Domingo. 05.05.2024
El tiempo

FUTFEM: O Dumbría bate na mesa cunha goleada ao Muxía

Dumbria feminino tras golear ao Muxi
O Dumbría celebrando nos vestiarios do Conco a goleada ao Muxía
FUTFEM: O Dumbría bate na mesa cunha goleada ao Muxía

Saiulle todo a unhas extramotivadas dumbriesas no partido máis importante da primeira volta da Liga da Costa Feminina. O cadro muxián, que levaba líder dende a xornada 2, recibiu unha goleada dun equipo dumbriés que esperaba competir pero non desa maneira, o que as aúpa ao liderato, cun punto de vantaxe sobre o Corme e 3 xa sobre o Muxía, e un partido menos que ambos.

O choque desta semana entre Corme e Dumbría será clave para ver como evoluciona a parte alta da táboa, pois o cadro de Santi Lira podería marchar con 6 puntos de vantaxe ao remate da primeira volta.

Mentres, na 2ª non está acabando ven o ano para as nosas, e só o Xallas foi quen de sumar os 3 puntos.

2ª Div. Feminina, Gr.1, xornada 13

Xallas - Santiso (2-1)

  • Xallas: Rosio; Laura, Alicia, Saskia, Carla; Andrea Otero, María, Luchy, Noelia; Olalla e Paula Barcia. Tamén xogaron: Leti, Paula Gándara, Yasmina, Daniela e Andrea Barbeira.
  • Goles: 1-0, m.25: Olalla; 2-0, m.65: Yasmina; 2-1, m.90: Rocío Carreira.

Partido no que as xalleiras saíron con toda a intención de poder levar os tres puntos e resarcirse dos últimos resultados negativos. E así foi como un Xallas moi ben estruturado e impóndose en cada centímetro do campo que non dou ningunha facilidade o equipo do Santiso. Aínda que o resultado final foi axustado ás feminas de Rupper tiveron numerosas ocasións para que o resultado fose moito mais abultado. As goleadoras Olalla e Yasmina, non faltaron a cita co que mellor se lle dá e os puntos quedaron no municipal de Fontenla. O gol visitante nun despiste da zaga xa foi no tempo de desconto.
O Xallas feminino con estes puntos sitúase nunha zoa morna pero sin descolgarse dos posto de arriba. A nota triste da xornada que enturviou o este último partido do ano foi protagonizada pola capi Luchy, que nunha acción illada coa porteira rival torceu un xeonllo e tivo que deixar o encontro camiño do hospital, onde tras diversas exploracións tratan de descartar que non sexa unha lesión ligamentosa grave.

San Roque - As Miúdas (9-0)

11 das Miudas decembr 2023

  • As Miúdas: Siaba, Atenea, Alba, Leire, Ana Romero, Sofía, Adriana Piñeiro, Marta Piñeiro, Paula López, Cris e Pati. Tamén: Elba, Ximena e Carlota.

Crúa derrota do cadro das Miúdas ante un San Roque da zona alta. Pero o equipo ten que seguir confiando na humildade e no traballo da canteira. As de Lucho aguantaron toda a primeira metade metidas no encontro, no que o cadro local só conseguía perforar unha vez a meta da brava Siaba. Pero. tormenta de goles da segunda foi inevitable.

Silva - Cee (5-0)

  • Cee: Noemi, Lucía Roc., Lucía Facal, Nerea, Sabela, Laura Blanco, Paula Veiga, Saray Duarte, Nayara, Sharay Caamaño e Lucía Martínez. Tamén: Lucía Sieir e Antía.

Mal partido das ceenses, que empezaon moi desconectadas, recibindo un tanto no m.2 e outros dous no 12 e no 14. Tralo descanso, xa con 4 ao lombo, as ceenses estiveron máis incisivas, con varias ocasións, pero sen acerto.

3ª Div. Feminina, Gr.2, xornada 13

Camariñas - Ponteceso (1-2)

  • Camarilñas: Karen, Laura Garrote, Uxía, María, Leti (Desiré), Cris Mouzo, Laura Pose, Nuria, Carla (Daniela), Saray (Ainoa) e Paula.
  • Ponteceso: María, Noe, Myre, Ainhoa, Saray, Silvia, Oanes, Claudia (Manti, m.90) , Mel, Andrea (Lucivili, m.90), Noemí. Tamén: Colores.
  • Goles: 0-1, m.44: Andrea de cabeza nun saque de curruncho; 0-2, m.66: Andrea dende fóra da área; 1-2, m.72: Paula Mouzo.
Capi do Bergan B e Paula Mouzo capi do Camarinas co colexiado Luis Insua
A Capi do Bergan B e a capi do Camariñas, Paula Mouzo, co colexiado Luis Insua

Partido igualado, cunha primeira metade dominaba territorialmente polo Ponteceso que xogaba co vento a favor. Aínda así non foi ata pouco antes do pitido final cando conseguiron poñerse por encima do marcador cun gol de cabeza de Andrea.

Saíu máis preisonante o Camariñas na segunda, que puido empatar por medio de Nuria nun saque de falta que pegaría no longueiro. Pero non entrou e na seguinte xogada nunha contra a goleadora Andrea poñería o 0-2 no marcador. Dez minutos despois , as locais reduciron a distancia aproveitándose dun córner por medio da capi e concelleira popular Paula Mouzo, pero non houbo tempo para máis.

Dumbría - Muxía (10-0)

  • Dumbría: Lía, Carril, Neli, Martina, María das Carisas, Kelly, Sabela, Eva Lema, Reyes, Paula Fandiño e Juliette, Tamén: Lissete, Lucía, Icía, Claudia e Yolanda.
  • Muxía: Sheila, Andrea Dom., Paula, Marta, Raquel, Marcela, Andrea Insua, Irene, Paula Rey, Elsa e Barca. Tamén: Denise, Nuria, Nerea, Adriana.
  • Goles: 1-0, m.15: Kelly; 2-0, m.22: Neli; 3-0, m.25: Paula Fandiño; 4-0, m.27: Paula Fandiño; 5-0, m.32: Carril de penalti; 6-0, m.38: Martina; 7-0, m.58: Juliette; 8-0, m.52: Eva Lema; 9-0, m.78: Yolanda; 10-0, m.87: Paula Fandiño.

O partido da primeira volta estivo marcado pola falta de Patri Romaní nas muxiás (estaba enferma a veterana). O choque empezou cun ritmo moi alto, co equipo local cunha presión moi intensa que non permitía estar cómodas ás de Santi. Pero na primeira chegada clara das locais, Kelly abría o marcador, cunha xornada de fortuna, o que obrigaba ás muxiás a abrirse un pouco. Enchufadísimas ao 120%, as locais tiveron 10 minutos de vendabal, tocando con calma e saíndolle cada pase, cada internada, “nese partido soñado onde todo o que tocas se convirte en ocasión”, anotando 4 goles e chegando a marchar 6-0 ao descanso.

As Corviñas descansan ata a volta de Nadal, pero este resultado non pode cambiar o doce sabor de boca que lle ten que deixar esta especular primeira volta da súa historia.

Bergantiños B - Corme (1-6)

  • Bergantiños B: Ari; María, Valeria, Sara, Aïsha; Aroa Varela, Erika, Amelia, Jimena, Carla; Antía. Tamén: Andrea.
  • Corme: Ana, Laura, Irene, Aurora (Carla Vázquez). Nati (Mónica), Olalla (Salomé), Carla, Nerea, Cris (Candela), María.
  • Goles: 0-1, m.1: María; 0-2, m.13: Carla; 0-3, m.17: Nati; 1-3, m.26: Antía; 1-4, m.45: Nerea; 1-5, m.60: Nati; 1-6, m.82: Mónica.

Con moitas baixas chegana o cadro de Nacho a este choque bergantiñán, no que o Corme foi superior en todo momento. As de Rubén Souto estiveron moi centradas, con moi boas sensacións co balón e coa presión alta, e dominaron todo o partido, agás un treito de 15 minutos ao remate da primeira metade no que as carballesas se colaron na áreaa de Ana.

Mazaricos - Fisterra (2-1)

Mazaricos feminno
Saray, co número 3, sufriu unha grave lesión
  • Mazaricos: Valeria, Saray, Graciela, Silvia, Mariña, Katia, Buján, Antía, Claudia, Lúa e Tamara. Tamén: Paula Maneiro, Paula Rod., María Antelo, Fátima e Araaceli.
  • Fisterra: Zaira, Paula, Lidia, Tamara, Elena, Xaira, Jimena, Tatiana, Aroa, Lucía e Andrea. Tamén: Antía, Zeltia, Rosa e Nicole.
  • Goles: 1-0, m.16: Graciela; 1-1, m.45: Andrea tras regatear a 5 defensas; 2-1, m.75: Tamara de falta.

Igualado partido o vivido en Mazaricos, que comezaba co tanto de Katia cunha falta que Zaira non pode blocar polo sol. Pero o Fisterra facía dano cunha Andrea espectacular, que despois de varias chegadas nas que se atopaba cunha gran Valeria, conseguía empatar ao fío do descanso. Antes tiveran as de Rachón algunha ocasión tamén para ampliara a renda.

A segunda metade foi igualada, coas amarelas tendo algunha ocasión máis, e conseguindo adiantar co tanto de Tamara. O Fisterra apretou no treito final e meteron na súa área ás locais enviando dous balóns á madeira.

Pero na última xogada do partido chegaba a mala nova: a mazaricá Saray sufría unha crúa lesión que a pode deixar fóra dos terreos de xogo para o que queda de temporada, e que tivo que ser evacuada en ambulancia.
Dende Mazaricos agradecen o bo trato de todas as xogadoras fisterráns, sobre todo Andrea, e do míster Fran, que desexa unha pronta recuperación á amarela.

Outes - Cerqueda (0-2)

  • Goles: 0-1, m.59: Lorena; 0-2, m.63: Lorena.

Partido con dúas partes totalmente opostas, cun primeiro tempo moi igualaado, no que os dous equipos se tantearon. Tivo o Outes uns 20 moi bos minutos que a piques estivo de anotar o seu segundo tanto da temporada, pero nin no man a man as da Serra puidero superar á meta visitante Paula Casal. Contra o final da primeira metade, o partido comezaba a volverse cada vez mais físico, con varios choques e xogadas con acumulacion de xogadoras.

A segunda metade, as visitantes aguantaron mellor e en dous zarpazos poñían terra por diante, practicamente nas primeiras dúas boas ocasións. Rematou o partido sen nada máis significante que moita loita no medio campo.

UD Cerqueda feminino celebrando a vitoria en Outes
Xogadoras do Cerqueda celebrando a vitoria en Outes

Nicrariense- Corcubión (0-3)

  • Corcubión: Elena, Alexandra Lojo, Victoria, Marta lavandeira, Carla, Cristina, Paula Trinidad, Helena, Daniela, Ana Sierra, e María Castro. Tamén: Elisa, Alexia e Claudia.
  • Goles: 0-1, m.4: en propia; 0-2, m.25: María Castro; 0-3, m.41: Helena dende lonxe.

Partido que comezaba ás 20.00h da tarde en Negreira, case de madrugada… Primeira parte solvente das de Rubén Castillo que se colocaban 0-3 cun gol en propia, un gol de María de córner e un golazo lonxano de Helena que se estrea como goleadora.

Xa na segunda baixou o ritmo tendo apenas un poste por parte de María, pero sen moito máis que as gañas de volver a casa.

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

CRÓNICAS DO FUTFEM

Comentarios