2ª FUTGAL: Un carrusel de tolos deixa a Baio e Soneira na promoción e ao Coristanco no posto de arrastre condicionado

O CD Baio celebrando o pase á promoción

Menudo carrusel de tolos o vivido esta mañá dominical en www.futboldacosta.com. 6 equipos chegaban á última xornada da Liga da Costa con algo en xogo. Por arriba, Baio, Soneira e Xallas xogábanse 2 postos de promoción, mentres que por abaixo, Mazaricos, Muros e Coristanco se xogaban evitar o posible posto de arrastre.

Ao descanso, co empate do Baio ante o Corcubión e as vitorias xa encamiñadas de Soneira e Xallas, a cousa estaba nun emocionante triple empate, que deixaba ao Baio fóra contando os puntos acadados entre os 3 equipos.

Pero o Baio reaccinou na segunda, e Sergio marcaba o segundo para os de Félix que lles aseguraba o 2º posto. A loita quedaba entre Soneira e Xallas, que chegaban co golaveraxe individual empatado. O Xallas necesitaba facer 4 goles máis que o Soneira, polo que a cada rato, cada gol en cada campo provocaba que a clasificación envorcase. Os teléfonos bulían e a cada gol do Xallas ante o Lira respondíoa o Soneira con contundencia ante o Coristanco.

Finalmente, non puido superar o Xallas a barreira de goles e queda fóra da fase de ascenso á 1ª FUTGAL, que disputarán Baio e Soneira.

Mañá luns será o sorteo da Promoción á 1ª ás 18:00h en Santiago.

O Soneira SD celebrando o pase á promoción

Por abaixo, a derrota do Coristanco (que se xogaba o descenso e deixaba a cousa sentenciada, con Muros e Mazaricos libre dese posto arrastre condicionado, pois se un dos dous equipos, Baio e Soneira, que xogan a promoción de ascenso, sube a 1ª, o arrastre non se levaría a cabo.

Por se acaso, o Muros rascaba un puntiño no Pinguel, mentres que o Mazaricos sufría ante o Outes e fica salvado finalmente gracias á goleada soneirá. 

Capis de Ponteceso e Muros no Pinguel co trio arbitral

 

Máis info

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL