Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Resultados da primeira fin de semana co carrusel tecnolóxico do Fútbol da Costa

Resultados da primeira fin de semana co carrusel tecnolóxico do Fútbol da Costa
Así quedou a xornada na 2ª Autonómica na APP do Fútbol da Costa

De estrea estivemos esta fin de semana na Costa da Morte. I é que esta xornada foi a primeira co carrusel tecnolóxico a través da APP "Fútbol da Costa".
Con Jorge Parri aos mandos e David Castro tamén seguindo varios partidos das ligas costeiras, mesmo da Liga Intermunicipios de Bergantiños, conseguimos facer que toda a bisbarra saiba os resultados en cada campo, e en tempo real. E todo, gracias á colaboración de todos os que estades nos campos e nos mandades esa información.

E comezamos o repaso da xornada pola Preferente, con resultados dispares. O Dumbría pega un estirón cunha boa vitoria en Mugardos, e se coloca 6º a 6 untos da promoción. O XSC non atopa o rumbo do comezo de campaña e caía en Carral ante un dos de abaixo, quedando na 12ª praza. Mentres, o Soneira, non pasou do empate sen goles ante un rival directo, o San Tirso, que o deixa en descenso.

Mala, malísima xornada para os nosos na 1ª Autonómica. Só o Camariñas sumaba, apenas 1 punto en casa ante un forte Unión. O Ponteceso, o máis necesitado, non podía sumar ante o Cordeiro e o deixa escapar xa a 4 puntos. Ambos clubes, pechan a táboa. Malpica, Baio e Esteirana caían nos seus choques, sendo a do cadro blaugrana ante o líder en Noia, e no medio da rodaxe dunha documental, a máis amplia.

Todos os ollos da 2ª Autonómica estaban postos no Carral. O Corme visitaba ao Sofán con posibilidade de recurtar posicións. Foi un choque tremendamente intenso e vibrante, dos que merecen a pena velo. Co empate, o Sofán empata co Outes no máis alto da táboa, trala sorpresa da xornada, a derrota do líder na casa por 1-2 ante o San Lorenzo. Por detrás, a só 2 puntos, o Zas, tras vencer en Camelle, e a 5 o Cee, que gañaba ao Volantes en Muros. O Corme queda a 7 do liderato, e o Fisterra, que sufría demais para gañar ao pechacancelas Corcubión, a 9.

Xa na 3ª Autonómica o Baíñas queda só arriba tras vencer nun campo tan complicado como o de Cerqueda, e aproveitar o empate do Montelouro en Nantón, nun choque con emoción ata o final. Por detrás de ambos quedan Lira e Coristanco. Os lirachos golearon ao Seaia, que viña mesmo por riba; mentres que o Coristanco non pasaba do empate ante o Muxía. Salientar a primeira vitoria do Castrelo, ante un Laxe descoñecido, que deixa ao Corcoesto como pechacancelas, só con dous empates, pero facendo bos papeis e perdendo sempre por pouco.

Nos Xuvenís, os 3 de arriba de cada grupo seguen escapando. No Gr.3, o empate entre Fisterra e Outes fai que o 3º, un XSC que descansaba xunto á Esteirana, teña máis vantaxe, sobre o 4º, que agora é o Muros, a 4 puntos. O Cee queda a 5.
Mentres, no Gr.4 o Ponteceso caía en Camariñas e se descolga, deixando tamén a 3ª praza a 5 puntos. O Malpica descansaba e Cabana e Corme aproveitaron para sacarlle 4 puntos.

Mala xornada para o Dumbría da División de Honra Cadete que caía 2-1 ante un rival directo na zona alta, o Pontevedra. Aínda así seguen 4º os dumbrieses. Sen embargo, na Liga Galega Infantil tocoulle gañar ao Dumbría que se mantén na metade alta da táboa, empatado ata co 9º clasificado, e con 4 puntos xa sobre o 12º, que marca a diferencia entre a Liguilla de Ascenso e a de descenso. O que segue cunha soa vitoria é o XSC, que vai sufrir para manter a categoría.

Importante a xornada na Liga Cadete, pois o Fisterra asalta o liderato ao vencer ao Muros, que chegaba invito a Ara Solis.
Ademais, en infantís, Cee e Fisterra seguen ao seu, mentres o Corme tiña que aprazar o seu partido.

Preferente, xornada 17

Gal. Mugardos 0-3 Dumbría
Carral 1-0 Xallas StComba
Soneira 0-0 San Tirso

1ª Autonómica, xornada 15

Cordeiro 3-1 Ponteceso
Noia 5-0 Esteirana
Baio 1-5 Piloño
Camariñas 2-2 Unión
Arzúa 3-2 Malpica

2ª Autonómica, xornada 15

Camelle 1-3 Zas
Fisterra 1-0 Corcubión
Castriz 1-1 Mazaricos
Porteño 2-0 Indep. Carballo
Volantes 0-3 Cee
Sofán 3-3 Corme
Carnota 2-0 Muros
Outes 1-2San Lorenzo
Buño 2-2 Cabana

3ª Autonómica, xornada 8

Castrelo 2-0 Laxe
Lira 5-0 Seaia
Cerqueda 0-1 Baíñas
Coristanco 1-1 Muxía
Ameixenda 2-1 Corcoesto
Nantón 3-3 Montelouro

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 16

Dumbría 10-0 Mazaricos
Fisterra 4-4 Outes
Muros 5-1 Soneira
Cee 5-2 Lira
  • Descansa Esteirana e XSC.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 16

Laxe 3-2 Coristanco
Corme 3-2 Baio
Camariñas 2-1 Ponteceso
Cabana 4-0 Castriz
Muxía 2-2 Porteño
  • Descansa Malpica.

División de Honra Cadete, xornada 14

Pontevedra 2-1 Dumbría

Liga Galega Infantil, xornada 14

Viveiro 0-1 Dumbría
Xallas StComba 1-4 Galicia Caranza

Liga Cadete, xornada 7

Cabana 8-3 Muxía
Fisterra 2-0 Muros
Baio 7-0 Corcubión
Cee 2-5 Esteirana
Zas 4-1 Coristanco
Xallas StComba 10-0 As Baleas
  • Descansa Outes.

Liga Infantil, xornada 15

Baio 2-1 Sofán
Corme Apraz. E.M.F. Vimianzo
Muxía 4-1Cabana
Outes 0-3 Fisterra
Esteirana 2-7 Cee
Ponteceso 3-4 Os Miudos
  • Descansa Coristanco.

Alevín, F-8 Costa Sur, xornada 5

Os Miúdos B 0-7 Os Miúdos A
Lira 3-3XSC B
Esteirana 0-12 Dumbría
Cee 7-1 XSC A
Outes1-2Fisterra
  • Descansa Zas.

Benxamín F-8 Costa Sur, xornada 5

Esteirana B 3-0 Zas
Os Miúdos B 3-4 Os Miúdos A
Lira 2-2XSC B
Esteirana A 4-5 Dumbría
Cee 1-4 XSC A
Outes 8-3 Fisterra

Ligas de Veteranos, xornada 14

1ª División

Camariñas Vet 0-1 Baio
Muros 3-1 Zas
Cabana 3-1 Soneira
Coristanco 2-1 San Román
Dumbría 2-1 Xv. Bergantiños
Castriz 1-1 Ponteceso
Laxe 7-0 Nantón
Bértoa 2-0 San Lorenzo

2ª División

Leiloio 4-0 Malpica
At. Milagrosa 6-0 Camelle
Erbecedo 5-0 Vimianzo
Agualada - Buño
Corcoesto 3-0 Cerqueda
Porteño 7-2 Poniente
  • Descansa Sofán.
  • Corme - Dep. Carballo (0-3) trala baixa do Corme.

Liga Intermunicipios, xornada 11

A Piña 5-1 Sp. Seaia
Peña Galicia 0-7 Sp. Brea
Laxe 2-5 Cereo
Valenza 0-0 Baldaio
Cances 5-2 Rus
  • Descansa Xornes.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios