Domingo. 20.09.2020
El tiempo

Manu Guillamet e Jairo explican as claves do seus importantes goles

Jairo e Manu Guillamet, os protagonistas da pasada xornada na Liga da Costa
Jairo e Manu Guillamet, os protagonistas da pasada xornada na Liga da Costa
Manu Guillamet e Jairo explican as claves do seus importantes goles

Dous dos grandes protagonistas desta pasada xornada na Liga da Costa son dianteiros, e marcaban esta fin de semana 5 importantes goles. Manu Guillamet facía 2 na vitoria do Zas ante o Coristanco, a terceira do curso do cadro zaseiro. Jairo facía un triplete para vencer, co Malpica, en Cee.

Manu Guillamet, xogador do Zas

  • QPC: Os teus goles deron unha importante vitoria esta semana, credes na salvación?

- Guillamet: Si que creemos na salvación, temos que seguir pelexando en cada partido.

 
  • QPC: Que vos está pasando durante a liga para costarvos tanto gañar?

- Guillamet: Cando non saen as cousas é complicado. Fáltanos esa sorte que teñen outros equipos. Non temos tan mala plantilla para estar aí.

 
  • QPC: No persoal, levas 8 goles un dos mellores promedios goleadores da túa carreira. A que se debe?

- Guillamet: Ao xogar de dianteiro teño máis ocasións que cando o facia no mediocampo. Ademais agora tamén tiro penaltis (risas)

 
  • QPC: Para semana, partido importante contra o Cabana, un dos teus ex equipos, para saír do descendo directo?

- Guillamet: Si, vai ser un partido moi importante, polo que valen os puntos para os dous equipos. Ademais, será bonito polos amigos que teño no Cabana.

 
  • QPC: Chegas con catro amarillas, para a seguinte xornada encontro contra outro dos teus ex o Cerqueda. Vas ir con coidado en Cabana ou nin pensas en eso?

- Guillamet: Non sabía que tiña catro, así que terei que ir con coidado, non xogar contra o Cerqueda fastidiariame bastante.

 
  • QPC: Cabana, Cerqueda, Zas… parece que compaxinas ben co mister Raúl Periscal?

- Guillamet: Se vin o Zas, en parte é polo míster e por probar nun equipo novo. Raúl Periscal é moi bo adestrador ao igual que coma persoa.

 
  • QPC: Cada tempada estás mellorando. Este ano farás 35 anos, pensas en veteranos ou prefires seguir na Liga da Costa?

- Guillamet: Si, aínda qie non o pareza vou para 35… Intento mellorar sempre cada tempada. En Veteranos de momento non penso, intentarei seguir na Costa mentras o poida compaxinar e o corpo aguante.

Jairo, dianteiro do Malpica

  • QPC: O Cee só perdera dous partidos no Sampaio de Refoxos. Cal foi o método utilizado para sair vitoriosos?

- Jairo: O traballo en equipo creo que foi o método máis importante, e iso nós témolo en todos os partidos.

 
  • QPC: Tres puntos para o equipo e tres goles para ti. Como foi o teu partido?

- Jairo: O máis importante foi sacar os tres puntos, estamos moi contentos ca dinámica do equipo. Os tres goles está claro que non se marcan todos os días, pero eses tres tantos tamén son coa axuda dos compañeiros.

 
  • QPC: Estás acostumado a marcar hat-tricks?

- Jairo: A verdade é que facia tempo que non os metía, a ver se non é o último de este ano.

 
  • QPC: O Cee deixouche levar o balón? Que tal o recibimiento no vestiario?

- Jairo: Non, a verdade é que ao acabar o partido nin pensei niso. O primeiro que fixen foi felicitar un a un a os meus compañeiros. O recibimiento foron todo alegría e abrazos.

 
  • QPC: Cales son as túas virtudes e defectos como dianteiro?

- Jairo: A verdade é que non son dianteiro centro puro, pero si que me gusta xogar cerca da área. Unha das niñas virtudes é o desiquilibro e o golpeo rápido ao saír do regate; un defecto que estamos a mellorar é o recibir de costas e os remates por arriba.

 
  • QPC: Seis partidos xogados e seis goles. En que cifra goleadora che gustaría rematar a liga?

- Jairo: Pois non me poño cifra a verdade, cantos máis mellor, sempre que sumen puntos para a casa.

 
  • QPC: Que obxetivo ten o Malpica nesta liga?

- Jairo: Non é poñer obxetivos, se non seguir pelexando sempre por levar os tres puntos, e tamén temos claro que o que queremos é mirar cara arriba.

 

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

comentarios