Temos visto xa como está a táboa de goleadores o Parte de sancións polo que xa nos podemos sumerxir totalmente na vindeira xornada, que terá lugar esta fin de semana deste 9 e 10 de novembro.
Pero antes, os compañeiros de 4gotas dannos o parte metereolóxico:
Tralas chuvias desta noite, o venres será unha xornada de chuvascos. Serán máis frecuentes na mañá, no mediodía alternarán con claros e a partir de media tarde desaparecerán. O máis destacado do venres será a baixada de temperaturas. Notarase frío pola noite.
O sábado volverán as nubes e deixarán chuvias, na costa serán moi febles (de tipo orballo), cara ao interior serán algo máis intensas. O vento do oeste (con algún refacho forte) aportará moita humidade no sábado.
O domingo seguirá o vento do oeste, desta volta feble, e continuará a aportar moita humidade e moitas nubes, pero apenas deixará chuvia en todo o domingo.
A boa nova chega o luns, no día de San Martiño chegará o seu veraniño. Luns e martes teñen moitas probabilidades de ser solleiros, especialmente ao sur de Fisterra.
E comezamos o repaso pola Preferente onde os nosos 3 terán complicados rivais. O Dumbría recibe a un Riveira que se ben non está no seu mellor momento sempre é un rival da zona alta. O Soneira recibe a un Residencia ao que pode superar na táboa, nun choque importantísimo. Pero probablemente o partido da fin de semana será o do XSC en Ribadeo. O cadro da Mariña está segundo e saca só 2 puntos aos xalleiros polo que de vencer se meterían de cheo arriba.
Na 1ª Autonómica, choques dispares nesta 10ª xornada. Trascendental segue a ser cada partido para o Ponteceso, aínda pechacancelas. O domingo recibe a un Agolada na 3ª praza polo que o envite non será fácil. Iso si, os pontecesáns esperan apoio dos seus veciños, por Camariñas, Malpica, Baio e Esteirana se enfrontan a 4 equipos da zona baixa.
A xornada na 2ª Autonómica chega con dous partidos interesantes, como son o Castriz-Outes, unha verdadeira pedra de toque para o líder e tamén para este Castriz que se quere estar arriba non pode perder máis corda. Ademais, o Zas-Sofán será un duelo de favoritos en todo o alto.
Chega a 3ª xornada 3ª Autonómica cun Montelouro-Coristanco, con ambos equipos compartindo liderato.
Xa en Xuvenís, polo Gr.3 o XSC - Cee parece o choque máis igualado e importante, para saber quen se mantén na loita; e ademais haberá duelo de pechacancelas, polo que algún, ou os dous en caso de empate, estreará taboleiro de puntos.
Polo Gr.4 non haberá enfrontamentos directos entre os 4 de arriba, polo que toca ver que non falla, agás o Ponteceso que descansa.
Ollo ca xornada nos Veteranos que chega cun Baio-Coristanco, 3º contra 1º cun só punto de vantaxe para o equipo bergantiñán. Atento estará o Laxe, que xoga en Muros e pode aproveitarse de calquera tropezo para auparse ao liderato.
E na Liga Intermunicipios trala apaixoante última xornada, teremos un interesante Cereo-Baldaio, de novo 3º contra 1º.
| C.F. Dumbría | 10/11 - 16:30 | Atl. Riveira |
| Ribadeo F.C. | 10/11 - 16:30 | Xallas StComba |
| Soneira | 10/11 - 17:00 | Residencia |
| Cordeiro C.F. | 10/11 - 16:15 | Camariñas F.C. |
| S.C.D. Malpica | 10/11 - 16:15 | Flavia S.D. |
| Ponteceso S.D. | 10/11 - 16:15 | S.D. Agolada |
| Puebla F.C. | 10/11 - 16:15 | C.D. Baio |
| S.D. Esteirana | 10/11 - 16:15 | S.D. Piloño |
| Camelle S.D. | 09/11 - 16:15 | Volantes F.C. |
| Porteño C.F. | 10/11 - 16:15 | Buño S.D. |
| S.D. Castriz | 10/11 - 16:15 | Outes C.F. |
| Mazaricos C.F. | 10/11 - 16:15 | U.D. Carnota |
| Indep. Carballo | 10/11 - 16:15 | S.D. Fisterra |
| U.C. Cee | 10/11 - 16:15 | Cabana S.D. |
| S.D.San Lorenzo | 10/11 - 16:15 | U.D. Corcubión |
| Muros S.D. | 10/11 - 16:15 | Corme C.F. |
| Sp. Zas | 10/11 - 16:30 | S.D. Sofán |
| C.D. Baíñas | 10/11 - 12:00 | S.D. Laxe |
| Sp. Seaia | 10/11 - 16:15 | SDC Corcoesto |
| U.D. Montelouro | 10/11 - 16:15 | S.D. Coristanco |
| C.D. Nantón | 10/11 - 16:15 | S.D. Ameixenda |
| Lira C.F. | 10/11 - 16:15 | C.F. Castrelo |
| Muxía C.F. | 10/11 - 16:15 | U.D. Cerqueda |
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 11
| Mazaricos C.F. | 09/11 - 12:30 | Lira C.F. |
| Muros S.D. | 09/11 - 16:15 | S.D. Fisterra |
| Xallas StComba | 09/11 - 16:15 | U.C. Cee |
| C.F. Dumbría | 09/11 - 16:30 | S.D. Esteirana |
- Descansan Soneira e Outes.
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 11
| Camariñas F.C. | 09/11 - 16:15 | Cabana S.D. |
| Corme C.F. | 09/11 - 16:15 | Muxía C.F. |
| S.D. Laxe | 09/11 - 16:15 | S.C.D. Malpica |
| S.D. Coristanco | 09/11 - 16:15 | Porteño C.F. |
| C.D. Baio | 09/11 - 16:15 | S.D. Castriz |
| C.F. Dumbría | 09/11 - 11:30 | C.D. Areosa |
| Bergantiños C.F | 09/11 - 16:30 | Xallas StComba |
| C.F. Dumbría | 10/11 - 11:30 | Val do Ulla |
| S.D. Esteirana | 09/11 - 10:30 | C.D. Baio |
| Muxía C.F. | 09/11 - 10:30 | As Baleas F.S. |
| Outes C.F. | 09/11 - 10:30 | U.D. Corcubión |
| S.D. Coristanco | 09/11 - 10:30 | Muros S.D. |
| U.C. Cee | 09/11 - 12:00 | S.D. Fisterra |
- Descansa Xallas Santa Comba.
| Cabana S.D. | 09/11 - 16:00 | E.D. Os Miudos |
| E.M.F. Vimianzo | 09/11 - 18:30 | S.D. Esteirana |
| Muxía C.F. | 10/11 - 10:30 | S.D. Fisterra |
| Corme C.F. | 10/11 - 10:30 | Outes C.F. |
| S.D. Coristanco | 10/11 - 11:00 | Ponteceso S.D. |
| C.D. Baio | 10/11 - 12:00 | U.C. Cee |
Ligas de Veteranos, xornada 9
| C.D. Baio | 10/11 - 10:00 | S.D. Coristanco |
| Bértoa | 10/11 - 10:00 | S.D. Castriz |
| Xv. Bergantiños | 10/11 - 11:00 | San Román |
| Ponteceso S.D. | 10/11 - 11:00 | Soneira S.D. |
| C.D. Nantón | 10/11 - 11:00 | Sp. Zas |
| S.D.San Lorenzo | 10/11 - 11:00 | Cabana S.D. |
| Camariñas Vet | 10/11 - 11:00 | C.F. Dumbría |
| Muros S.D. | 10/11 - 11:00 | S.D. Laxe |
| S.D.U. Vimianzo | 10/11 - 10:00 | Camelle S.D. |
| Agualada | 10/11 - 10:00 | Porteño C.F. |
| Dep. Carballo | 10/11 - 11:00 | S.C.D. Malpica |
| U.D. Cerqueda | 10/11 - 11:00 | At. Milagrosa |
| SDC Corcoesto | 10/11 - 11:00 | Erbecedo |
| Leiloio | 10/11 - 11:00 | Corme C.F. |
| C.D. Poniente | 10/11 - 12:00 | S.D. Sofán |
| Peña Galicia | 10/11 - 16:00 | Valenza |
| A Piña | 10/11 - 16:00 | Cances |
| Sp. Seaia | 10/11 - 16:00 | Xornes |
| Cereo | 10/11 - 16:00 | Baldaio |
| Sp. Brea | 10/11 - 18:00 | Rus |
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).