O XSC, campión da Copa da Costa tras superar ao Corme nunha intensísima final
Non defrauda esta gran Festa do Fútbol da Costa. O Platas Reinoso do Baio lucía un ambiente impresionante para a final da Copa da Costa 2015, a gran pasarela que demostra a potencia social do noso deporte, como demostramos tamén na #GalaQPC que armamos este pasado venres en Cee cos premios aos Mellores do curso.
Precisamente no campo estaban o Mellor Lateral dereito, Rubén Forján, o Mellor Lateral Esquerdo, Oscarín e un dos Mellores Medio centros, Lucas, ademais de Brais, entre os nominados. Non puideron xogar o Mellor Interior Esquerdo, Doro, adestrador do equipo xalleiro e que si se vestíu de curto, e Alejo, punta cormelán e Mellor Dianteiro, por sendas lesións.
E foi o equipo, a priori, favorito, o XSC o que levou a final da Copa da Costa 2015, tras vencer a un gran Corme nun auténtico partidazo, tamén nun exemplo de deportividade. Tivo o Corme opcións de igualar unha contenda na que o XSC fallou ata dous penaltis, pero si que colle o relevo do Dumbría, campión o ano pasado.
Arredor de 1.500 persoas encheron campo baiés (superando a final de hai dous anos, a dos 50 anos e que gañaba o XSC), cunha #MareaAzul impresionante apoiando en todo momento ao Corme, e unha afección do XSC levando as súas cores na metade do campo. Un evento de gran calado, cunha emisora como Radio Nordés emitindo en directo, co carrusel tecnolóxico de QPC...
XSC - Corme (0-1)
- XSC: Couto, Rubén Forján, Cristian, Aarón, Rubio, Jota, Jesús, Kevin (Marcos, min.55), Joshi, Choco e Vía Rápida.
- CORME: Suso, Diego (Jose, min.50), Alejandro, Miguel Torrado (Brais Torrado, min.80), Joshua, Adrián Doldán, Sergio, Brais, Lucas, Juan Chans e Toniño (Eloy, min.65).
- Goles: 0-1, min.80: Marcos can punteira á saída dun córner.
- Expulsións: o cormelán Alejandro min.85.
Comezo fulgurante do partido, moi igualado, no que non se podía distinguir quen era o equipo da Preferente e quen o da 1ª Autonómica. O XSC comezaba apretando un pouco máis pero o Corme sacaba contras moi perigosas.
Había chegadas nas dúas áreas e aos 15 minutos o colexiado sinalaba un dubidoso penalti sobre Vía Rápida, moi protestado pola parroquia azul. El mesmo lanzaba pero Suso adivinaba e paraba o tiro dende os 11 metros.
Seguía o partido cas espadas en todo o alto, cun ritmo fantástico, con chegadas ás dúas áreas pero Suso e Couto foron os mellores dunha primeira metade na que Lucas demostrou a súa calidade con numerosos detalles.
Ao descanso marchaban os dous equipos algo cansos pola abafante calor.
Comezaba forte a segunda metade. Lentejo baixaba a Toniño ao medio campo e metía arriba ao Juan Chans e Adrián Doldán, buscando a súa velocidade. E chegaban con rápidas chegadas.
Medraba a intensidade a medida que pasaban os minutos e o choque se puña algo bronco. Menos velocidade polo cansanzo pero o xogo púñase algo rudo, e as protestas da bancada contra o colexiado se escoitaban tras un par de duras entradas.
Levaba o peso o XSC, pero o Corme defendíase ben sacaba perigosas contras coas súas rápidas puntas. Metía Doro a Jesús arriba xunto a Vía Rápida dando un paso adiante, aproveitando as entradas pola banda dereita dun dos destacados do partido, o mellor lateral dereito da Costa, Rubén Forján, con bigote e todo.
E chegaba o gol xalleiro, nun córner que aproveitaba Marcos, con picardía para adiantar ao cadro xalleiro. Seguía nunha perda de balón de Lucas no centro, Vía Rápida se prantaba na área e era derrubado por Alejandro, e o colexiado pitaba o segundo penalti da tarde e a expulsión do veteranos cormelán. Desta volta era Jota o que desafiaba a Suso pero tampouco acertou o veterano medio xalleiro e mandou o balón fóra.
Quedaban 5 minutos aínda de vida para os cormeláns. Lanzouse o equipo de Lentejo, en varias xogadas a balón parado, pero non chegou o empate.
Remataba o partido con algunha pequena protesta da marea cormelá, pero con deportividade. O XSC facía un bonito pasillo ao capi cormelán, Lucas, para recoller o premio de consolación, e era Doro o que levantaba un novo título da Copa da Costa, e xa van 5 títulos copeiros, 4 consecutivos, como seu compañeiro Jota.
Fermoso o espectáculo o que brindaron Corme e XSC nesta nova festa do fútbol da Costa.
Novas da Gala
Crónicas da semana
Finais da #CopadaCosta
- Final Copa da Costa 2014: O Dumbría venceu en Fontenla e colle o relevo do XSC como Campión da Copa da Costa.
- Final Copa da Costa 2013: O Xallas de Santa Comba, campión da 50 edición da Copa da Costa.
- Final Copa da Costa 2012: Final da Copa da Costa 2012: Monocolor laranxa.
- Final Copa da Costa 2011: O Soneira campión da Copa da Costa 2011.
- Final Copa da Costa 2010: Vídeo da Final da Copa 2010 entre Dumbría e Cee.
- Final Copa da Costa 2009: As imaxes do Soneira Campión.
- Final Copa da Costa 2008: O Ponteceso leva a Copa da Costa 2008 nun final de película cómica.
- Zas e Sofán foron as capitais do Fútbol Base costeiro.
- Cabana e Muxía, os últimos campións dos peques de F8.
- Os campións costeiros de F8 disfrutaron de fermosas Fases Finais.
- 3ª Autonómica: Un ascenso agónico do Ameixenda.
- O Outes faise co título da Liga da Costa nunha tarde de verdadeiro infarto.
- O Cerqueda certifica o título da 3ª e un histórico ascenso.
- Iago Lema e Nacho, pichichi e porteiro menos goleado da 3ª-
- Anxo e Gato, os porteiros menos goleados da 1ª e 2ª Autonómica.
- Alejo e Piti, os primeiros pichichis do curso.
- XSC e Cee disfrutan dos títulos de Campións da Copa da Costa.
- O Dumbría sofre pero supera á Esteirana e tamén gaña a Copa da Costa Xuvenil.
- O Cee suma outro título cos Alevíns de F8.
- Un título de Prebenxamíns con dous gañadores.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
- Redacción de QPC ([email protected]).