O Villa de Cee alcanza xa ao Fisober B
Fin de semana futboleira a vivida nas pistas do país, cos 4 equipos costeiros en xogo. Comezando pola 2ª Estatal, gran partido de futsal o que puidemos ver no pavillón de Vimianzo na tarde do sábado entre o Fisober FSF e o SF Guarnizo. Un choque que deixa tres puntos máis no haber do Fisober, que lle sirven para alcanzar ao conxunto cántabro na clasificación.
Mentres, la Liga Provincial, dúas vitorias e unha derrota. Vitoria do Concello de Ponteceso FSF na casa ante o Mabegondo, que as deixa 6ª. Vitoria tamén para o Villa de Cee, a cuarta xa e contra un dos de arriba, que as coloca 7ª a 4 das pontecesanas. Pero foi demasiado castigo a derrota ante o BeArt 5 Coruña para as rapazas de Javi Jemisa logo do que se puido ver sobre a pista do pavillón vimiancés. O Fisober B queda 8ª cos mesmos puntos que as ceenses.
2ª Estatal
- Resultado: Fisober FSF - SF Guarnizo (3-2)
- Fisober FSF: Eva, Elsa, Ana, Patri e Raquel. Tamén xogaron: Inés, Noelia e Mireia.
- Goles: 0-1 m.6: Patri cede para Eva, esta non é quen de controlar e o balón cólase na porta vimiancesa. 1-1 m.12: Roubo de Ana nas inmediacións da área cántabra e a mesma capitana bate a Raquel no man a man. 2-1 m.27: Apertura á banda para Mireia, a pontecesana cede para que Patri marque a pracer. 3-1 m.30: Xogada individual de Patri, que finaliza ela mesma cun gran lanzamento que bate a Raquel. 3-2 m.34: Gran xogada combinativa do Guarnizo que finaliza Reichel tras un gran regate.
Comezou o Fisober impoñendo un alto ritmo de xogo que sorprendiu ao equipo cántabro, que co paso dos minutos foi igualando a balanza e incluso terminou sendo superior pero a garra e a gran defensa do equipo de Fran Pioto evitou que o Guarnizo conseguira puntuar nas terras de Soneira.
Na primeira metade, comezarían as vimiancesas dominando a posesión pero sin crear perigo sobre a meta defendida por Raquel ata que chegou a xogadadesgraciada da tarde, cando Patri cede para Eva, esta non é quen de controlar o esférico que se cola na portería do Fisober para poñer o 0 a 1 no instantáneo. A partir deste cúmulo de despropósitos, o Guarnizo comezou a dominar a posesiónpero sin claras ocasións, excepto un man a man de Reichel con Eva na que a gardameta sae vitoriosa logo dunha gran intervención. Minutos máis tarde, logo dun roubo de Ana nas inmedicións da área das vermellas, que a mesma capitana resolve no man a man ante Raquel para poñer o empate. Antes do descanso, ambos equipos terían a oportunidade de poñerse por diante pero primeiro Raichel lanzaría desviado e despois a porteira cántabra cunha gran intervención evitaría o gol de Patri.
Á volta do tempo de lecer, o Guarnizo aproveitaría o baixón físico que pegou o conxunto soneirán para dominar pero sin crear demasiadas ocasións de gol e tan só Amelia, ao finalizar unha xogada combinativa, poñería en apretos a Eva. Pero a partir desto as rapazas do Fisober sacaron a súa garra e viñéronse arriba, con Patri ao mando para poñerse por diante no instantáneo cun gol da muxiana tras un pase de Mireia. A partir desto o partido sería de ida e volta e responderían as cántabras en dúas ocasións, primeiro Reichel cun gran lanzamento que se vai a rentes do pau e logo tras unha gran xogada combinativa que finaliza Ana cun tiro que se vai fóra por pouco. E o Fisober tamén tería a súa pero Raquel salva in extremis o gol de Patri nunha xogada calcada ao segundo tanto, que non perdonaría na seguinte xogada e poñería o 3 a 1 no marcador logo dunha xogada individual que finaliza a propia Patri cun gran lanzamento que bate á porteira cántabra. Catro minutos despois recortarían distanzas as vermellas tras unha boa combinación que finaliza Reichel tras un gran regate. Esto daríalle folgos ao Guarnizo para ir a polo empate pero sin acerto de cara a portería defendida por Eva.
Liga Provincial, xornada 10
- Resultado: Concello de Ponteceso - Mabegondo (3-0)
- A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Bea, Alba, Martina, Carmen e Sandra -tamén xogaron - Carla, Laura, Ana, Salomé e Zeltia.
Liga Provincial, xornada 10
- Resultado: Fisober FSF “B” - BeArt 5 Coruña (0-3).
- Fisober FSF “B”: Anabel, Laura, Paula, Andrea e Noelia. Tamén xogaron: Inés e Tamara.
- Goles: 0-1 m.24: Xogada colectiva do BeArt, Ana recibe no córner e pon o pase para Leny que saca un gran lanzamento dende a frontal para bater a Anabel. 0-2 m.27: Leny transforma un penalti. 0-3 m.50: Contragolpe do BeArt levado por Leny que ela mesma finaliza.
Comezou xogando moi ben o Fisober, creando ocasións e sin que Anabel tivera demasiado traballo. Aos tres minutos do comezo, avisarían as vimiancesas tras unha xogada por banda de Laura que cede para Noelia que saca un lanzamento que rexeita Gema a córner.
Respostaría o BeArt por medio de Anita logo dunha xogada combinativa pero Anabel rexeita sen dificultades o lanzamento da coruñesa. A entrada de Inés á pista daríalle outra cara ao conxunto negro sobre todo ofensivamente, xa que a camellana sería un constante quebradeiro de cabeza para a defensa do 5 Coruña. A piques está de adiantarse o equipo soneirán logo dunha transición rápida levada por Paula e Inés que finaliza esta última cun lanzamento que se vai desviado por pouco.
Antes do tempo de lecer, os dous conxuntos puideron poñerse por diante pero primeiro o longueiro tras un bo lanzamento de Leny e logo Anabel respondendo cunha gran intervención a un tiro de Ana impedirían o gol das coruñesas. E a porteira do BeArt evita con moitas dificultades o gol de Inés tras un contragolpe de libro do Fisober.
Á volta do descanso, avisaría o 5 Coruña ao pouco de empezar a segunda metade pero Anabel salvaría in extremis o gol de Ana tras un sorprendente taconazo logo dun contragolpe levado por Leny. Un minuto despois non perdonarían as coruñesas e adiantaríanse no marcador tras unha xogada colectiva que finaliza Leny cun gran lanzamento a pase de Ana. Aumentaría a vantaxe no instantáneo a propia Leny ao transformar unha pena máxima. Respostaría o equipo de Javi Jemisa nunha dobre ocasión cun potente lanzamento de Tamara desde tres cuartos de pista que rexeita Gema e Noelia envía o esférico por riba do longueiro. De novo Noelia tería a ocasión de recortar distanzas no marcador pero o pau rexeitou o gran lanzamento da vimiancesa. O BeArt 5 Coruña con Anita e Leny ao mando convertiría o seu dominio da posesión en perigo nos últimos minutos de partido pero primeiro o pau e logo Anabel evitarían o gol de Anita e Ali, respectivamente. Tería o Fisober a última ocasión de meterse no encontro pero o lanzamento de falta de Inés sairía rozando o pau. Sentenciaría o BeArt co equipo soneirán ao ataque nun contragolpe levado por Leny que ela mesma finaliza ante Anabel.
A veteranía do 5 Coruña e os errores de cara a gol das vimiancesas privaron de puntuar ao Fisober.
Liga Provincial, xornada 10
- Resultado: Grupo Work FSF - FSF Villa de Cee (2-4).
- FSF Villa de Cee: María B., Ana, Adriana, Alba, Andrea (cinco inicial); Tatiana, María, Sandra, Marta, Serena, Raquel.
- Goles: 0-1 Ana (min. 1); 0-2 Ana (min. 5); 0-3 Andrea (min. 16); 1-3 Ainhoa (min. 44); 2-3 Sandra (min. 47); 2-4 Ana (min. 48).
Púxose de cara o partido para as ceenses moi pronto xa que no primeiro minuto xa anoataban o primeiro gol tras varios rebotes. Repetía Ana pouco depois, logo dun despiste en defensa, para endosar o terceiro dous min despois nun tiro de 10 mts obra de Andrea, así que no minuto 7 xa vencían as ceenses por 0-3 nunha saída de xogo onde aproveitaron a falta de intensidade das locais.
Malia iso o equipo local seguiu enteiro e dominando o xogo e a circulación e intentando acurtar distancias e gozando dalgunha ocasión que non se chegou a materializar, recibindo varios sustos do Villa de Cee que se situaba no seu campo esperando aproveitar as súas oportunidades; a primeira parte non deu para máis e xa non se movería o marcador.
Na reanudación seguimos co mesmo escenario, o equipo coruñés intentábao pero o Cee traballaba ben en defensa e non daba moitas opcións, así que a partir do min 10 deste periodo comezou o Work a intentar sacar vantaxe alternando co xogo de 5, pero sen éxito; así fomos chegando ao final onde no min 44, recurtaba distancias cun gol de Ainhoa, o cal dáballes certas esperanzas no encontro máis despois de que no min 47, Sandra anotaba o 2-3.
O partido nestes instantes gozaba de pouco rigor táctico e volvíase tolo, e a verdade é que tiveron as locais por dúas veces o empate nunha saída dunha falta botada por Albita e noutra ocasión clara de Ade no xogo de 5, pero foi o Cee nunha contra o que conseguiu anotar de novo por mediación de Ana, que poñía así o broche a un gran partido pola súa banda, para pechar definitivamente o encontro co 2-4.
Novas relacionadas
- E Murphi segue xogando contra o Fisober.
- De charla e torneo coas xogadoras do Ponteceso FSF.
- Os Penélopes fanse co Maratón Solidario 3×3 da Cherinkas.
- E Murphi segue xogando contra o Fisober.
- O filial do Fisober esperta e vence na ponte.
- O Villa de Cee FSF acostúmase a gañar.
- O Villa de Cee xa sabe o que e gañar.
- O Ponteceso FSF leva o derbi por goleada.
- O Fisober estreou o Pavillón de Dumbría con vitoria.
- O Concello de Ponteceso FSF quedou cun sabor agridoce.
- Semana feliz para a familia Fisober.
- O primeiro derbi oficial entre Fisober B e Vila de Cee queda en Vimianzo.
- Dúas derrotas e unha vitoria foi o balance da xornada no fútbol sala feminino.
- O Ponteceso FSF arrinca a campaña líder.
- O Fisober arrinca solventando a súa conta pendente: gañar na casa.
- O Ponteceso FSF arrinca un novo curso tras unha durísima pretemporada.
- O Fisober xa quece motores ca Copa Xunta e os amigables do filial.
- O Villa de Cee Novo equipo de futbol sala Feminino.
- As infantís do Ponteceso FSF pechan un ano completo.
- O Ponteceso FSF pecha un ano moi Íntegro.
Fonte
- David Castro..