Venres. 19.04.2024
El tiempo

COVID: Fisterra entra en nivel medio e Carballo e Coristanco volven ao nivel baixo de restricións

Terrazas do peirao de Fisterra copia
Terrazas na praza da Ribeira de Fisterra
COVID: Fisterra entra en nivel medio e Carballo e Coristanco volven ao nivel baixo de restricións

A partir deste venres 14 de maio ás 0:00h, entrará en vigor o novo mapa de restricións que acordou a Xunta. Con dúas novidades importantes. Por un lado, Carballo (está en nivel medio) e Coristanco (está en nivel alto) volven a nivel baixo de restricións, puidendo, como case toda a bisbarra, abrir a hostalería na terraza ata o 75% e no interior ata o 50%.

Pola contra, Fisterra entra en nivel medio de restricións, no que a hostalería só poderá abrir ao 50% en terraza e ao 30% no interior.

Queda só A Laracha, con 24 novos casos nos últimos 14 días e 10 nos últimos 7, en nivel máximo de restricións, pendentes dos resultados do cribado realizado a semana pasada.

(Ás 10:00h, en canto o portal de transparencia da Xunta actualice os datos, completamos coas cifras).

INCIDENCIA

A comarca de Bergantiños queda con 74 casos, 23 menos que fai 15 días, pasando dunha incidencia acumulada comarcal a 14 días de 144 a 110 novos casos por cada 100.000 habitantes.

En calquera caso, en toda a bisbarra a baixada é menor, pois pasamos de 142 a 129 casos, xa que en varios concellos que estaban sen casos comezaron a agromar. A incidencia a 14 días volve baixar de 100 novos casos por cada 100.000 habitantes.

Só quedan Vimianzo e Muxía sen casos.

Captura de pantalla 2021-05-12 a las 9.11.45

Centro de ensino

Volve baixar a incidencia nos centros de ensino tralo amago das pasadas semanas. Apenas os CEIP dew Caión (A Laracha) e IES Parga Pondal (Carballo) manteñen unha incidencia destacada, con 8 casos activos cada un. Os centros de Cee quedan sen casos activos e no resto da bisbarra son casos moi illados.

Agora temos 28 casos (10 menos que a semana pasada) en 13 centros afectados (3 menos que hai 5 días).

11-05-2021 Centro Total
Positivos
Aulas
Pechadas
A LARACHA CEIP Caión 8 3
A LARACHA IES Agra Leborís 1 0
A LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 1 0
CARBALLO CPR Plurilingüe Artai 1 0
CARBALLO IES Isidro Parga Pondal 8 0
CARBALLO CEIP Fogar 1 0
CARBALLO IES Alfredo Brañas 1 0
CARBALLO IES Monte Neme 2 0
CARNOTA CEIP Plurilingüe de Carnota 1 0
CORISTANCO CEIP Canosa-Rus 1 0
PONTECESO IES Eduardo Pondal 1 0
SANTA COMBA CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza 1 0
VIMIANZO CEIP Plurilingüe San Vicenzo 1 0
TOTAL 13 28 3

MÁIS NOVAS SOBRE O COVID

Comentarios