2ª FUTGAL: 6 equipos e dúas loitas moi vivas para un últim carrusel de infarto

Muros e Porteño no Eleuterio BalayoFoto-Parker
  • Baio, Soneira e Xallas manteñen a pelexa pola promoción.
  • Mazaricos, Coristanco e Muros pelexan tamén por evitar a praza de arrastre do San Lorenzo.

Menudas xornadas de carrusel estamos vivindo no carrusel de www.futboldacosta.com. Ferven os móbiles nos bancos e nas bancadas dos campos da Costa. 

Porque queda unha xornada para o remate da Liga da Costa e quedan dúas loitas moi vivas, e entrelazadas. Por arriba, Baio, Soneira e Xallas manteñen a pelexa pola promoción nun pano de 2 puntos; mentres, por abaixo, e con apenas 1 punto de diferencia, Mazaricos, Coristanco e Muros pelexan por evitar a antepenúltima praza, que será de descenso por arrastre.

Por arriba a cousa está que ferve. O Baio, que sufriu pero venceu a un necesitado Coristanco, parte con vantaxe de 2 puntos, e recibe a un Corcubión que non se xoga nada. A cousa é disinta entre Soneira (empatou co campión Camariñas) e Xallas (venceu en Corcubión). Co golaveraxe individual igualado, os soneiráns teñen agora unha diferencia xeral de +4 con respecto aos xalleiros, pero os xalleiros xogan a última xornada ante o descendido Lira, mentres que os soneiráns farano ante un Coristanco que se xoga a vida.

Por abaixo tamén a cousa está que ferve. O Mazaricos, moi mellorado no último mes, venceu ao Lira e supera por 1 punto a Muros (que empatou co Porteño) e Coristanco (que xa dicimos, caeu ante o Baio). Muros e Coristanco están empatados pero o cadro celeste ten o golaveraxe individual a favor polo que lle valería facer o mesmo no Pinguel (ante un Ponteceso sen nada en xogo) que o Coristanco en Vimianzo (ante un Soneira en plena loita pola promoción). O Mazaricos, a vitoria na casa no derbi ante o Outes, ou que non gañasen ningún dos dous, serviríalle para asegurar a permanencia, unha vez que, ten o golaveraxe individual a favor co Coristanco; e co Muros a pesar de ter o golaveraxe igualado, te unha diferencia de goles moito mellor.

Lira - Mazaricos (1-5)

  • Lira: Raúl, Cesar, Cartamil, Cortizo, Lois, Alexandre, Marcos, Juan, Raúl, Oli e Cibrán. Tamén: Felipe, Pablo Leis, Hugo e Gonzalo.
  • Mazaricos: Íker, Luís Mayan, Fabio, Borja, Chumico, Marcos, Bryan, Sandelo, Matías, Molinos e Sergio. Tamén: Kevin, Adrián e Alex Calvo.
  • Goles: 0-1, m.30: Marcos; 1-1, m.41: Juan; 1-2, m.52: Kevin de penalti; 1-3, m.59: Kevin; 1-4, m.74: Molinos; 1-5, m.87: Chumico cun golazo dende fóra da área.

Foi superior o Mazaricos ao Lira, xogando moi ben ao fútbol, e tendo enchufados a xogadores claves como Marquiños, Sandelo, Chumico, ou Kevin. Marquiños e dúas de Moli avisaron, pronto pero o gol tardou en chegar ata a media hora e tivo que ser cun pouco de sorte. Dominaban os amarelos, pero Cibrán avisou de que a defensa amarela non se podía relaxar, e no m.41, mentres se lesionava Matías, o Lira empataba.

Na segunda, o cadro de Marcos colleu o balón e a través do control, foron chegando as ocasións e os goles. O primeiro, de penalti protestado polos locais, e o segundo e o terceiro tamén protestados por posibles fóras de xogo. O treito final baixou o ritmo de partido.

Camariñas - Soneira (2-2)

  • Camariñas: iker, Borja (Caamaño), Carlos Oliver (Nuno), Pablo Suárez, Moriño, Hugo, Javi (Manuel), Soule (Manuel Pais), Djibril, Víctor (Asier).
  • Soneira: Pity, Gusa, Brais, Héctor, Adriñán Canosa, Cachi, Pichi, Oreiro, Javi, Richi e David LP. Tamén: Dono, Iván, Gabri, Bieito e José Antonio .
  • Goles: 0-1, m.12: Oreiro dende fóra da área; 1-1, m.28: Djibril; 2-1, m.70: Nuno; 2-2, m.92: Pichi de penalti.

Comezaba o partido coa entrega da copa da Liga nun ateigado Vicente Carril, pero o ambiente de festa non impediu que o cadro de Cabrejo e Faus competisen a fondo. Comezaba o Soneira, que segue con moitas baixas, aguantando e intentando saí combinando, pero pronto se metía por diante por medio de Oreiro, que superaba por alto dende lonxe ao porteiro cadete local. O Camariñas intentaba abrir ás bandas pero botaba en falta a Mario, tendo que buscar a Soule unha e outra vez. E nunha desas, Djibril empataba.

A segunda seguía con ritmo lento, ata que volvía aparecer o cadete Nuno, que xa brillou na Copa, para meter en vantaxe aos locais. O Soneira empurraba e tivo varias ocasións para empatar, se ben o Camariñas tamén puido ter sentenciado, pero xa no desconto cando Pichi empataba dende os 11 metros, salvando un punto que pode ser crucial.

Corme - Monte Louro (1-2)

  • Goles: 1-0, m.25: Lucas Figueroa; 1-1, m.76: Luismi; 1-2, m.90: Álvaro Fari.

Partido igualado, sen tensión, que se decidiu no último suspiro cando todos daban por bo o empate.

Muros - Porteño (1-1)

  • Muros: Aitor, Fran, Gesto, Alon, Xaco, Benji, Xavi, Sel, Óscar, Je, Tajes. Tamén: Manuva, Javi, Álvaro, Ra.
  • Porteño: Joel, Rodri, Ibra, Pablo, Saviola, Nico, Martín, David, Iván, Alan e Carrabete. Tamén: Mariolo, Mayor, Alfredo e Joseba.
  • Goles: 0-1, m.54: Carrabete a pase de Ibra; 1-1, m.78: Alon.

Partidazo nun ateigado Eleuterio Balayo para ver este choque vital para o Muros. Empezaba o partido de poder a poder, cun Xavi moi incisivo na punta local, caendo a banda esquerda e poñendo centros moi perigosos a área. Houbo unha ocasión clara en cada bando, puidendo abrir o marcador Carra e varias na áraea visitante por medio de Xavi e Peski.

Foi precisamente Carra o que abría o marcador nunha segunda metade na que dominaba un pouco máis o cadro de Pirucho. Martín tivo o segundo, e Alfredo ameazaba á defensa local. Pero o Muros non desistía, e pouco a pouco ía volvendo dominar. Xaco, nun disparo dende a frontal, e Jesús que non acertaba a rematar un man a man, avisaban antes do gol de Alonso tras un rexeite nunha falta lateral a centro de Xavi. Un Xavi que tería a última clara ocasión antes do final que chapaba o porteiro visitante con gran seguridade. Tamén Aitor tiña que aparecer para salvar o punto a un disparo de Alfredo.

 

Outes - Ponteceso (4-2)

  • Gooes: 0-1, m.16: Castro; 0-2, m.27: Martín Puente de penalti; 1-2, m.40: Keko; 2-2, m.71: Brais; 3-2, m.76: Brais; 4-2, m.82: Keko.

Dous equipos con apenas nada que xogarse ofreceron un partido aberto con oportunidades nas dúas áreas. Avisaba Yago Dosil para os locais pero eran os visitantes os que se adiantaban despois dun bo remate dende fóra da área por medio de David Castro e non tardaron en consolidar a ventaxa cun penalti transformado por Puente, a pesar do aviso de Jura na área de Brais. Os locais tardaban en recuperarse, ata que Keko os volve meter ni partido antes o descanso.

Saía ben o equipo de Julio Vila na segunda, pero se atopou en dúas ocasións co porteiro Ryan. E pouco a pouco os de Gonzalo ían empurrando máis, e aproveitaron dous erros do Ponteceso para que Brais (xuvenil que debutaba onte cos sénior) remontase con dous tantos en 5 minutos. Keko faría o cuarto e definitivo pouco despois deixando a táboa máis empatada.

Coristanco - Baio (1-2)

  • Coristanco: Rubén, Chechu, Jonathan, Pazos, Prego, Dani Vázquez, Damián, Javi Bermúdez, Dani Casti, Diego Castro e Álex Igesias. Tamén Kevin, Mateo, Dani Lou e Samuel.
  • Baio: Rodri, Pablo, Norberto, Pazos, Aitor Vilas, Mamadou, Damián, Carreira, Manu Vila, Sergio Antelo, e Rubén Sánchez. Tamén: Yago Pazos, Chechi, Josiño, Rubén Porteiro e Lucas.
  • Goles: 1-0, m.15: Dani Casti de penalti; 1-1, m.37: Damián Zas; 1-2, m.68: Rubén Sánchez.

Enfrontábanse dous equipos con moito aínda en xogo, e o partido foi tremendamente tenso. Saían os de Iván Vázquez apretando moitoarriba, e pronto se metían por diante cunha pena máxima. Pero o gol parece que sentou mellor ao Baio, que pasou a ser dominador do balón e do partido. Tería, aínda así, Dani Vázquez un tiro ao pao para aumentar a vantaxe antes de que o Baio empatara ao fío do descanso nunha xogada combinada.

Na segunda metade o cadro de Félix seguía dominando e faría o 2-1 definitivo por medio de Rubén Sánchez. O Coristanco tentaríao ata o final pero o Baio estaría moi ben defensivamente.

Corcubión - Xallas (1-3)

  • Corcubión: Bruno, Fuentes, Gorka, Antón, Juan de Elvira, Dani, Alex Díaz, Jose, Samu Rama, Mario, Luís Lojo. Tamén: Jon, Iago Lema, Íker, Borja e David Lojo.
  • Xallas: Iván Couto, García, Ramón, Makareno, Adrián, Dani Barbeira, Steven, Fidi, Doro, Rubén Sande e Sergio Barbeira. Tamén: Iván, Joel, Rubén Blanco, Adrián e Carro.
  • Goles: 1-0, m.4: Samu Rama de golazo de falta; 1-1, m.47: Ramón nun saque de esquina; 1-2, m.67: Sergio Barbeira nunha presión ao porteiro; 1-3, m.78: Rubén Blanco.

Fermoso e intenso partido o vivido no Cubaleiro, e traballadísima vitoria co Xallas. Saían os de Doriño con posicionamento alto, presionando arriba, pero era Samu Rama o que abría o marcador para os de Ángel Ventanas e Isidro cun golazo de falta. Eran bos minutos dos locais que probaron a Iván Couto, pero pouco a pouco o Xallas subía liñas e ía apretando.

Con todo, non foi ata o comezo da segunda metade cando o Xallas conseguía empatar nun córner. O Corcubió quedaba con 10 trala vermella directa a Juan de Elvira por facer unha falta como último home, e nun erro tremendo na saída de balón dos locais, Sergio Barbeira roubaba e marcaba a pracer. Aínda tivo que aparecer Iván Couto nun lado para salvar unha de Luís Lojo, e Bruno tamén noutro, antes de que Rubén Blanco fixera a sentenza.

Cabana - Cee (2-3)

  • Goles: 0-1, m.30: Víctor Agulleiro; 1-1, m.52: Castro; 1-2, m.64: Jose de penalti; 1-3, m.66: Anxo; 2-3, m.81: Simón.

Menudo final de Liga que está facendo o Cee. 4 vitorias nos últimos 5 partidos dan conta de que a pesar de estar descendido o cadro ceense ten orgullo e moita máis calidade do que amosou ao longo da temporada. Os ceenses foron mellores na primeira metade e ademais de meterse por diante fixeron que o Cabana non tirase unha soa vez a porta na primeira metade.

Cos cambios de Mingui, o cadro local apretou ao comezo da segunda e empatou cun golazo de Castro, pero de contado o Cee se metía por diante dende os 11 metros, e de contado, Anxo, tremendo neste tramo final de liga, ampliaba a renda. Simón recurtaba pero xa sen tempo para o empate.

Máis info

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL