Venres. 29.03.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Todos xogan

3ª Autonómica: Todos xogan
Corcubion-Nanton A Clínica Fisioterapia A Xunqueira, de Manuel Mira Llopis, patrocina da 3ª da Costa - Coñécenos a través do Facebook

Xa contan todos con vitorias no seu haber e a igualdade estase convertindo na gran protagonista desta 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira a estas alturas. Segue o Ameixenda destacado, pero tivo que sufrir, e moito, para vencer a un dos de abaixo, o Castrelo, dando conta da igualdade da categoría. Un Castrelo que con 11 puntos, igualado co Muxía, aínda están a tempo de meterse na pelexa polas prazas de Promoción, pois están a só 6 puntos do Coristanco.

Corcubión e Nantón quedaron como estaban, empatados tralo seu empate. Muxía e Lira asinaron tamén táboas, e a outra vitoria da xornada, tamén pola mínima, foi a primeira vitoria da tempada do Laxe, que se pisa o acelerador, aínda estará a tempo de collelos.


Corcubión - Nantón (3-3)

Sebas e Luis capis do Corcubion e Nanton
  • CORCUBIÓN: Beto, Balucho (Alberto, min.80), Jose (Javi Floreal, min.75), Marco, Javi (Trillo, min.60), Toja, Sebas, Lema, Gorka, Lourido e Gabi.
  • NANTÓN: : Guillermo, Eloy, Félix, Diego, Dani Costa, Amado, David, Luís, Martín, Iván e Lareu.
  • Goles: 0-1, min.23: Iván; 1-1, min.28: Sebas; 2-1, min.33: Gorka; 2-2, min.43: Dani Costa; 2-3, min.83: Luís; 3-3, min.89: Gorka.

Partido de poder a poder, con alternativas no dominio do balón e no marcador no Cubeleiro, con dous grandes equipos que aspiran a meterse, cando menos, na Promoción. Comezou o choque con ida e volta, sen un dominador claro. Adiantábase o Nantón pero pronto Sebas empataba. Antes do descanso, Gorka, unha das revelacións da temporada, metía aos de Lema por diante, pero Dani Costa puña as táboas de novo ao fío do descanso.

Tremendamente igualada era a segunda metade, con poucas ocasións, pero para os dous equipos. Quedaban 7 minutos cando Luís anotaba o seu 9º gol metendo por diante ao cabaneses. Volcouse aí o cadro local sobre a meta de Guillermo, e o empate chegaría case que co tempo cumplido nun novo tanto de Gorka, deixando as táboas no marcador e o reparto final de puntos.

Gol de Gorka para o Corcubion

Castrelo - Ameixenda (0-1)

  • CASTRELO: David Buxantes, Ozón, Pichón (Estebo, min.66), Luís, Marcos (David Caamaño, min.70), Roi, Stiven, Víctor (Edreira, min.53), Suso e Félix (Raúl, min.57).
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Jorge, Mir, Javichu, Camacho, Jesús, Momaño (Antón Lestón, min.52), Borja (Bichiño, min.61), Cristian, Víctor (David, min.80) e Mario (Demetrio, min.71).
  • Gol: 0-1, min.56: Mario.

Partido intenso o vivido no municipal vimiancés no que a calidade dos de Manoín foi clave. I é que esa pumnta de ataque con Cristina, Víctor e Mario é doutra categoría. O choque viña ademais marcado polas baixas do Castrelo, ata 6 titulares (Darío, Quintáns, Israel, Berdoias, Capote, Elvis).

Foi un choque de poucas ocasions de gol, nun partido no que a forza e a constancia do Castrelo foi contrarrestrado co toque dos ceenses. Antes do descanso nunha falta lateral Ozón dispuxo dunha ocasión pero non acertou no remate ao segundo pau.

A segunda metade comezaría tamén igualada. Pouco despois, chegaba o gol de Mario, un xogador sempre en sintonía co gol, despois dunha boa internada de Víctor.


Muxía - Lira (0-0)

  • MUXÍA: Jose Antonio, Peski, Pataca, Ruso, Martinciño, Esteban, Javi, Conguito (Antoniño, min.70), Iván, Tomás (Rubén, min.85) e Gerardo.
  • LIRA: Peipo, Yeray, Pelos, Miki, Paqui, Josiño, Pata, Cibrán, Oli, Manu e Adrián. Yamén: Mauro, Trozo, Germán, Javi e Adán.
  • Expulsións: o muxián Javi no min.60 e o liracho 5 minutos máis tarde.

Partido igualado, algo máis dominado polo cadro local, que fallou moitas ocasións de gol, incluso un penalti tirado por Pataca que pararía Peipo á media hora. Ademais, os dous equipos quedaban con 10 na segunda metade e o campo se facía demasiado pesado.

Un par de ocasións cómpre destacar por cada bando: un tiro ao longueiro dos lirachos, e un remate de cabeza de Pataca para os muxiáns que tiña que sacar a defensa baixo paus.


Laxe - Cerqueda (2-1)

  • LAXE: Anxo, Iván, Carlos, Jaja, Gora, Borja, Miguel, Dani, Roberto, Churi e Samueliño.
  • CERQUEDA: Rubén, Pailos (Pedro, min.80), Atu (Pablo, min.25), Sergio, Javi Pazos, Jhonny, Lorenzo, Luchy (Jacobo, min.46), Darío, Javi e Martín (Juanjo, min.85).
  • Goles: 1-0, min.10: Gora, tras saque de curruncho; 1-1, min.26: Darío, 2-1, min.38: Samueliño á media volta na área.
  • Expulsión: Gora do Laxe no min.55 e Javi Pazos, do Cerqueda, no min.70, os dous por doble amarela.

Por fin gañou o Laxe. Primeira vitoria da temporada para os de Toni, tras 13 xornadas, se ben nas 4 últimas o equipo merecía máis. E chegou nun partido moi intenso, no que Anxo, o meta laxense, foi o gran protagonista.

Todo aconteceu na primeira metade. Gora adiantaba aos locais de córner, non se antes ter avisado, nada máis comezar por medio de Zurich. Empataba o Cerqueda por medio de Darío, pero antes do descanso volvía Samueliño meter por diante aos locais.

Na segunda parte, tocaba poñerse o mono de traballo ao Laxe. O Cerqueda tomou o mando, e foron 45 minutos de gran intensidade polos dous equipos, quedando ambos con 10.


Crónicas da 3ª Autonómica

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios