mércores. 30.04.2025
El tiempo

2ª FUTGAL: O Camariñas sentenza media Liga da Costa en Fontenla

Camarinas CF sentenza a Liga da Costa
O Camariñas non quixo celebrar demasiado a vitoria
2ª FUTGAL: O Camariñas sentenza media Liga da Costa en Fontenla

Era unha finalísima o choque deste domingo ás 19:00h en Fontenla, e decantouse para o Camariñas, gracias á calidade de Mario. O cadro de Cabrejo venceu 0-2 ao Xallas, e pon 9 puntos de distancia máis o golaveraxe, é dicir, 3 partidos, a falta de 5 por xogar.

Co titulo practicamente sentenciado, aínda que os camariñáns non quixeron celebralo, a loita céntrase agora na promoción. O Soneira vencía en Outes e adianta na segunda praza ao cadro xalleiro, quedaron agora tamén o Baio a só 1 punto de distancia do cadro verde. O Porteño, que vencía ao Ponteceso, fica como o cuarto equipo na pelexa, a só 5 de soneirans, 4 de xalleiros e 3 de baieses.

Por abaixo, sorprendeu a vitoria do pechacancelas en Mazaricos, confirmando o ano aciagado dos amarelos. Os de Marcos seguen pelexando con Muros e Coristanco (único que sumou un puntiño en Corme) por evitar esa antepenúltima praza que vaia sufrir arrastre polo descenso do San Lorenzo (pero que quedaría anulado se ascende un equipo na promoción á 1ª).

Cabana - Corcubión (6-0)

  • Cabana: Manu Nantón (Alvarellos), Mario (Leis), David, Ferreiro, Noé, Nando, Moreno (Miki), Simón (Castro), Migueliño (Hugo) e Pablo.
  • Corcubión: Bruno, Mario, Gorka, Ra, Antón, Martín, Dani, Alex, Luís Lojo, Cesar Lojo e Iago Lema. Tamén: Samu Rama, Samu Trillo, Borja Bouzón, David Lojo e Casteje.
  • Goles: 1-0, m.16: Aarón; 2-0, m.20: Pablo Pose; 3-0, m.45: Pablo Pose; 4-0, m.45: Miguel; 5-0, m.60: Ferreiro; 6-0, m.82: Pablo Pose.

Chegaba con moitas baixas o Corcubión ás Redondas, o que sumado á expulsión de César Lojo aos 25 minutos deixaba o camiño libre para os de Óscar Mingui, que xa se colocaban 2-0 nos primeiros 20 minutos. Tivo un balón ao longueiro o cadro de Ángel Ventanas e Isi, pero antes do descanso os locais marcaron dous seguidos para deixar o choque sentenciado, facendo que a segunda fose de trámite.

Mazaricos - Cee (0-3)

  • Mazaricos: Ángel, Borja, Luís Mayán, Chumiko, Brais, Bryan, Matías, Sandelo, Marcos, Kevin e Molinos. Tamén: Íker, Fabio, Pereiro, Alex Calvo, e Sergio.
  • Cee: Jorge, Iago, Jonathan, Fontaíña, Oreiro, Carlos, Anxo, JOsiño, Sergio, Eze e Trini. Tamén: Man, Alex Muíño, Munitis, e Noe.
  • Goles: 0-1, m.32: Anxo; 0-2, m.40: Eze; 0-3, m.70: Anxo.

Mal partido dun Mazaricos irrecoñecible, que non foi en ningún momento de facer dano a un Cee que estivo moi firme todo o partido. Anxo aproveitaba un erro do meta local para adiantar aos de Rafa, e Eze cazaba un rexeite marcaba o segundo tras regatear a Ángel.

O Mazaricos seguía tendo o balón na segunda, pero onte non foron quen de abrir espazos e ter profunidade ante un serio cadro ceense, que sentenciaría nunha contra de Anxo, para rubricar a súa segunda vitoria do curso.

Ponteceso - Porteño (1-2)

11 do SD Ponteceso no Pinguel
11 do SD Ponteceso no Pinguel. Foto: Parker
  • Ponteceso: Brais, Ángel, Juan Rey, Mario, Dani, Luca, Mendieta, Mara, David Castro, Neira e Iván Rod. Tamén: Darío, Ures, Rubén, Hugo e Brais Simal.
11 do Porteno no Pinguel
11 do Porteño no Pinguel. Foto: Parker
  • Porteño: Mariolo, Pejo, Rodri, Brais Mouzo, Mayor, Darío, Martín, Joseba, Carrabete, David Pasantes e Yuyo. Tamén: Alan, Nico, Alfredo, Joel e Pablo.
  • Goles: 0-1, m.32: Yuyo; 1-1, m.82: Mara; 1-2, m.90: Darío.

Partidazo o vivido no Pinguel entre dous aspirantes a ficar na loita pola promoción. Chegaban os locais con baixas e Julio Vila colocaba 3 xuvenís no 11, nunha primeira metadede máis control visitante. Os de Pirucho tiveron un lixeiro dominio e varias chegadas ata que Yuyo abría o marcador. Tivo algunha máis o cadro camariñán pero tamén nese último cuarto de hora os pondalianos apretaron cun par de boas oportunidades cun tiro de Mendieta que sacou ben Mariolo e outra aos pés de Dani Rodriguez que sacou a defensa porteña cando xa se cantaba gol.

Na segunda parte os visitantes deron un paso atrás o que aproveitaron os locais para ter o dominio pero poucas oportunidades. Aínda asi non baixaron os brazos e conseguiron empatar no minuto 82 tras unha boa xogada que rematou Mara.
Parecía que a inercia favorecía aos locais, pero xa case que co tempo cumplido Darío marcaba nun córner para levar os puntos de volta para a Grixa e seguir soñando coa promoción.

Corme - Coristanco (2-2)

  • Corme: Quique, Laik, Brais Pailos, Eloy Villar, Joshua, Mauro, Figueroa, Isra, Borja Torrado, Samu Costa e Teo. Tamén: Noel, Yago, Lucas, Senén, e Borja Seoane.
  • Coristanco: Rubén Chechu, Jony, Belar, Prego, Kevin, Damián, Javi, Dani Vázquez, Adrian Pazos e Dani Casti. Tamén Mateo.
  • Goles: 1-0, m.6: Figueroa; 2-0, m.37: Samu Costa; 2-1, m.60: Dani Vázquez; 2-2, m.89: Casti.

Partido moi condiciondo polo vento que facía no Cairo, que comezaba cun espeso Coristanco que non era quen de facerlle fronte ao vento en contra e sufría a balón parado. Foi así como chegou o primeiro gol do Corme, que dominou territorialmente. Tivo unha única xogada na que atoparon espazos os de Coristanco pero no man a man Casti e cruzouna demasiado. Chegaría o 2-0 outra vez a balón parado do Corme despois de aproveitar un balón morto en área.

Cambiou o conto na segunda, co cadro de Iván Vázquez indo a por todas co vento a favor. Despois dunha peiteada de Pazos, Dani Vázquez faría o 2-1. O Coristanco apretaba con balóns directos e os de Adrián Lema tiveron algunha contra que salvou Rubén, deixando o partido seguía aberto ata que sobre o pitido final Dani Casti entraba na área, recorta e pega ao primeiro pau para asinar o empate final.

Muros - Baio (0-2)

  • Muros:
  • Baio: Rodri, Pablo Rod., Pazos, Aitor Vilas, Rubén Porteiro, Lucas, Sergio, Manu Vila, Chechi, Josiño, Rubén Sánchez. Tamén: Yago, Bruno, Alex Muíño, Damián, e Mamadou.
  • Goles: 0-1, m.32: Aitor Vilas; 0-2, m.58: Chechi.

Foi o Baio máis eficaz en Miraflores ante un conxunto local que non puido remontar a iniciativa dos de Félix, que, a pesar das baixas, sacou tres puntos importantes que os manteñen na loita pola promoción.

Lira - Monte Louro (1-1)

  • Lira: Carlos, Isaac, Cartamil, Lois, Ángel, Oli, Marcos, Miguel, Juan, Oli, Cibrán e Pablo Leis. Tamén: Raul, Raúl, Ramón, Xoel e Cortizo.
  • Monte Louro: Pedro, Miguel Verán, Pablo, Rodri, Manolo Chouza, Raúl, Xián, Óscar Fari, Álvaro Fari, Íker e Brais. Tamén: Xacobo, Javi, Fabio, David e Luismi.
  • Goles: 0-1, m.49: Xián de cabeza a unha falta botada por Íker; 1-1, m.68: Raúl de falta dende a frontal.

Partido frouxo en Lombáns, nunha tarde seca, con pouco de todo, pero si igualdade e tensión. O Lira saía ben armado e non sufría atrás, tentando algunha contra. A segunda, arrancaria cun gol nunha falta lateral que Xian marca de cabeza. A raiz de aí os de Óscar Leis intentaron subir o ritmo e as liñas, e nunha falta na frontal Raúl fai o gol do empate. Un empate que non lle valía de moito a ninguén, pero apenas o Lira tivo unha ocasión de Raúl que se marchou fóra.

Outes - Soneira (1-3)

  • Outes: Ryan, Paullo, Sergio, Kevin, Martín, Keko, Jura, Berto, Iván, Xabi e Adrián. Tamén: Stefan, Veleiro, Yago Dosil, Aaron, e Luís.
  • Soneira: Pity, Maikol, Oreiro, Pichi, Canosiña, Javi Lema, Josiño, Brais, Bieito, Richi e Vía. Tamén: Dono, David LP, Jesús, Sergio e Carlos.
  • Goles: 0-1, m.69: Vía dende máis aló do medio campo; 1-1, m.84: Aarón; 1-2, m.87: Canosiña; 1-3, m.88: Canosiña de cabeza nunha contra.

Traballadísima vitoria do Soneira para seguir aó arriba. A primeira metade foi dos locais, cun cadro de Gonzalo que tocaba mellor e tiña varias ocasións sobre todo unha de Adrián. Os de Josiño Abelenda non estaban fluídos.

Abriuse algo máis o partido na segunda, pero era Vía o que abría o marcador cun golazo dende o seu campo. Os locais non se viñeron abaixo e apretaban máis e máis, e Aarón aproveitaba o rexeite do pau a un tiro de Berto tras un córner. Pero case que na seguinte xogada, un balbordo tras un córner, era aproveitado por Canosiña para meter por diante de novo aos soneiráns, que sentenciaban co Outes envorcado en capo contrario.

Soneira SD metese 2 praza
Soneira SD métese na 2ª praza

Xallas - Camariñas (0-2)

  • Xallas: Iván Couto, García, Ra, Adrián, Macareno, Asier, Fidi, Yago Facal, Rubén Sande, Rubén Blanco, Sergio Barbeira. Tamén: Joel, Steven, Martín, Dani Barbeira e Adrián Couto.
  • Camariñas: Jorge, Víctor, Carlos, Oliver, Pablo Suárez, Moriño (Borja), Roi, Javi (Hugo), Soule, Mario (Manuel), Djibril.
  • Goles: 0-1, m.18: Mario adiántase a Couto coa cabeza e aproveita un pase de Javi Antelo para marcar; 0-2, m.60: Mario a centro de Soule.

O partido da xornada, e da tempada, disputábase ás 19:00 e Fontenla acollía unha fantástica entrada. Entraban os dous equipos contemporizando, cun Xallas que deixaba o dominio aos visitantes para intentar aproveitar os ocos atrás. O Camariñas buscaba aos tres de arriba e nun balón lanzado por Javi ás costas da defensa, aparecía Mario, que se adiantaba coa cabeza a Iván Couto, e marcaba a porta baleira.

A partir de aquí o cadro de Doriño intentaron irse arriba, pero non tiveron demasiadas opcións, mentres Soule e Mario tiveron varias contras.

Na segunda o Xallas saía con forza, pero pouco a pouco foron baixando o pistón, sobre todo despois do segundo gol, no que Mario remata un centro de Soule mentres os locais pediron fóra de xogo.

Vitoria do líder, que foi superior ante un Xallas que competiu moi ben, que deixa o título case que sentenciado para os camariñáns, e deixa aos xalleiros metidos na loita pola promoción, necesitado de romper unha mala serie de 6 partidos sen gañar.

Máis info

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL

Comentarios