Preferente: Sen fortuna


Para esquecer esta 9ª xornada da Preferente - Senra Sport. Os equipos costeiros, sen a tensión necesaria, caían en sendos choques contra equipos da zona media-alta, quedando xa na zona media-baixa da clasificación.
Xallas StComba - Sada (0-1)

- XSC: Iván Couto, Rubén Forján, Oscarín (Joshi, min.63), Rubio, Aarón, Jota, Doro, César (Marcos, min.70), Choco, David Baña e Pablo Muíño (Kevin, min.40).
- Gol: 0-1, min.50: de penalti.
- Expulsión: David Baña no min.42.
Segunda derrota consecutiva e cuart sen gañar do equipo de Coméndez, que unha semana máis volveu pecar de falta de intensidade na primeira metade. E iso que o choque estaba sendo igualado, pero a expulsión de David Baña ao fío do descanso desequilibrou as tornas. De feito, os xalleiros protestaron duramente a actuación arbitral, que foi clave para o desenvolvemento do partido, i é que ademais de deixar ao equipo bicolor con 10, non sinalou dous claros penaltis a Doro.
Saíu o Sada polo partido na segunda, e se atopou cun tempraneiro penalti que non desaproveitarían para meterse por diante. Intentouno o XSC na segunda, cun home menos e sen demasiada fe, e nada conseguíu, quedando agora na 15ª praza con 9 puntos, só 1 máis que os que marcan o descenso.

Estudiantil - Dumbría (4-0)
- DUMBRÍA: David, Tantán (Alcaina, min.64), Brian, Kevin, Iago, Pablo (Javi, min.57), Rivi, Aarón (Jose, min.85), Adrián Nieto, Diego Cespón (Moreno, min.74) e Darío.
- Goles: 1-0, min.65: en propia meta; 2-0, min.82; 3-0, min.87; 4-0, min.91.
Non puido traer nada positivo o Dumbría do campo do poderoso Estudiantil, e acabou recollendo unha goleada enganosa. I é que durante máis de unha hora o partido foi moi igualado, cun Dumbría con moitas opcións de meterse por diante, que ao final, marcaba, pero en propia meta, para deixarlle a vitoria en bandexa ao cadro local.
Non desaproveitou o regalo o rival xa co Dumbría volcado polo empate, acabou marcando 3 goles nos últimos 10 minutos.
Crónicas de Preferente – Senra Sport
- X.8: O Dumbría despega e o XSC aterra.
- X.7: Dous empates con sabores distintos.
- X.6: Para esquecer.
- X.5: Sumando.
- X.4: Punto a punto con boas sensacións.
- X.3: Collendo posicións.
- X.2: Xornada dispar para Dumbria e XSC na Preferente.
- X.1: Arrincou a campaña oficial para Dumbría e XSC con boas sensacións.
Máis información
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
Novas relacionadas
- Entrevista de David Castro co meta coristanqués de 1ª División, Rubén.
- 5 xornadas e xa temos o primeiro relevo nos bancos do Fútbol da Costa.
- Da carta de liberdade nas categorías inferiores.
- Farase finalmente o Curso de Adestradores Nivel 1 en Carballo.
- A Escola de Tecnificación do At. Madrid volve abrir as súas portas.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
- Lista dos pichichis da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).