Rama, alma da Esteirana: “Sabes o gusto que dá poder levarte ca maioría dos xogadores cos que tiveches relación?“
Seguimos coñecendo toda esa xente silenciosa que fan posible que cada domingo 32 rapaces salten ao campo de xogo a facer o que máis lles gusta. Esa xente, como Manolo López, alma do Dumbría, que traballa dende a sombra para que o resto poidamos disfrutar.
Hoxe imos ata Esteiro, onde Jose Ricardo García Rama, é o culpable, dende hai 8 anos, de que todo vaia tan ben, de que as cores “roxiazuis” se visibilicen en toda a provincia.
- QPC: As persoas de Esteiro coñécente ben, pero ti como te definirías?
Son unha persoa que se dedica ao seu traballo e á familia, e despois o tempo que podo adícollo á Esteirana.
- QPC: Como chegaches a Esteirana?
Eu vivía en Noia tendo os rapaces xogando ali, pero por temas familiares tivemos que virnos para Esteiro, incorporándose os dous pequenos a xogar aquí, e Kiko propúxome entrenar aos infantís.
- QPC: Que e para ti a Esteirana?
Ante todo un sentimento (roxiazul), que á verdade me enganchou desde o principio, e que a verdade é precioso ver a ilusión que teñen todos rapaces de todos os equipos inferiores cos xogadores seniors. Ademais de ver as gradas todos os domingos con máis de 200 persoas no campo.
- QPC: Cantos anos levas dedicado o club?
Empecei de entrenador no 2012 e continuei na seguinte temporada.
Posteriormente no 2015 colleu a presidencia Manolo Ferrolán e formuloume levar a coordinación dos equipos, co que sigo actualmente.
- QPC: Cal é o aspecto que lle parece máis gratificante do seu traballo?
Iso téñoo moi claro. Sabes o gusto que dá poder levarte ca maioría dos xogadores cos que tiveches relación en todos estes anos? Ten en conta que ademais de estar na Esteirana, tamén entrenei nas categorías inferiores do Noia anteriormente e podo presumir das grandes relacións que fixen durante este tempo.
- QPC: Cando pasas tanto tempo nesta afección, repercute na familia?
- QPC: Como viviches a tempada pasada?
Foi unha temporada agridoce. Por un lado tivemos a desgracia de descender pero polo contrario acadamos a Copa da Costa. Porén, como eu digo o descenso non se recordará dentro de uns anos pero a Copa queda para toda a vida.
Directivos da Esteirana celebrando a Copa da Costa
- QPC: E como estás vendo a tempada actual?
Con moita ilusión. Agora mesmo estamos a 3 puntos do líder e teñen que vir xogar ao Xosé Luis Vara os dous primeiros, polo que estamos na loita polo ascenso.
- QPC: Como coordinador da base, que principios fundamentais cres que se deben de traballar nunha escuela de fútbol?
O principal é que os rapaces veñan con ilusión a xogar e disfrutar co fútbol ca idea de que algún día poidan chegar a xogar cos seniors e si despois sae algún que poda xogar en categorías superiores e levar o nome de Esteiro polos campos, mellor aínda.
- QPC: Co auxe do fútbol feminino está en mente crear un equipo?
Por agora é moi complicado xa que temos moi poucas rapazas, aínda que cada ano que pasa se incorporan máis.
- QPC: Ten un soño para o club ou xa se realizou?
Debemos de ser realistas e saber que somos un club modesto onde non cobramos cota os xogadores das categorías inferiores e que o equipo senior está formado por xogadores que estiveron na nosa canteira, salvo Elías e Jorge.
Por iso a nosa máxima aspiración sería acadar a 1ª Rexional e manternos uns anos e ca misma filosofía (xogadores da casa con algún reforzo que nos dea un salto de calidade).
- QPC: Tantos anos apoiando as cores blaugrana, no fútbol profesional tamén tes os mesmos gustos?
Non. Eu son blanco acérrimo.
ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC
- Bruno Méndez: "Todo o que proba de árbitro, quédase”.
- Bieito e Basti analizan o derbi soneirán de 1ª.
- Manolo López, alma do Dumbría: “Levo anos viaxando por moitos campos e máis ou menos sempre estamos os mesmos”.
- Os adestradores dos 4 primeiros analizan a Liga Xuveni.
- Miguel Ramos: “A intensidade e concentración coa que se viven e disputan os partidos aquí, só pasa na Costa”.
- Miguel Chouza, adestrador do Castriz: "O Fútbol da Costa é como unha burbulla que se mantén allea ás contaminacións do fútbol moderno”.
- Chicho, adestrador do Mazaricos: "O Fútbol da Costa cúrteche moito”.
- Juni, adestrador do Coristanco: “Sempre lle estarei agradecido a esta directiva por ter a valentía de poñer un proxecto tan ilusionante nas miñas mans”.
- Tolo: “Sen o traballo de toda a xente "invisible" do club non estaríamos aí”.
- Ordóñez e Abel analizan o derbi, por todo o alto, Camelle - Camariñas.
- Pesco e Julián fálannos do rexurdimento de Xallas e Volantes.
- Ángel López e Alberto Rodríguez analizan o derbi de Preferente entre Fisterra e Sofán.
- Pablo Mallón e Lelo falan do derbi pontecesán: “Un derbi é un derbi sexa a hora que sexa”.
- Conversa con Iván Cancela e Cantudo, adestradores da Selección Galega.
- Pedro Gómez e Santi Cambón: Dous carballeses, con casa en Verdillo, que lideran as táboas de 1ª Galicia e da Liga da Costa.
- Raúl Periscal: “Hai que volver ás orixes e deixarse de pagar, e facer unha base con xente da casa"
- Christian Caamaño e Iván Bouzón analizan ao detalle o derbi verde da Preferente.
- Pepe Wii e Jati: O Porteño – Camelle comeza a xogarse en QPC.
- Basti e Rivi analizan o derbi costeiro entre o Soneira SD e o CF Dumbría.
- Pablo Conde: ”Só buscamos que a xente que saíu das categorías base se asente”.
- Lelo: ”Sempre foi unha ilusión adestrar ao primeiro equipo”.