#LigadaCostaFEM: O Soneira celebrou o título no Cubaleiro… e en Vimianzo!

O Soneira SD celebrando o titulo da LigadaCOsta FEM no Cubaleiro
  • O Outes venceu en Camariñas e adianta ás encaixeiras na loita pola segunda prazas de ascenso directo que apreta o Cabana.

Tras vencer a semana ao EF Juan Cabrejo, o Soneira confirmou o título da #LigadaCostaFEM e o ascenso á 2ª Div.. As de Roland e Oli vencían en Corcubión e aproveitaban a derrota do Juan Cabrejo ante o Outes, no partidazo da xornada, para sentenciar tamén o ascenso directo.

Precisamente queda aberta, nas 3 xornadas que quedan por diante, esa segunda praza polo ascenso directo. O Outes deu un paso de xigante ao vencer no Vicente Carril, e saca un punto ás camariñás e ten o golaveraxe individual a favor. Pero en fronte terá que pelexar tamén co Cabana, que apreta as cousas aí arriba, cun Outes-Cabana na última xornada.

3ª Div. Fem., Gr.3, xornada 19

Xallas B - Cabana (1-3)

  • Xallas: Peta, Luchy, Carmen Pena, Judit, Dani, Laura, Mar, Saray, Yaiza, Cali e Michelle. Tamén: Alba, Naiara, Marta, Carmen Pombo e Noa.
  • Cabana: Miriam, Nuria (Idania),Iria (Sabela), Mireia, Aroa, Irene, Inma, Alejandra, María Souto (María Gómez), Laura (Adriana), Nerea.
  • Goles: 1-0, m.8: Luchy; 1-1, m.42: Nerea; 1-2, m.45: Irene; 1-3, m.60: Aroa.

Saíron moi ben as xalleiras, que se adiantaban moi pronto no marcador. O Cabana foi recuperando posicións pero á contra as de Noe Vimi tiveorn algunha. Antes do descanso Nerea faría o empate tras un pase de María Souto. Un tanto que caeu como unha losa de cemento nas nosas, e neses minutos antes do descanso o partido partiriase e o Cabana poñeriase por diante no marcador xusto antes de ir aos vestiario, cun centro den novo de Maria que remataba Irene.
Tras a volta do vestuario o equipo xalleiro sairía mellor posicionado, e dando algún susto, pero xa coas forzas mermadas o Cabana imporía o 1-3 definitivo.

SD Cabana en Fontenla

Juan Cabrejo - Outes (0-1)

  • EF Juan Cabrejo: Desiré, Rosana (Alba), Rocío, María, Uxía, Laura Pose, Ana Lelucha (Brenda), Yara, Laura Paredes, Maira (Lola) e Paula Mouzo.
  • Outes: Candela, Fátima, Alicia, Iria, Natalia, Uxía, Carmen Campos, Carla, Mirian, Gema Roo e Laura Lires. Tamén: Antía, Erika, e Candela.
  • Gol: 0-1, m.31: Laura Lires pola escuadra.

Partido de alta tensión, coa segunda praza en xogo. As camariñás saían firmes, ben posicionadas, pelexando cada balón, con Yara e Paula Mouzo movéndose e creando perigo. Pero as de Dani Salgueiro tamén estaban intensas e despois de moito intercambio no medio campo, colocábanse por diante gracias a un trallazo de Laura Lires (que volveu facer un partidazo) á media hora á saída dun córner.
Na segudna cambiaron as tornas. As de Juan Cabrejo e Pepucho dominaron metendo ao Outes no seu campo, tendo varias ocasións para empatar, pero as da Serra estiveron moi firmes. Ata de penalti puido empatar o cadro local, pero Candela acertou o tiro de Yara e blocou o balón para redondar o seu paridazo. Quedaban 10 minutos aí e aínda puido pasar de todo, porque ademais da presión local, Erika e Laura tiveorn un par de ocasións para ampliar a renda.

O Outes FC tras vencer en Camariñas

Corcubión - Soneira (1-4)

  • Corcubión: Xiana, Marta, Carla, Sandra García, Andrea Rod., Lara, Helena, Sandra López, Cris, Andrea Romero e Jimena. Tamén: Lucía, Tati e Garea.
  • Soneira: Karen, Noa Forján, Laura Calvo, Leila, Sara, Luana, Paula Carril, Ana Mouzo, Tamara, Kelly e Kenny. Tamén: Dani, Marce, Uxía, María e Cris.
  • Goles: 1-0, m.32: Andrea Romero; 1-1, m.44: Kennny, 1-2, m.45+2: Kelly; 1-3, m.68: Kenny; 1-4, m.82: Kenny.

Mañá de sol no Novo Cubaleiro e cunha grada chea de afeccionados que esperaban, moitas de Vimianzo que esperaban unha vitoria e un tropezo das segundas clasificadas para consumar un título ligueiro no seu segundo ano de vida.

Comezaban as de Roland o partido intensas e concentradas, recuperando e ganando balóns na metade do campo e facendo dano con transicións rápidas. Pero en contra estaba un Corcubión que fixo unha gran primeira metade, aguantando ben, moi intensa, e meténdose por diante cun golazo de Andrea Romero.

Pero o Soneira pegou un arreón antes do descanso, e a base de garra e coraxe, avisaron cunha falta de Tamara ao longueiro, e dous zarpazos de Kenny e Kelly de tiro lonxano dáballe a volta ao marcador.

Na segunda, o Corcubión foi perdendo folgos ante un Soneira espoleado e coas gañas de celebrar, marcando dous máis Kenny, que firmou un novo triplete, e que se achega ao pichichi con 39 tantos, 11 máis de Laura Lires.

Asi, coa vitoria de Outes en Camariñas e a nosa en Corcubión consumabase o título faltando 3 xornadas para terminar a competición. Premio a un traballo espectacular de toda a plantilla durante a liga e que se celebrou durante todo o domingo en Vimianzo.

O SOoneira SD celebrando o título por Vimianzo

Así celebraron o título e o ascenso no Cubaleiro as soneirás.

Zas - A Baña (5-1)

  • Zas: Alvite, Sara, Lorena,  Carlota, Jimena, Tania, Lucía, Lara, Nuria, Antía e Nerea. Tamén: Valeria, Alba, Laura e Noelia.
  • Goles: 1-0, m.9: Nerea; 1-1, m.23: Natalia; 2-1, m.30: Nuria; 3-1, m.32: Nerea; 4-1, m.46: Nerea; 5-1, m.81: En propia.

Partido dominado de principio a fin polo Zas, cas ausencias defensivas da xornada pasada, practicamente xa terminaron a temporada. O equipo tuvo que volver a readaptarse, pero está vez dunha forma máis ofensiva. O equipo xerou moitas ocasións, con Nerea como máxima artilleira, e Nuria, nunha das súas xogadas marca da casa, poñía en vantaxe. 

Na segunda, as locais apretaron e fixeron á porteira local na mellor do partido.

Nerea do Sporting Zas

 

Crónicas da #LigadaCostaFEM

Crónicas da 1ª e 2ª Div.

Máis info