1ª FUTGAL: O Dumbría remata a primeira volta na segunda praza a dous puntos do líder

Van as primeiras crónicas do ano, pasadas pola malla dunha gripallada que nos impide ter a profundidade habitual. En todo caso, rematou a primeira volta na 1ª FUTGAL e temos que destacar o papel do Dumbría, que ras 17 xornadas, se mantén na 2ª praza, e a só 2 puntos do invicto Club do Mar.
Os de Pablo Conde están facendo un curso excepcional e onte non fallaron ante un dos equipos de descenso, cun nome destacado: Diego Estévez, que fixo un triplete que dá 3 puntos ao seu conxunto.
A única outra alegría da xornada brindárona os xogadores do Castriz, que venceron a outro equipo da zona de abaixo, o Bertamiráns. Borja Gándara e Iván Facal adiantaron aos de Miguel Chouza e tras unha segunda metade de control, o terceiro caía no desconto en propia meta.

Os outros 4 equipos colleitaron crúas derrotas caseiras pola mínima. San Lorenzo, Muxía e Esteirana caían por sendos 0-1 en casa mentres que o Fisterra perdía 1-2 tras un mal inicio. Tivo boas ocasións o cadro de Lobelos pero o Boimorto aguantou e endosou a primeira derrota na casa aos fisterráns.

4 equipos entre os 8 primeiros
Con todo, agás o San Lorenzo, que remata pechacancelas a 9 puntos da salvación, os outros equipos están demostrando o potencial do Fútbol da Costa, con Fisterra èchando a primeira volta nunha excepcional 5ª praza, o Muxía no seu ano de debut na categoría na 6ª, e o Castriz tamén no debut na 8ª. A Esteirana remata de 14º, pero merecendo moito máis polo xogo que leva despregado o cadro de Iván González.

Todas as crónicas da 1ª FUTGAL
- O SanLo reacciona antes de fin de ano e o Dumbría bate co Muxía.
- X.15: 4 costeiros entre os 7 primeiros.
- X.14: Resultados para todos os gustos.
- X.13: Dumbría e Muxía manteñen a loita ben arriba.
- X.11: Dumbría e Muxía, en postos de podio.
- X.10: A xornada de derbis cóbrase o primeiro adestrador.
- X.9: O gran papel dos equipos costeiros.
- X.8: O Muxía métese en postos de promoción.
- X.7: O Castriz ponse líder costeiro.
- X.6: Subindo ao segundo e ao terceiro vagón.
- X.5: Fisterra e Muxía igualan a táboa nos derbis.
- X.4: A Esteirana e o Dumbría métense no vagón de cabeza.
- X.3: Fútbol total
- X.2: O Dumbría pon a quinta marcha.
- X.1: Dumbría e Fisterra comezan de 4 en 4.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.