Venres. 17.05.2024
El tiempo

FSF: O Fisober complícase a vida

Patri Romani co Fisober no Conco
Patri Romani co Fisober no Conco
FSF: O Fisober complícase a vida

A segunda derrota da tempada coma local do Fisober e a terceira da tempada fíxoas caer do liderato e deixas despois de toda a tempada sen depender delas mesmas para acadar ó título a falla de tres xornadas.

LIGA AUTONÓMICA - PREFERENTE GALICIA, XORNADA 27

  • Resultado : FISOBER FSF – FS CIDADE DE PONTEVEDRA (1-2),
  • FISOBER: Sharay, Nuriña, Paula Fandiño, Patri, Andrea, tamén xogaron: Saray, Myre, Nai.
  • Goles: 0-1 min 2 Ana, 1-1 min 19 Paula Fandiño, (descanso), 1-2 min 32 Leti.

Era sabido que ó Cidade é un equipo con ampla experiencia e moi perigoso sen presión coma así amosou en Dumbría, unindose ó Vilalba coma o único equipo quen de gañar as costeiras. Chegaban con moitas baixas ambos equipos, polo Fisober faltaban Barca, Ana e Adriana.

Non puido comezar peor o partido para o Fisober xa que no minuto dous Ana poñía en vantaxe as visitantes e facía remar contra corrente as costeiras. Algo que fixo que as de Fran Toba estiveran moi atenazadas e en ningún momento estiveran cómodas sobre a pista. Os nervios superaron as do Fisober. As do Cidade esperaron en media pista o que fixo que as locais apenas tiveran ocasións. No minuto 19 cando chegábamos case o tempo de lecer Paula Fandiño anotaba o gol do empate que daba folgos e novos bríos as locais.

A volta de vestiarios o guión segueu a ser o mesmo, cunhas locais incómodas e buscando demasiado xogo directo que non era satisfactorio na busca do triunfo. As visitantes veteranas nestas guerras esperaron a súa en media pista sabedoras de que nalgún momento podía chegar. No minuto 32 era Leti a que voltaba a poñer en vantaxe as visitantes e tirar un xarro de auga fría sobre as de Fran Toba. De novo os nervios nas costeiras na busca de polo menos ó empate con máis corazón ca cabeza.

O final ó Fisober non puido sacar nin un puntiño que as mantivera no liderato e dependendo de elas mesmas.
A vindeira xornada de novo coma locais o Fisober recibe a visita doutro perigoso rival como é o At. Arnoia, un conxunto moi similar ó Cidade.

Os Sénior fan historia

O senior masculino fixo historia e no seu primeiro ano clasificouse para a final de Copa en 1ª Autonómica, despois de remontar un catro a cero xa na segunda metade e na súa sexta visita da tempada a sempre difícil pista do Centro Penitenciario de Teixeiro. Na volta das semifinais de Copa de Primeira Autonómica senior masculina ó Fisober visitaba na tarde do sábado o P. do Centro Penitenciario de Teixeiro por sexta vez nesta tempada co resultado de sete a cinco a prol do Fisober.

Polo Fisober formaron: Víctor, Adrián, Javi, Carlos, Alberto Catalán; tamén xogaron: Iago, Juan Emilio, Edgar, Pablo Costa, Grille, Suso, Mario.
Os goles costeiros foron obra de Alberto Catalán e Adrián en dúas ocasións, Carlos, Pablo Costa e Javi nunha.

Na final terán coma rival ó campión de Liga o CD Composala, o novo xerme do histórico Santiago Futsal, en lugar e data por determinar.

Os Infantís

Infantis do Fisober con Juan oVello

Ademais, na liguiña de Copa de Primeira Autonómica infantil masculina ó Fisober recibía dentro da sétima xornada na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría ó Academia 5 Coruña FS D, co resultado de 12 a 3 a prol do Fisober.
Polo Fisober formaron: Adrián, Borja, Gael, Fran, Xavi, tamén xogaron: Joel, Iago, Juanma, Hugo, Xoel, Yerai. Os goles costeiros foron obra de Borja en sete ocasións, Hugo en tres ocasións, Xavi e Gael en unha.

MÁIS CRÓNICAS DO FSF.

CLASIFICACIÓN DA PREFERENTE FEMININA

OUTRAS NOVAS DO FUTFEM

Comentarios