Preferente: O Dumbría métese definitivamente na loita polo ascenso
Parece que si, que tirando de xuventude, o Dumbría xa está aí arriba. 5º a º só punto da promoción trala súa 3ª vitoria consecutiva, acadada nesta 13ª xornada da Preferente - Senra Sport.
Pero non todo foron boas novas. O XSC caía na casa ante o Mugardos, e queda de 14º con 15 puntos, 3 sobre o descenso. Os xalleiros chegaban con baixas importantes e non foron quen de reaccionar ante as escasas pero acertadas embestidas ferrolás.
Xallas StComba - Gal. Mugardos (1-2)
- XSC: Julián, Cristian, Oscarín, Rubio, Jota, César, Marcos, Joshi (Pablo Muíño, min.60), Kevin (Barbeira, min.89), Jesús e David Baña (Steven, min.89).
- Goles: 0-1, min.41; 0-2, min.89; 1-2, min.90: Barbeira.
Chegaba con moitas baixas Coméndez ao partido, cos Doro, Rubén Forján e compañía na bancada na fría tarde dominical en Fontenla. Pero fáltalle capacidade de reacción ao cadro xalleiro, que se mantén nunha liña negativa, coa segunda derrota consecutiva tras encadear dúas vitorias seguidas que rompían unha xeira fatal e que parecía enderezar o rumbo.
Foi un partido sen demasiadas ocasións, nas que o cadro ferrolán foi moito máis efectivo, pois apenas chegaba unha vez á área de Julián ao fío da primeira metade e o facía adiantándose no marcador.
Pero non saíu por todas o equipo bicolor na segunda, e o Mugardos, a base de xogo moi duro, soubo frear as embestidas locais. Coa incertidume no marcador e algunha chegada xalleira na que puido conseguir o empate, se chegaba ao final do partido, cun tanto dos visitantes nunha contra e o gol que recurtaba distancias, xa sen tempo, do xuvenil Sergio Barbeira, na única boa nova da tarde.
Dubra - Dumbría (0-1)
- DUMBRÍA: David, Tantán, Brian, Iago, Pablo, Aarón, Javi (Darío, min.60), Diego Cespón, Marcote (Kevin, min.60), Adrián Makaay (Jose, min.77) e Rivi (Adrián Alcaina, min.27).
- Gol: 0-1, min.56: Marcote.
Terceira vitoria consecutiva dos de Canosa e Lobelos que os coloca 5º a 6 do líder, o Noia, e a só 1 punto da promoción. Impresionante este Dumbría contando ademais con xente moi nova, como Marcote, clave de novo pois foi o autor do gol da vitoria. Pero ao seu carón, os Kevin, Adrián Alcaina… e compañía, dando conta do gran traballo de canteira.
Foi un partido dos dumbrieses. Os locais abusaban dos balóns longos e aí a defensa costeira estivo moi segura, pasando algún apuro a balón parado. O Dumbría buscaba combinar, con Diego Cespón mandando no medio e buscando aproveitar a velocidade dos Marcote, Adrián Makaay e Rivi, pronto tivo que cambiar por Adrián Alcaina.
O gol da vitoria chegaba ao comezo da segunda metade, e tocaba media hora para sufrir, pero non demasiado. Os costeiros souberon manexar ben os tempos e aguantar a renda.
Crónicas de Preferente – Senra Sport
- X.12: O Dumbría pega un salto.
- X.11: Doble premio cun importante debut.
- X.10: O XSC achégase ao Dumbría.
- X.9: Sen fortuna.
- X.8: O Dumbría despega e o XSC aterra.
- X.7: Dous empates con sabores distintos.
- X.6: Para esquecer.
- X.5: Sumando.
- X.4: Punto a punto con boas sensacións.
- X.3: Collendo posicións.
- X.2: Xornada dispar para Dumbria e XSC na Preferente.
- X.1: Arrincou a campaña oficial para Dumbría e XSC con boas sensacións.
Máis información
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
Novas relacionadas
- Un repaso a todos os pichichis do Fútbol Base da Costa.
- Un repaso a todos os pichichis da Costa.
- Entrevista de David Castro co meta coristanqués de 1ª División, Rubén.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).