Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Preferente: Doble premio cun importante debut

Preferente: Doble premio cun importante debut
O XSC celebrando un tanto-Foto-Mca Cuns

Gran xornada esta 11ª para os equipos costeiros na Preferente - Senra Sport. Doble vitoria que aúpa a dumbrieses e xalleiros á zona morna da táboa, deixando a 6 e 5 puntos, respectivamente, a zona de descenso.

Deixaba ademais a xornada un nome propio, o dunha das perlas da canteira dumbriesa, Marcote, que debutaba e o facía con gol.

Dorneda - Dumbría (1-2)

  • DUMBRÍA: David, Pablo Conde, Bryan (José, min.60), Iago, Tantán, Aarón, Cote (Darío, min.46), Jesís, Diego Cespón (Adrián Alcaina, min.60), Rivi e Marcote (Jano, min.80).
  • Goles: 0-1, min.20: Cote; 0-2, min.60: Marcote de penalti; 1-2, min.85.

Fantásticas as novas para a familia dumbriesa, con esta importantísima vitoria, ao que hai que sumarlle ademais, o debut, con gol incluído, de Marcote. O fisterrán, con tan só 17 anos xa sabe o que é marcar un gol que vale 3 puntos na Preferente.

Foi nun partido que os dumbrieses controlaron case que de principio a fin. Xa arrincaron os de Canosa mandando, asumindo o control do xogo, e combinando ben. O xuvenil Marcote avisaba e era o seu veciño Cote o que inauguraba o marcador.

Arrincaba a segunda metade con máis dominio visitante, rubricado co gol, dende os 11 metros, de Marcote. O Dorneda tardou en espertar, e cando o fixo xa era demasiado tarde. Nos últimos 10 minutos si que apretou o cadro das Mariñas, pero só puido recurtar sen tempo á remontada.

Cómpre destacar tamén o debut de Jank nas filas dumbriesas. Jose Marcote-Foto-Jorge Parri

Xallas StComba - Betanzos (4-1)

  • XSC: Julián, Rubén Forján, Cristian (Oscarín, min.77), Rubio, Aarón, Jota, Kevin (Pablo Moíño, min.82), Marcos (David Baña, min.70), Doro, Jesús e Choco (César, min.72).
  • Goles: 1-0, min.42: Choco; 2-0, min.62: Doro; 2-1, min.82; 3-1, min.88: Jota; 4-1, min.90: Doro.
Doro protagonista do XSC-Foto-Mca Cuns

Segunda vitoria consecutiva do XSC, desta volta ante un histórico do fútbol galego, que non está no seu mellor momento. Foi moi superior o cadro de Coméndez, pero acabou sufrindo máis da conta, pois ten que saber finiquitar os partidos para non pasar apuros.

Choco fixo un gol clave antes do descanso, deixando aos locais cunha xusta vantaxe. Na segunda Doro ampliaba a renda, pero cando quedaban 10 minutos o Betanzos recurtaba e metía o medo no corpo dos xalleiros. Pero nada máis lonxe da realidade, Jota sentenciaba e aínda tivo tempo Doro para marcar o seu 2º gol e o 5º da temporada. Pero non foron todo boas novas para o Mellor Xogador da Costa da pasada campaña, pois sufría unha lesión no cuádriceps que o pode deixar un tempo fóra dos terreos de xogo. Unha baixa importante para Coméndez, dende logo.

Crónicas de Preferente – Senra Sport

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios