Fernando, alma do Ameixenda: "O fútbol afeccionado está a perder a esencia de ver rapaces xogando nos equipos do seu Concello”
Seguimos dando voz a esos que tanto traballan nun clube e sempre andan na sombra dos seus futbolistas.
Hoxe conversamos con Fernando Domímnguez, que nos relata un pouco da historia do Ameixenda, que actualmente non está viviendo os seus mellores momentos pero esperan revertir esa situación.
- QPC: Cpmo foi a creación do Ameixenda?
Na primavera do 2012 xuntáronse as gañas que xa había dende tempo atrás de crear un club de fútbol cunha xeración bastante boa de xogadores nados no pobo. Houbo unha implicación importante da xente a tódolos niveis (xogadores,afeccionados, etc). E, por suposto, o traballo de Carlos (o actual presidente), Bichinho, Andrea, Joshua,Teo, Momaño…, que armaron un equipo realmente competitivo nun tempo rñecord.
- QPC: Que filosofía rodea ó club?
Moi sinxela. A poder ser, xogadores da casa, do pobo. É o mellor para conservar unha identidade propia. O malo é que nestes momentos hai un "salto xeracional" entre os que empezaron e os que teñen que coller a remuda, xa que aínda son moi novos. Isto obriga a traer xogadores mesmo de fóra do Concello. E entón xorde un inconveniente derivado do segundo punto da nosa filosofía que é o feito de que ningún xogador cobra. E todos sabemos como se move o mercado de xogadores na Costa.
- QPC: Como foi a aceptación do Cee para compartir terreo de xogo?
É curioso porque non é a primeira vez que nos expoñen esta pregunta, coma se o campo pertencese ao U.C. Cee, cando é municipal. Nestes case oito anos foron varias as directivas do Cee con outros tantos adestradores e a relación con eles sempre foi excelente por non dicir extraordinaria. Houbo moitos momentos nos que foi necesario reaxustar horarios de partidos ou adestramentos e fíxose sempre buscando o menor prexuízo para ambos os clubs.
- QPC: Cal foi o mellor momento que tes do club?
Por suposto , o día do primeiro ascenso á Liga da Costa. Tan só dous anos dende a fundación do club, era algo case impensable. E despois de perder ese ascenso o ano anterior na xa famosa quenda de penaltis co Sp. Seaia, os xogadores merecíano xa que ese mesmo día fixeron a promesa de logralo.
- QPC: Os problemas do Ameixenda, foi non poder manterse na Liga da Costa nas ocasións que ascendéchedes?
Sinceramente, creo que non. Loxicamente, as semanas son máis bonitas estando en 2ª, pero somos conscientes das nosas posibilidades. Pensemos que o Muxía estivo dez anos sen subir. O Laxe, o Corcubión, o Nantón, o Monte Louro, o Porteño ou o Camelle non conseguen dar o salto e manterse. Temos que saber que o noso lugar pode ser a 3ª a maioría das veces e non pasa nada. Tamén é verdade que a primeira vez que estivemos na Liga da Costa, tiñamos equipo para non baixar pero...
- QPC: Varias tempadas estivéchedes curtos de efectivos. Évos difícil fichar?
A verdade é que cada vez resulta máis difícil. O fútbol afeccionado está a perder a esencia do que debería ser, rapaces xogando no equipo ou equipos do seu Concello. Cando te decatas que hai xogadores de 2ª cobrando máis de 500 euros ao mes e en Primeira ata 1000 euros, compréndese en que condicións participan uns e outros. Practicamente non podemos elixir os xogadores, senón tratar de fichar os que van quedando sen equipo para poder completar a plantilla.
- QPC: Tantos problemas como ten aguantar un club, que recompensa che dá?
O feito de axudar a que os rapaces fagan deporte xa é importante. Estamos a traballar en mellorar e facer medrar o club como institución independentemente dos resultados deportivos. Ampliar as instalacións de que dispoñemos, a posibilidade (que estamos a estudar) de manter unha colaboración cunha institución importante, etc. Sempre hai cousas por facer para que mereza a pena. E a experiencia de compartir moitas horas con xente realmente importante. Neste aspecto quero resaltar as charlas, sempre amenas, cunha das persoas máis importantes da historia da liga da Costa: Manuel Oliveira " Manolín".
- QPC: Esta tempada como a valoras?
Evidentemente, e non nos imos a enganar, non está a saír como esperábamos. Apostamos forte pola xente nova polas dificultades en fichar xogadores máis feitos. E non nos arrepentimos, pero na quinta xornada leváronnos a un de maneira digamos pouco elegante. Despois unha serie de lesións e ausencias fixeron que acudísemos a disputar varios encontros prácticamente sen suplentes. Hai que tratar de ver a parte positiva, que neste caso é que xa vas vendo quen está comprometido co club de cara ao futuro e quen non.
- QPC: Ves futuro ao Ameixenda se non estás ti ao pé do cañón?
A ver, que vai parecer que só traballo eu para o club. Carlos, aparte de ser o presi, está no taquilla ou na cantina, Jesús tamén axuda os días de partido, Noemí que se encarga da cantina e Juan está sempre dando ideas, contactando con xogadores, etc. É certo que eu paso máis horas pero porque quero. Claro que estaría ben que houbese máis xente traballando para o equipo pero é o que hai. E o futuro pódeno decidir os socios nas eleccións que haberá a final de tempada. Pero neste aspecto son optimista.
- QPC: E rolda pola mente deixalo ou nin pensas niso?
Como dixen antes, haberá eleccións. Se os socios elixen outros, sen problema facémonos ao carón e oxalá o fagan mellor. A realidade faime pensar que é moi posible que non se presente ninguén. Se é así teremos que seguir e ver de mellorar nas cousas que puidemos fallar. De momento non me expoño deixalo.
Os traballadores na sombra
- Rama, alma da Esteirana: “Sabes o gusto que dá poder levarte ca maioría dos xogadores cos que tiveches relación?“.
- Manolo López, alma do Dumbría: “Levo anos viaxando por moitos campos e máis ou menos sempre estamos os mesmos”.
ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC
- Manu Guillamet e Jairo explican as claves do seus importantes goles.
- Juan Porrúa, adestrador do Montelouro: "A 3ª está sendo máis competitiva do que esperaba”.
- Bruno Méndez: "Todo o que proba de árbitro, quédase”.
- Bieito e Basti analizan o derbi soneirán de 1ª.
- Os adestradores dos 4 primeiros analizan a Liga Xuveni.
- Miguel Ramos: “A intensidade e concentración coa que se viven e disputan os partidos aquí, só pasa na Costa”.
- Miguel Chouza, adestrador do Castriz: "O Fútbol da Costa é como unha burbulla que se mantén allea ás contaminacións do fútbol moderno”.
- Chicho, adestrador do Mazaricos: "O Fútbol da Costa cúrteche moito”.
- Juni, adestrador do Coristanco: “Sempre lle estarei agradecido a esta directiva por ter a valentía de poñer un proxecto tan ilusionante nas miñas mans”.
- Tolo: “Sen o traballo de toda a xente "invisible" do club non estaríamos aí”.
- Ordóñez e Abel analizan o derbi, por todo o alto, Camelle - Camariñas.
- Pesco e Julián fálannos do rexurdimento de Xallas e Volantes.
- Ángel López e Alberto Rodríguez analizan o derbi de Preferente entre Fisterra e Sofán.
- Pablo Mallón e Lelo falan do derbi pontecesán: “Un derbi é un derbi sexa a hora que sexa”.
- Iván Cancela e Cantudo, conversa cos adestradores da Selección Galega.
- Pedro Gómez e Santi Cambón: Dous carballeses, con casa en Verdillo, que lideran as táboas de 1ª Galicia e da Liga da Costa.
- Raúl Periscal: “Hai que volver ás orixes e deixarse de pagar, e facer unha base con xente da casa"
- Christian Caamaño e Iván Bouzón analizan ao detalle o derbi verde da Preferente.
- Pepe Wii e Jati: O Porteño – Camelle comeza a xogarse en QPC.
- Basti e Rivi analizan o derbi costeiro entre o Soneira SD e o CF Dumbría.
- Pablo Conde: ”Só buscamos que a xente que saíu das categorías base se asente”.
- Lelo: ”Sempre foi unha ilusión adestrar ao primeiro equipo”.