1ª FUTGAL: Cara para Castriz, cruz para Fisterra e canto para Camariñas

A Ambulancia tivo que trasladar a un afeccionado na Cañoteira no transcurso so Cacheiras-Muxía

Está que ferve a parte baixa desta 1ª FUTGAL a 3 xornadas para o remate, con Castriz, Camariñas e Fisterra pegándose co Bastavales por evitar as dúas prazas de descenso (ademais da da Esteirana). Aproveitou o Castriz a visita do pechacancelas para sumar de 3 e sacar 4 puntos de vantaxe ao Camariñas e ao Bastavales e 7 a un Fisterra que viviu a cara máis negativa da xornada. Os de Fran caeron en Brión ante o rival directo, e afronta nunha situación moi complicada as tres çultimas xornadas ante Cacheiras. Bertamiráns (dous equipos coa promoción en xogo) e o Racing de San Lorenzo.

Empate valioso, e case que sabe a pouco porque o Arzúa empatou no desconto, o que trae o Camariñas do campo do líder. E todo a pesar dos 3 días de festas polo San Xurxo, o que dá conta da clara intención do equipo de salvar a categoría. Por diante quédanlle 3 finais, unha contra o Cire, unha finalísima ante o Bastavales (equipo que está empatado a día de hoxe co Camariñas, e ten unha lixeira vantaxe en caso de empate polo 1-3 da ida no Vicente Carril), e o peche da campaña ante o Cacheiras na casa.

Por arriba, o Muxía xogábase boa parte das súas opcións de seguir pelexando pola promoción se ben o equipo ten a cabeza na final da Copa da Costa. O empate nun tenso partido en Cacheiras deixa ao equipo corviño con poucas opcións.

Arzúa - Camariñas (2-2)

  • Camariñas: Jorge, Víctor, David, Oliver, Pablo Suárez, Moriño, Asier (Camilo), Joseba, Soule, Mario e Djibril.
  • Goles: 1-0, m.4: Hugo Suárez; 1-1, m.47: Moriño; 1-2, m.67: David; 2-2, m.89: Adrián Mosteiro.

Impresionante o partidazo do Camariñas no campo do líder, que se está xogando o ascenso directo co Club do Mar. Con 13 xogadores (o porteiro suplente Pablo Novo e o xuvenil Camilo no banco) presentouse no Viso, tras unha longa fin de semana de Festas de San Xurxo.
Saíron frouxos os de Juan Cabrejo e Faus, e encaixaron moi pronto. Pero pouco a pouco foron collendo confianza e a base de defender ben co equipo moi xunto e buscando a Mario nas contras, que tivo un cabezazo que marchou pegado ao pau. Tamén pediron un posible penalti sobre Soule.

Nada máis comezar a segunda, cunha moi boa actitude, Moriño, que fixo un partidazo, empataba o partido cun tiro desde o borde da área. Eran os mellores minutos dos camariñáns, dominando o balón, non pasando apuros e chegando, ata que David sorprende ao porteiro, e a todos, cun golazo dende o medio campo para poñer o 1-2.

A partir de arqui o Arzúa apretou con centros a área ante un cadro costeiro que xa notaba o cansanzo. Balóns arriba ata que no m.89 empataban cun centro lateral despois de ter varias ocasións para empatar. Unha mágoa eses dous puntos que voan, pero boa inxección de moral para este grupo.

Castriz - Esteirana (3-0)

  • Castriz: Iker, Fabián, Bras, Anxo, Marcos Mouro, Adrián García, Alberto Mata, Oscar Feal, Alemán, Caros Rieiro e Juanjo. Tamén: Coke, Marcos, Josiño, Luís, Fabio Blanco e Rodo.
  • Esteirana: Víctor, Kevin Rial, Godo, Antón, Tobío, Anxo, Samu, Uxío, Pachi, Raúl e Foghete. Tamén: Mateo, Pablo Rama e Gael.
  • Goles: 1-0, m.19: Juanjo nunha xogada de saque de banda longo; 2-0, m.80: Luís; 3-0, m.85: Juanjo.

Tiña obrigación de gañar o Castriz, e saíron coa presión moi alta indo polo partido, con algún roubo arriba, pero sen acerto, ante unha Esteirana que, a pesar das infinitas baixas, contou con Tobío e Kevin está moito mellor atrás. Si que a balón parado puideron abrir o marcador os de Barca, que non sufriron atrás.

Máis do mesmo na segunda, dominando os locais, pero sen acerto, ata que que Luís e Juanjo finiquitaban o choque ante un digno cadro de Adán.

Sen dúbida, é o que mellor o ten o Castriz para salvarse, con 4 de vantaxe sobre 9 en xogo, e con partidos ante 3 equipos que non se xogan nada, como son Queixas, Praíña e Vizoño.

SD Castriz celebrando unha vitoria fundamental

Bastavales - Fisterra (5-1)

  • Fisterra: Joselu, Dani, Rubén, Piti, Juan, Luísete, Eze, Guille, Adrian Makaay e Isaac Fábregas. Tamén: Lois, Martín, Noé, Quintela e Pablo Velay.
  • Goles: 1-0, m.13: en propia; 2-0, m.45+1: Julián Nieto; 3-0, m.51 Julián Nieto; 4-0, m.60: Julián Nieto; 4-1, m.62: Isaac Fábregas; 5-1, m.85: Rubén Portos.
Pouca xente en Brion para o Bastavales-Fisterra

Crúa derrota do Fisterra en Brión. Empezou ben o equipo, xogando ben o balón, pero oronto comezou a sufrir as embestidas locais, sobre todo a balón parado. As expulsións de Maikel e Colombia a semana pasada, obrigaron a colocar a Luisete e Juan nos laterais, e por aí o equipo sufría, concedendo 9-10 córners só na primeira metade. E así chegarían os goles, o segundo, xusto antes do pitido final, dolororísimo.

Xa na segunda, o equipo acusou o cansanzo e acabou goleado, volvendo sufrir moito fóra de casa onde o equipo só suma 7 puntos no que vai de Liga (o empate en Muxía da primeira xornada e os choques de Esteiro e de Boimorto no doble partido da piscina).

Cacheiras - Muxía (0-0)

  • Muxía: Iván Couto, Mateo, Anxo, Alex, Brais, Mauro, Iago, Toja, Víctor Alcaina, Adrián Alcaina, Fran Moreira. Tamén: Joel, Fabián, Carlos Antelo e Manu Martínez.

Partido igualadisimo, ao que os de Pataca chegaban 5 baixas importantes que non con todo, non provocaron que o equipo deixara de competir a un nivel incrible. Houbo que cambiar o sistema e plan de partido habitual, pero o equipo case non sufriu. Non houbo moitas ocasións, pero si algunha contra para levar os puntos, sobre todo no treito final, cando se abriu o choque, e puido caer de calquera lado, tendo que aparecer o gran Iván Bouzón para salvar unha man campal.

O choque estivo parado durante un bo anaco para atender a un afeccionado, que tivo que saír en ambulancia da Cañoteira.

Todas crónicas da 1ª FUTGAL

Máis info