LigadaCostaFEM: O Soneira acariña o título e ábrese a loita polo 2º posto

O Soneira celebrando a vitoria chave

Vitoria, máis apretada do que sinala o marcador, do Soneira na gran final adiantada da Liga da Costa FEM. A falta de 4 xornadas para o final, as de Roland deixaron a 8 puntos ao EF Juan Cabrejo, metendo ademais no lío da pelexa polo ascenso directo ás camariñás. O Outes, que goleou ao Zas, e. o Cabana, que venceu ao Dumbría, póñense a 1 e 2 puntos das vila do Encaixe, deixando a pelexar polo ascendo directo á 2ª Div. abertas ata final de Liga. De feito, o vindeiro domingo, Juan Cabrejo-Outes no Vicente Carril.

Soneira - EF Juan Cabrejo (5-0)

  • Soneira: Karen, Noa Forján, Paula Carril, Sara, Uxía Lema, Candela, Ana Mouzo, Leila, Tamara, Kelly e Kenny. Tamén: Laura, Cristal, Sara Agra, Uxía Albores e Cris.
  • EF Juan Cabrejo: Maira; Aitana, Rosana (Brenda), Rocío, Uxía (Alba), María, Laura Pose, Yara, Ana Lelucha (Lola), Laura Paredes e Paula Mozo.
  • Goles: 1-0, m.21: Kenny; 2-0, m.54: Kelly dende lonxe; 3-0, m.60: Kenny; 4-0, m.65: Kelly; 5-0, m.82: Kenny.

Partidazo da xornada o vivido na mañá do domingo entre os dous primeiros clasificados da liga, cun Irmandiño cheo ata a bandeira. Comezaba o choque moi igualado, cun Juan Cabrejo moi intenso, que chegaba máis á portería contraria, pero era Kenny a que abria o marcador nunh dos poucos achegamentos das locais cun tanto protestado polas visitantes por unha posible man.

Na segunda marcaba pronto Kelly, coa axuda de Maira. Aí pediron as camariñás un penalti sobre Yara pero o colexiado non sinlaou e na seguinte xogada Kenny facía o terceiro facendo que as visitantes baixasen os brazos. As K-Pop irmandiñas completaron a goleada.

Os Miúdos - Xallas B (1-2)

  • Os Miúdos: Zaira, Atenea, Leire, Iria, Ana Romero, Adriana Piñeiro, Salomé, Clara, María García, Alba e Sofía Caamaño. Tamén: Lucía e Nicole.
  • Xallas B: Peta, Alba, Lucía, Carmen, Judit, Laura, Mar, Saray, Yaiza, Cali e Michelle. Tamén: Patricia, Naiara, Valeria, Carmen.
  • Goles: 0-1, m.8: Cali tras un roubo e centro de Judit; 0.2, m.40: Yaiza; 1-2, m.58: Salomé.

Partido entretenido e moi igualado, no que saían moi ben as visitantes marcando moi pronto. Tivo un penalti o cadro muradán para empatar pero se atoparon con Peta, pouco antes de que Yaiza ampliase a renda no que estaba sendo o mellor partido das de Noe Vimi no que vai de curso.

Apretaron na segunda as de Mané Senande, recurtando e sendo mellores pero se atoparon cun sólido cadro xalleiro que impediron un empate que puido ter sido xusto.

Ponteceso - Corcubión (1-3)

  • Ponteceso: María Lema, Sabela, Nerea, Neira, Elena Bussto, Eva Carril, Laura Rod. Lorena, Lucivili, Pena, Virgi. Tamén: Candela, Iria Baneira, Uxía e Maica.
  • Corcubión: Marta, Ana Sierra, Alexandra, Carla, Cris, Sandra García, Sandra López, Lucía Garea, Andrea Romero, Lara e Helena López. Tamén: Jimena.
  • Goles: 0-1, m.15: Andrea Romero; 0-2, m.18: Sandra Martínez; 1-2, m.35: Lorena; 1-3, m.90: Andrea Romero.

Partido igualado no Pinghuel cun Corcubión con moitas baixas no que a xogadora Marta tiña que poñerse baixo paus. Avisou Virgi para as de Alex Chouciño e Pablo, cun man a man que salvou cos pés a propia Marta, pero pronto Andrea Romero deixaba ver a súa calidade abrindo o marcadoc cun golazo dende fóra da área. De contado, Sandra facía o segundo. Apretou ata o descanso o cadro local, con máis intensidade, recurtando por medio de Lorena que viu á porteira moi adiantada e picoulla desde fóra da área.

Intentouno, sen moito control, o cadro pondaliano e tivo Virgi un rexeite tras unha falta lateral para empatar. Tamén o Corcubión fixo aparecer a María Lema en varias ocasións e ao longueiro, antes de que Andrea Romero finiquitase o choque.

Cabana - Dubra (3-1)

  • Cabana: Miriam, Idania (Sabela), Mireia, Aroa, Begoña (Iria), Inma, Alejandra (María Souto), Irene, Marta (Adriana), Nerea (Laura), Silvia.
  • Goles: 0-1,m .10: Daniela Nieto; 1-1, m.38: Aroa nun córner; 2-1, m.42: Myre nun córner; 3-1, m.73: Laura.

Sufriu o Cabana para sacar os 3 puntos ante un moi mellorado Dubra. E iso que saían moi enchufadas as de José Manuel, que encaixaban pronto tras un esvarón de Miriam, que deixaba a Daniela só a porta baleira. Seguiu apretando o cadro local, e nun arreón antes do descanso, en dous córners, Aroa e Myre dábanlle a volta ao marcador.

Tralo entretempo o partido seguiu polos mismos derroteiros e Laura tras un pase interior de Irene poñia o terceiro para as cabanesas que se volveron atopar cos postes noutras dúas veces.

Outes - Zas (8-2)

11 do Outes dedicoulle a vitoria a Natividad
  • Outes: Lía, Fátima, Antía, Alicia, Erika, Natalia, Uxía, Carmen Capos, Carla, Miriam e Laura Lires. Tamén: Leire, Candela Vidal, Marta Calvo, e Candela Caamaño.
11 do Sporting Zas
  • Zas: Noelia, Tania, Antía, Andrea, Sara , Alvite, Carlota, Jimena, Nuria, Lucia e Nerea. Tamén: Atenea, Valeria, Laura e Lorena.
  • Goles: 1-0, m.19. Carla Vidal; 2-0, m.22: Laura Lires; 2-1, m.39: Carlota; 3-1, m.43: Carla Vidal; 3-2, m.44: Nerea; 4-2, m.55: Laura Lires; 5-2, m.60: Marta Calvo; 6-2, m.79: Marta Calvo de penalti; 7-2,m .84: Laura Lires; 8-2, m.85: Marta Calvo.

Dedicoulle a vitoria o Outes á compañeira Natividad, que esta semana comprobou que a súa lesión era máis grave do esperado. O choque foi máis igualado do que sinala o marcador. A primeira foi moi parella, con moita loita, intensidade e balóns divididos que se rompía no minuto 20 cando Laura logra encontrar no espacio a Carla e esta abre o marcador con un bo tiro cruzado. Aos poucos minutos e Laura que mete o segundo con un tiro lonxano. O partido seguía con moito físico, con chegadas nas dúas áreas apretando o marcador con 3-2 ao descanso.

Na segunda, a entrada de Marta Calvo nas locals e as lesións na zona defensiva zaseira de Andrea, Noelia e Atenea, cambiaba o rumbo do partido. Marta, cunha presión e unha pegada doutra categoría, deixou o partido visto para sentenza moi pronto e seguiu percutindo durante toda a segunda metade, completando tanto ela como Laura Lires sendos tripletes.

Crónicas da #LigadaCostaFEM

Crónicas da 1ª e 2ª Div.

Máis info