Venres. 01.03.2024
El tiempo

Tercera semana de vitorias para o Volei Dumbría e varios xogadores convocados ca Selección Galega

Tercera semana de vitorias para o Volei Dumbría e varios xogadores convocados ca Selección Galega

Grandes novas as que protagoniza, unha semana máis, a familia do Voleibol Dumbría, que continúa empeñada en mal acostumarnos. Ademais, de sumar a terceira semana consecutiva cun pleno de vitorias nos seus partidos, varios xogadores foron convocados coa Selección Galega.

Convocados cas seles

Os 4 cadetes do Volei Dumbria convocados coa Seleccion Galega Os infantis Marco e Unai coa Seleccion Galega Infantil de Volei

Esta fin de semana descansa o campionato nas ligas galegas para que as seleccións adestren para preparar o Campionato de España por Seleccións Autonómicas que se celebrara en Valladolid despois de Semana Santa.
A seleción cadete adestrada por Eloy Mahía adestrará en Dumbría os días 2, 3, e 4 de marzo en nela participaran catro xogadores do Voleibol Dumbría: o colocador Manuel Marcote, o receptor David Redonda e os centrais Gabriel Trillo e Marco Lado.

Ademais, selección infantil masculina adestrada por Diego Taboada adestrará en Lugo dos días 3, 4 e 5 de marzo e contará coa participación do receptor do Manuela Rial, Unai Larrañaga.

Pleno de vitorias

Como dicimos, continúa a boa racha de resultados do voleibol da comarca e por terceira vez consecutiva acadaron triunfos en todos os encontros disputados. Neste caso enfrontábanse o domingo pola mañá a Rianxo en cadetes e Cambados en infantís.

- Cadete masculino: Voleibol Dumbría - Rianxo 3-0 (25-13, 25-9, 25-12).
Vitoria outra vez máis facil e sen demasiada historia dos cadetes que amosaron a súa superioridade en todas as facetas do xogo.

- Infantil femenino: Manuela Rial - Cambados 3-2 (25-21, 25-10, 14-25, 22-25, 15-10)
Máis sofrida foi a vitoria das infantis do Manuela Rial ante Cambados despois dun primer set intenso que puderon decantar para o seu lado e dun segundo set facilmente ganado no terceiro baixaron a concentración e pereron o set claramente. No cuarto foron por detras todo o partido pero non puderon achegarse o equipo pontevedres. No set decisivo erraron menos ca equipo contrario e acadaron unha merecid vitoria. Destacar o papel de Natalia Lado no servicio e no campo levando o equipo cara adiante nos momentos máis complicados.

Vindeira xornada

Só se xogará a 4º xornada a modo concentración das categorias benxamin e alevin en Noia o vindeiro sabado a partir as 10.00 h.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios