2ª FUTGAL: Todo igual para as dúas últimas xornada
A antepenútima xornada non clarexou nada as dúas últimas loitas: a promoción e a pelexa por evitar a penúltima praza, de posible arrastre.
Por arriba, Baio, Soneira e Xallas sumaron importantes vitorias ante Camariñas; Corme e Mazaricos, respectivamente. Os 3 pelexan por dúas prazas, co vantaxe de 2 puntos para os equipos da comarca de Soneira.
Por abaixo, só sumou o Coristanco un puntiño ante o Corcubión, caendo Muros e Mazaricos, e quedando a loita entre os 3 moi viva.
Reseñable a remontada do Cee, con 3 vitorias nos 3 últimos partidos, a pesar de ter o descenso máis que consumado.
Ollo ademais que este xoves 1 de maio hai CopadaCosta.
Cee - Muros (2-1)
- Goles: 1-0, m.38: Anxo; 2-0, m.56: Anxo; 2-1, m.62: Gesto.
Partido igualado, que comezaba co Cee algo máis dominador, pero a expuslión de Coté permitíalle ao Muros dar un paso adiante. Con todo, volvía ser Anxo o que abría o marcador para o Cee nunha contra.
Na segunda parte tras un erro defensivo muradán na saída do balón, Anxo facía o segundo. Quedaba media hora e chegaron os mellores minutos do Muros onde recortou distancias e tuvo máis ocasions para empatar pero non estarían acertados.
Mazaricos - Xallas (0-2)
- Mazaricos: Íker, Luís Mayán, Borja, Chumico, Matías, Sergio, Brais, Sandelo, Marcos, Bryan, Molinos. Tamén: Fabio, Kevin, David e Alex Calvo.
- Xallas: Fran Fagín, García, Ra, Fidi, Makareno, Pereira, Yago Facal, Doro, Sergio Barbeira, Dani Barbeira. Tamén: Joel, Steven, Rubén Sande, Rubén Blanco, Adrián Couto.
- Goles: 0-1, m.23: Doro tras pase de Barbeira; 0-2, m.95: Rubén Sande.
Gran partido do Mazaricos, que dominou e xerou moitas ocasións, pero volveu acusar o que lle pasa todo o curso: a falta de acerto cara gol. O cadro superaba a primeira lña de presión dos xalleiros, e chegaban con varios mans a man de Marcos, Rodri e Molinos, ou unha falta de Sandelo. Pero o poste, como nesta última, ou Fran Fagín, que xogaba o seu segundo partido da temporada e foi o mellor. O Xallas conseguía romper nalgunha ocasión e Doro metía aos de Doriño por diante.
Na segunda o equipo amarelo, seguía pelexando, e tivo máis espazos cando expulsaron a Asier no 62. Pero 15 minutos despois sufría a expulsión tamén de Brais deixando o partido máis igualado.
Corcubión - Coristanco (2-2)
- Goles: 1-0, m.10: Samu Rama; 2-0, m.23: Samu Trillo; 2-1, m.25 : Dani Casti de penalti; 2-2, m.78: Dani Lou.
Partido no que o Coristanco saía moi despistado defensivamente e o cal o Corcubión entraría moito máis enchufado cunha gran mobilidade dos mediocentros o que faría que igualar marcas fora moi difícil. Poríase pronto con dous goles por diante o cadro de Ventanas. Despois da pausa de hidratación o Coristanco recurtaba dende os 11 metros, e Kevin tamén marcaría nunha boa xogada combinada pero o colexiado anularíao por fóra de xogo. Tería Rubén varias intervencións de mérito na portería local.
Na segunda metade un Coristanco máis enchufado chegaría coun pouco máis de perigo. Crearía varias ocasións de perigo e Dani Lou despois dun centro lateral poría o 2-2 definitivo. Nos últimos 10 min o partido era un ida e volta constante no cal Rubén faría 2 grandes intervencións ante os tiros de Yon, para salvar un puntiño para os da terra da pataca. Tamén que o Coristanco tería un man a man no cal o porteiro local Bruno faría unha gran intervención.
Ponteceso - Lira (4-1)
- Goles: 0-1, m.8: Cibrán; 1-1, m.14: Eloy Álvarez; 2-1, m.37: Eloy Álvarez; 3-1, m.61: Eloy Álvarez; 4-1, m.65: Mara.
Partido sen moita tensión no que se adiantarian os visitantes despois dun bo contrataque finalizado por Cibrán. Non tardarian en responder os locais e empatarían no minuto 14 cun gran gol de Eloy Alvárezm que volvería marcar antes de ir o descanso. Na segunda, outra vez Eloy faría a sentenza definitiva co 3-1 no minuto 61 e Mara o 4-1 no 65.
Soneira - Corme (5-0)
- Goles: 1-0, m.7: Iván Blanco; 2-0, m.15: Pichi; 3-0, m.20: Bieito; 4-0, m.63: Adrián Canosa; 5-0, m.87: Gabri.
Coa resaca do título xuvenil os soneiráns afrontaban un partido crucial na loita pola promoción. Ata 4 xuvenís e un cadete, case sen durmir, tiñan que ir convocados ante as baixas dos de Josiño Abelenda. Pero o equipo saía firme e seguro, que pronto abría o marcador Iván. Seguían percutindo os locais, e Pichi e Bieito poñían terra de por medio antes do min 20.
Non reaccionou o equipo cormelán, nin coa presenza de 4 xuvenís (Brais de porteiro e xogadores de campo Héctor, José Antonio, Sergio e o cadete Gabri, que marcaría o quinto e a así seguir coa súa suma de goles nas tres categorías que xogou este ano (cadetes, xuvenil e liga da Costa).
Porteño - Outes (1-1)
- Goles: 0-1, m.38: Iván; 1-1, m.91: Darío de cabeza nunha falta.
Partido intenso, cunha primeira metade na que o Outes estivo mellor, cunha seria defensa e un ataque moi directo buscando aos seus 3 homes e arriba. Avisaba Keko cunha fermosa vaselina, se ben na outra área Miller e Darío tiraban demasiado cruzado. Si marcaba Iván preto do descanso tras un saque de banda, tendo aí varias ocasións os de Gonzalo para ampliar a vantaxe.
Comezaba igualado pero pouco a pouco o Porteño ía envorcando o campo, e tendo ocasións como un par de tiros de Darío e un de David, unha de Pablo e unha de Carra, pero Ryan estaba moi seguro na meta visitante, salvando tamén un bo tiro de Mayor. Foi xa no desconto cando Darío marcaba de falta e aínda houbo alguha ocasión máis.
Baio - Camariñas (3-0)
- Goles: 1-0, m.58: Sergio Antelo; 2-0, m.79: Rubén Porteiro; 3-0, m.88: Mamadou.
Comezaba moi ben o Camariñas, tendo varias ocasións na primeira metade por medio de Mario e Djibril, pero se atopaban cun gran Rodri na meta local. Pero a 5 do descanso, a expulsión de Rodri por unha patada, e a de Jorge na pequena tangada acabou co partido. Tivo Djibril que poñerse baixo paus, pero non puido conter a superioridade baiesa.<(p>
Monte Louro - Cabana (1-1)
- Goles: 0-1, m.28: Nando Rey a centro de Simón; 1-1, m.96: Álvaro Fari.
Partido sen nada en xogo, con calor, sen ritmo, que comezaba cun Cabana firme, que se adiantaba á media hora. Na segunda o Monte Louro buscaba o empate desde o inicio pero as ocasions máis claras foron de Pablo para os visitantes, que se atoparon con Pedro, que acabou protagonizando a peor nova do partido, por un golpe na cabeza que tivo que ir ao Hospital.
Despois de todo iso, no descontísimo, Álvaro Fari conseguía o empate.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.27: As dúas loitas que quedan ademais do título.
- O Camariñas, campión da Liga da Costa.
- X.26: O Camariñas, campión da Liga da Costa.
- X.25: O Camariñas sentenza media Liga da Costa en Fontenla.
- X.24: Todos poden caer.
- X.23: O Xallas deixa escapar ao Camariñas.
- X.22: O Xallas tropeza ante o pechacancelas.
- X.17: O Porteño frea ao Camariñas e o Xallas volve recurtar.
- X.21: O novo empate do Xallas permítelle ao Camariñas volver distanciarse.
- X.20: Camariñas e Soneira aproveitan as táboas dos rivais directos.
- X.19: Xallas e Camariñas manteñen a pelexa.
- X.18: O Xallas alcanza no alto ao Camariñas.
- X.16: O Xallas supera a proba do Baio e persegue ao líder.
- X.15: O Monte Louro tamén frea ao Camariñas e o Xallas apreta por detrás.
- X.14: O Soneira impide que o Camariñas remate o ano invicto.
- X.13: O Camariñas tamén pode co Baio.
- X.12: O Camariñas amplía a renda mentres Mazaricos e Porteño selan táboas demostrando melloría.
- X.11: O Camariñas amplía vantaxe a base de sufrimento.
- X.10: O Xallas empata no Vicente Carril.
- X.9: 4 perseguidores detrás do intratable Camariñas.
- X.8: O Camariñas non recúa ante o avance de Xallas e Baio.
- X.7: Todos os equipos xa coñecen o sabor da vitoria.
- X.6: Camariñas e Soneira manteñen o pulso.
- X.5: Os favoritos van collendo sitio.
- X.4: O Camariñas presenta candidatura.
- X.3: O babySoneira ponse de líder nunha Liga da Costa igualadísima.
- X.2: Finde de derbis.
- X.1: A Liga da Costa arrincou coa máxima emoción.