Mércores. 01.05.2024
El tiempo

De charla e torneo coas xogadoras do Ponteceso FSF

De charla e torneo coas xogadoras do Ponteceso FSF

De doble actualidade están as xogadoras do Ponteceso FSF, pois ademais do Torneo de Nadal no que participaron Zeltia e Carla, 4 membros do clube pontecesán realizaron unha charla para nenos no Centro Social de Cabana de Bergantiños.

De charla

A familia do Ponteceso FSF de charla no Centro Social de Cabana

Representantes do Concello de Ponteceso FSF deron unha charla a tarde do luns no Centro Social de Cabana de Bergantiños ó grupo de nenos participantes no Campus de Fútbol Base do Cabana SD. Os encargados de falarlle ós rapaces do Ponteceso foron o delegado e entrenador Curro, a meta Salomé, e as xogadoras de campo Ana e Zeltia.

A charla, duns 30 minutos de duración, serviu para que os rapaces souberan por medio dos membros do club, entre outras cousas, como surxiu a entidade, o progreso acadado nestes 4 anos de historia, a dificultade para atopar rapazas e o esforzo que supón sacar un equipo adiante, tanto a nivel económico como de dispoñibilidade de corpo técnico e xogadoras. Tamén souberon de man das xogadoras o bo grupo que forman e o moito que se esforzan por intentar chegar cada día máis lonxe.

Aínda que o básico deste encontro cos rapaces e rapazas de Cabana é saber que, despois das escolas deportivas e cando cheguen a unha idade na que xa non poden competir en equipos mixtos, hai unha oportunidade para as nenas de seguir practicando o deporte que lles gusta sen ter que facer longos desprazamentos.

Charla para nenos do Centro Social de Cabana do Ponteceso FSF

O Concello de Ponteceso FSF agradécelle ós organizadores do Campus o interese mostrado polo clube e a posibilidade de facer chegar o equipo ás novas xeracións do fútbol sala feminino.

De torneo

As xogadoras en idade cadete do Concello de Ponteceso FSF Bea, Zeltia e Carla, xunto con xogadoras do Grupo Work e do H2O FSF, participan no Torneo Ciudad de Lugo co equipo H2O-Os Meigallos, no que conseguiron a clasificación o pasado domingo para xogar a fase final esta fin de semana. A pesar da derrota contra o Adarve FSF, as vitorias acadadas contra o Leis Pontevedra por 3 a 1 con un gol de Zeltia, e contra o Troula FS cun resultado de 7-2, con 2 goles da pontecesana Zeltia, fixeron que lograras o pase á fase final.

A fase final do Torneo disputarase a mañá do sábado 4 de Xaneiro entre dous grupos de 3 equipos dos cales os dous primeiros clasificados serán os que disputen a final.

Zeltia e Carla formaron no Torneo de Nadal

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios