martes. 10.06.2025
El tiempo

Resultados dunha última fin de semana de fútbol copeiro

Resultados dunha última fin de semana de fútbol copeiro
Homenaxe polos 50 anos do Buno-Foto-David Castro

Última xornada futboleira do ano con varias frontes abertas, pero sobre todo centrada na #CopadaCosta2014. Pero antes de analizar esa previa, repasamos varias citas, como a emotiva celebración do 50 aniversario do Buño, do que traemos algunha imaxe de David Castro.

Así, cómpre salientar a importante vitoria do Camariñas, que gañou 2-0 ao Lamela. Os dous goles de Yuyo non evitan que o cadro de Berto saia do descenso pero polo menos alcanza en puntos co 11º, quedando ata 6 equipos con 16 puntos.

Tamén se adiantaba un choque de xuvenís e o Muros e o Mazaricos empataban a 1 tanto. E adiantouse tamén un partido da Liga Cadete cunha clara vitoria para o XSC ante o Coristanco, dous equipos que se enfrontarán a vindeira semana, nas Semifinais da Copa da Costa Cadete. A outra semifinal, tamé a disputar o 04-01-14, será entre Muros e Fisterra.

Copa da Costa 2014

Pincha na imaxe para ver o cadro completo da Copa da Costa 2014 en www.copadacosta.com

Castrelo - Outes (0-7)

  • Goles: Elías (2), Piki (3), David e Chúa.

Partido sen historia en Vimianzo entre un dos de arriba da 2ª e o pechacancelas da 3ª.

Corcoesto - Corcubión (1-5)

  • Goles: 1-0: Mario; 2-0: Sebas; 3-0: Xabi; 3-1: Gonzalo; 1-4: Jesús; 1-5: Lucas.

Partido cómodo para os corcubioneses que xa se adiantaban aos 10 minutos e xa antes do descanso deixaban sentenciado o partido.

Nantón - Cee (0-3)

  • Goles: 0-1: Pikero de penalti; 0-2: Dani Freire; 0-3: Cristian.

Vitoria clara para un Cee moi eficaz e práctico.

Lira - Seaia (4-2)

  • Goles: 0-1, min.10; Camilo; 1-1, min.30: Suso Perico de penalti; 2-1, min.36: Suso Perico; 2-2, min.60: Medros; 3-2, min.67: Manu cun golazo; 4-2, min.77: Suso Perico; 4-3, min.80: Vilariño.

Bonito partido que tardaba en decidirse. O Seaia comezaba adiantándose pero antes do descanso Suso Perico, gran protagonista do choque, conseguía darlle a volta ao marcador. Empataba de novo o Seaia no

Laxe - Porteño (2-3)

O xuvenil Elías marcou os dous para o Laxe mentres que Piti e Varela, por partida doble, daban a vitoria aos da Ponte nun choque moi disputado.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios