Xoves. 07.11.2024
El tiempo

Futfem: O Bergan caeu no primeiro asalto e o Cee asegura praza na fase de ascenso

Mazaricos CF Feminino
O Mazaricos CF Feminino rematou a primeira fase
Futfem: O Bergan caeu no primeiro asalto e o Cee asegura praza na fase de ascenso

O Bergan comprobou que os fallos defensivos xa se pagan caros nestas fases de ascenso, e malia ter estado por diante e poder sentenciar, volveu de Sárdoma sen premio.

Na 2ª, a falta de 3 xornadas, o Cee aseguraba praza na fase de ascenso ao sumar os 3 puntos no derbi co Xallas. As Miúdas pelexaron ata o final, e o Cerqueda, malia caer contras o líder, mantén intactas as súas opcións de colarse entre as 4 primeiras.

Vencían de novo as amarelas do Mazaricos na Liga F7 de Santiago, que afrontan agora unha liguilla copeira do que as dúas primeiras pasarán de fase.

1ª Galega, Fase de Ascenso, xornada 1

Sárdoma B - Bergantiños (3-2)

Bergan fem

  • Bergantiños: Andrea, Noe, Tati, Lorena, Elena, Laura Caamaño, Yaiza, Inés, Lara, Alba e Cruz. Tamén: Laura Torrado, Carla, Paula, Marian e Bárbara.
  • Goles: 1-0, m.20: de penalti; 1-1, m.30: Lara López; 1-2, m.40: Cruz; 2-2, m.70; 3-2, m.85.

O choque comezaba coas costeiras ben situadas e co dominio do balón, pero sen profundidade. Mediada a primeira metade o Sárdoma se adiantaba tras un penalti cometido por unha perda de balón preto da área. Fixo cambios Gueli e foron os mellores momentos do cadro vermello conseguindo remontar ata o descanso e desbordando.

Comezaron moi ben as carballesas tamén na segunda, tendo sobre todo dúas ocasións moi claras, de Noe e Cruz, que fallaron sendos man a man. Perdoaron as costeiras e deixaron vivas a un cadro local que conseguía empatar. Ese gol fixo máis dano nas vermellas. Ademais, os cambios aprotaron frescura ás locais que acabaron mellor o partido e conseguiron o gol da vitoria nos últimos instantes.

 

2ª División Feminina, xornada 19

Cee - Xallas (2-0)

  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Laura, Nerea, Alba, Andrea, Antía, María Lijó, Sharay Caamaño, Uxía e Lucía. Tamén: Lucía Facal, Ruth, Sabela e Lucía Canosa.
  • Xallas: Rosio; Laura, Alicia, Leti, Maite; Michelle, Luchy, Rita; Yoli, Yasmina e Xastia. Tamén xogaron: Olalla, Tania, Rhany, Ines e Andrea Barbeira.
  • Goles: 1-0, m.22: Uxía; 2-0, m.40: Lucía Martínez.

Derbi tedioso, con calor no ambiente, cun ritmo lento, cun Xallas ben ordenado e un Cee que intentaba tocar pero que non estaba fino. Pronto encarrilou o choque o cadro de Rafa, pois antes do cooling break da primeira metade anotaría Uxía Lema nunha gran internada pola banda na que non puido facer nada Rosio. E no último minuto antes do descanso chegou o 2-0 obra de Lucía Martínez, que poría o partido moi costa arriba para as de Rupper.

O Xallas, na segunda parte tivo varias chegadas con perigo pero carecíu de puntería, quedando a segunda metade sen goles.

Noia - Cerqueda (3-1)

  • Cerqueda: Lidia, Gabi, Nuria Varela, Naroa, Paula, Raquel, Ana, Natalia, Saskia, Lorena e Eva. Tamén: Cris Veres, Nuria Veiga e Lucía.
  • Goles: 1-0, m.28; 2-0,m .75; 3-0, m.77; 3-1, m.86: Paula.

Tiña un desprazamento complicado o Cerqueda onte, ante as líderes da competición que esixiu moito a nivel defensivo. Poucas oportunidades para ambos equipos ao comezo do encontro, tendo o dominio o equipo local. Froito dese dominio, un fallo na comunicación nun balón no borde da área as malpicáns permitiron o primeiro gol á media hora, co que se chegaría ao descanso.

Na segunda parte, o intento de ir a polo empate, fixo que o medio campo local tivese máis espazo, chegando dous novos goles para as locais. Seguir pelexando deu os seus froitos para o Cerqueda co gol de Paula, cerca do final o que pechaba o partido con 3-1 a favor do Noia e supón a 4ª derrota para as de Xaviña que seguen mantendo as súas opcións de meterse na fase de ascenso.

Unión - As Miúdas (1-0)

  • As Miúdas: Adriana, Uxía, Mariña, Clara, Sofía; Ana, Alba (Noa), Saray; Leti; Marta e Paty .
  • Gol: 1-0, m.30.

Partido moi igualado o que dispoutaron as muradás en Rianxo. Se cadra, un pouquiño mellor as locais na primeira parte e as visitantes na segunda, pero era un choque sen ocasións no que a que se adiantara levaría os puntos. Marcaron as locais nunha chegada e non fixeron o segundo gracias á gran parada de Adriana.

Na segunda estiráronse as de Juan Carlos, que tiveron unha manchea de córners. Nos últimos 20 minutos non chegou o empate a pesar do bo tiro de Paty dende a frontal que parou a súa porteira de forma incrible e un remate de cabeza nun córner que as costeiras consideraron que o balón entrara.

Fantásticas, en calquera caso as muradás, loitando ata o minuto 95 como auténticas bravas a pesar de ir 12 na convocatoria.

 

Liga F7 Santiago, xornada 14

SD O Pino - Mazaricos (0-3)

  • Mazaricos: Pedrosa, Lucha, Fátima, Ánxela, Graciela, Tamara e Daniela. Tamén xogaron: María Jirra, Lúa, Seijas, Claudia e Katia.
  • Goles: 0-1, m.26: María Senra; 0-2, m.35: María Senra; 0-4, m.40: María Senra.

Derradeiro partido das rapazas na liga regular de fútbol 7. Primeira parte moi atascada para ambos equipos onde se pode destacar por parte das amarelas un man a man de Daniela e tres tiros lonxanos de Graci que non viron portería. Por parte do Pino tamén tiveron un tiro dende fóra da área ao que resposta cunha moi boa parada a base do poste María Pedrosa.

A segunda parte comezou moi de cara, onde unha enchufada María Senra atopaba espacios e situacións de gol que non desaproveitaba e conseguía facer un hattrick en menos de 15 minutos. Logo deste vendaval o partido tranquilizouse, e as de Borja Sueiro dominaron con balón e deixaron que pasaran os minutos.

Liguilla Copeira do Mazaricos
Liguilla Copeira da seguinte fase do Mazaricos

Novas do Álbum Futfem Galego

Crónicas do FUTFEM

Comentarios