Promoción da 3ª: Coristanco e Corcubión xogaranse o ascenso á Liga da Costa
Unha volta tranquila trala convulsa ida das semifinais da Promoción de ascenso á Liga da Costa. O Muxía intentou, cun equipo de circunstancias tralas sancións impostas polo Comité, remontar o 4-1 da ida ante o Corcubión, pero foi imposible. Xa case non intentou o Lira buscar a remontada na Rocheira ante un Coristanco que demostrou certa superioridade.
Deste xeito, o Cubaleiro acollerá o primeiro choque entre Corcubión e Coristanco para decidir que equipo xogará o ano que vén na Liga da Costa.
Coristanco - Lira (2-0)
- CORISTANCO: Nacho, Marcos (Xavi, min.46), Jose, Sergio, Iván, Damián (Toni, min.60), Pazos, Juan Lagoa (Mallón, min.65), Gonzalo, Mato (Facal, min.75) e Ivi.
- LIRA: Aitor, Eloy, Josiño, Pardelo, Demetrio, Pata, Saúl, Manu, Oli, Adrián Porto e Peipo.
- Goles: 1-0, min.70: Ivi; 2-0, min.80: Xavi dende fóra da área.
- Expulsión: o liracho Manu no min.80.
Chegou con 11 o Lira, e Peipo, porteiro titular, de xogador de campo. Aínda así, prantou cara cun xogo bo en defensa e con Oli e Fran Perico creando moito perigo arriba, sobre todo na primeria metade. Tamén os Ivi, Juan Lagoa e Iván tiveron ocasións, pero o marcador non se movería ao descanso, deixando o 0-2 da ida como factor determinante.
Xa na segunda, e co baixón físico dos lirachos, o Coristanco comezou a empurrar, pero tardou en chegar o gol da tranquilidade. Ata que faltaron 20 minutos Ivi non sentenciou a eliminatoria, e a partir de aí rematou o partido, marcando Xavi o segundo dende fóra da área celebrando así un gran partido pola súa parte.
Muxía - Corcubión (4-2)
- MUXÍA: José Antonio, Martín (Andrés), Currás, Gerardo, Peski, Esteban, Conguito, Víctor Alcaina, Alberto, Gerardo (Ruso, min.10) (Gusa, min.60) e Josiño (Marco).
- CORCUBIÓN: Beto, Trillo (Sima, min.66), Senra (Edu, min.60), Javi, Gabri, Alan, Sebas, Toja, Gorka (Germán, min.88), Lema e Lourido (Mini, min.84).
- Goles: 0-1, min.5: Lourido; 0-2, min.10: Lourido; 1-2, min.15: Peski; 2-2, min.20: Víctor Alcaina; 3-2, min.80: Peski de penalti; 4-2, min.89: Víctor Alcaina.
- Lesións: os muxiáns Gerardo, Gusa e Martín.
Volta tranquila tralo 4-1 da ida e despois de todas as sancións que lle quedan ao Muxía e as lesións. O cadro muxián presentou moitos xuvenís (Gerardo, Esteban, Víctor Alcaina, Marco e Andrés) e mesmo varios cadetes na convocatoria (Josiño e Gusa).
Foi un choque tranquilo. O Corcubión xa practicamente deixaba sentenciada a eliminatoria aos 10 minutos con dous goles tempraneiros de Lourido que chega ao final de tempada espetacular, e que lles obrigaba aos muxiáns a marcar 6. Reaccionou o cadro muxián, e nun partido con moitas ocasións, e conseguíu empatar na primeira e marcar outros dous tantos no treito final do choque pero xa sen esperanzas.
Crónicas da Promo
- Ida das semis da Promoción da 3ª: Inxustificable.
Crónicas da semana
- Copa da Costa: Auténtico sabor copeiro.
- Resultados dunha xornada que nos deixa as semis da CopadaCosta e a final da Promoción da 3ª.
Torneos estivais
- O Conchido acollerá unha nova edición da Copa da Costa Alevín, Benxamín e Prebenxamín.
- Un repaso á Marea de torneos de verán.
- Fisterra prepara un maratón e un campus de tecnificación.
- Arrinca o Campionato de Barrios de Esteiro, o mellor torneo do verán costeiro.
Novas relacionadas
- Lema Suárez: A curiosa prehistoria do fútbol da Costa daqueles anos vinte.
- Pide o teu libro sobre o Bayern de Pep.
- Un vídeo para motivar ao Sporting Zas.
- Alberto Pose: Queremos sanear o Fútbol da Costa?.
Primeiros títulos colleitados
- Zas e Sofán foron as capitais do Fútbol Base costeiro.
- Cabana e Muxía, os últimos campións dos peques de F8.
- Os campións costeiros de F8 disfrutaron de fermosas Fases Finais.
- 3ª Autonómica: Un ascenso agónico do Ameixenda.
- O Outes faise co título da Liga da Costa nunha tarde de verdadeiro infarto.
- O Cerqueda certifica o título da 3ª e un histórico ascenso.
- Iago Lema e Nacho, pichichi e porteiro menos goleado da 3ª-
- Anxo e Gato, os porteiros menos goleados da 1ª e 2ª Autonómica.
- Alejo e Piti, os primeiros pichichis do curso.
- XSC e Cee disfrutan dos títulos de Campións da Copa da Costa.
- O Dumbría sofre pero supera á Esteirana e tamén gaña a Copa da Costa Xuvenil.
- O Cee suma outro título cos Alevíns de F8.
- Un título de Prebenxamíns con dous gañadores.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).