancia. "Tivo o equipo rival o empate pero Gato salvou dúas xogadas que puideron cambiar o partido" ou "Gato se convertiu na figura do partido" son frases tremendamente repetidas nas crónicas.
O seu míster Manu Roque así o certifica, asegurando que "Gato é o xogador máis comprometido e profesional que tiven". E agora antóxase máis importante que nunca, trala lesión do meta suplente Mosti.
Arrincaba a temporada espectacular Gato, con 3 penaltis sufridos e 3 penaltis parados. Xa na 1ª xornada paroulle un a Mario do Corcubión e dous penaltis na xornada 7, o que conseguía superar por primeira vez a Gato, pero o tanto de pouco lle servía ao seu Volantes.
Na xornada 14, Diego Cespón marcaba de penalti un dos 4 goles da vitoria ceense. E o 3º que lle colaban a Gato foi de Javi, na xornada 15 para darlle a vitoria ao seu San Lorenzo.
Lucas metía na xornada 17 o gol da vitoria do Corme no min.93, pero antes xa parara Gato unha pena máxima a Juan Chans.
Ferreiro, do Carnota, un gran especialista, si que o superaba na xornada 22, pero na xornada 25, era Ismael, do Porteño, o que fallaba.
E para rematar a lista, esta pasada xornada 28 o mazaricán Molinos era o 6º que non podía superar a Gato.
Penaltis recibidos por Gato
Parados | Encaixados |
Mario, Corcubión (X.1) | Ivi, Volantes (X.7) |
Nakata, Carnota (X.5) | Diego Cespón, Cee (X.14) |
Poyo, Carnota (X.5) | Javi, San Lorenzo (X.15) |
Juan Chans, Corme (X.17) | Lucas, Corme (X.17) |
Ismael, Porteño (X.25) | Ferreiro, Carnota (X.22) |
Molinos, Mazaricos (X.28) | - |
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
- Facebook Fútbol da Costa.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- Xuvenís: Dumbría e Esteirana buscarán o ascenso á Liga Galega.
- 3ª Autonómica: O Montelouro acada o ascenso e loitará polo título.
- 2ª Autonómica: Ata 10 equipos pendentes do descenso.
- 1ª Autonómica: Mala xornada para todos.
- Preferente: O XSC tamén se complica a vida.
- Crónica e os 84 resultados da xornada no #FútboldaCosta.
Artigos relacionados
- Xa temos sorteo da I Copa da Costa Infantil.
- O campo de fútbol de Louro terá herba artificial a temporada que vén.
- Alberto Pose: Unha fiestra aberta para acoller Campionatos Nacionais na Costa da Morte.
- Óscar Suárez e Raúl lideran as táboas dos pichichis da Costa.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).