Martes. 14.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Pelexando polo podio

Xuvenís: Pelexando polo podio
Ponteceso e Malpica xuv-Foto-Ponteceso SD

Máis que interesantes se poñen as Ligas Xuvenís. Polo Sur, o XSC segue implacable de goleada en goleada e o Dumbría non quere volver pecar de falta de intensidade. Parece que ambos manterán un gran pulso arriba, e a loita pola 3ª praza será intensa. Polo de pronto pode que entren todos os equipos, agás o Corcubión, que aínda non puntuou a pesar da melloría.

Mentres, polo Norte, o partido da semana era o choque entre os dous líderes. Coristanco e Camariñas mantéñense no máis alto tralo empate colleitando na vila bergantiñá. Non aproveitou a ocasión o Cabana que se viu sorprendido polo Zas nas Redondas. Así, Porteño, Corme e o cadro zaense métense na loita, mentres Ponteceso, Baio, Malpica e laxe seguen afundidos.

banner-tenda-maisdeporte-cee

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 6

Esteirana - Dumbría (0-4)

  • ESTEIRANA: Xacobe (MJ, min.45), Sergio, Tobío, Brais (Bertnín, min.65), Borja, Tiko, Damián, Fabio (Rafa, min.60), Áxel, Pablo e Juan.
  • DUMBRÍA: Bruno, Roberto, Maikel, Canario, Yeray, Pablo, Lucas, Jano, Edu, Marco e Juan de Dora. Tamén xogaron; Paulo, Charly, Cabana, Josiño e Portu.
  • Goles: 0-1, min.2: Marcote; 0-2, min.7: Pablo; 0-3, min.18: Juan de Dora; 0-4, min.30: Edu.

Claridade no resultado e tamén no xogo na tarde do sábado en Esteiro. Pasou o Dumbría coma un ciclón a arrasou a un conxunto local que se viu desbordado. Bastantes cambios na alineación dos locais e uns dumbrieses que saíron a morder tras o sorprendente empate a semana pasada na casa. Así marcaron a diferencia desde o pitido inicial con dous goles madrugadores que xa deixaron tocados ós da casa cunha primeira metade espectacular.

Aínda ampliaron máis a distancia na primeira e tras o descanso non houbo goles, aínda q sí ocasións para os visitantes. Vitoria para o Dumbría que deixou moi boa impresión na Salina, xogando un fútbol moi dinámico e con profundidade.

Outes - Os Miudos (4-1)

  • OUTES: Cutu, Joel, César (Fran), Brión, Simón, Adri, Álvaro, Samu (Saul ), Xurxo (Borja), Veleiro (Fabio) e Santi (Sergio).
  • OS MIÚDOS: Ángel, Eloy, Álvaro, Cristian, Yeray, Airán, Saúl, Miguel, Hugo, Juanche e Samuel. Tamén xogaron: Piki, Tajes, Jorge, Anxo e Licerino.
  • Goles: 1-0, min.12: Joel cun golazo dende case que o medio campo; 2-0, min.19: Joel de tiro lonxano; 3-0, min.50: Álvaro; 4-0, min.53: Veleiro de penalti; 4-1, min.60: Airán.
  • Lesión: o local Samuel, volveu dislocar un hombreiro xa operado.

Partido moi bo do Outes, sobre todo 60 primeiros minutos ata a triste lesión de Samuel. Dominio local ante un cadro muradán desdibuxado, que viña de prantar cara aos grandes da categoría pero que nunca se atopou co seu lugar. Joel marcou dous golazos na primeira para poñer por diante aos de Manu Roque.

No comezo da segunda metade, cando mellor estaba o equipo muradán, chegaron o tanto á contra de Álvaro e o, discutido polos muradáns, penalti, que transformaba Veleiro no 4-0 e pechaba o partido. Antes, Airán marcaba o gol da honra para os de Mané Senande.

Corcubión - Cee (2-4)

  • CORCUBIÓN: Chava, Miguel, Pepo, Marcos, Oca, Goche, Germán, Óscar, Guilhe, Mario e Isma. Tamén xogaron: Mesejo e José Luís.
  • CEE: Maikel, Iván, Tivi, Borja, Rubén, Castillo, Xabier, Chema, Pablo, Yago e Samuel. Tamén xogaron: Pablo, Isma, Hugo, Álex e Brais.
  • Goles: 1-0, min.1: Mario; 1-1, min.10: Yago; 1-2, min.15: Samuel; 1-3, min.27: Samuel; 1-4, min.41: Samuel; 2-4, min.57: Guille de falta directa.
  • Expulsión: o ceense Tivi (min.57).

Derbi sempre intenso entre os veciños da ría sureña, cun Corcubión que amosou mellor cara noutros partidos e competiu a nivel dun Cee que non afronta o seu mellor ano na categoría. Foi un choque igualado, que comezaba co Corcubión poñéndose por diante nada máis comezar, pero os de Penedo e Angeliño tomaron o mando e se colocaban 1-4 ao descanso, cos tantos de Yago e o triplete de Samuel, que non desaproveitaron os erros da despistada zaga local.

Na segunda parte mellorou o equipo corcubionés, chegando en numerosas ocasións. Marcou Guille, de falta, para recurtar, pero non foron capaces de remontar.

Castriz - Xallas StComba (0-5)

  • CASTRIZ: Alvarito (Víctor, min.33), Miguel, Cristian (Javi, min.46), Roi, Álex (Adán, min.60), Redondo, Balsa, Luís, Joni, Calvo (Espasandín, min.70) e Cambón.
  • XSC: Coke, Cristian (Xoel, min.58), Fabián, Pérez (Rubén, min.46), Carlos, Adrián, Sergio, Pablo, Anxo (Isma, min.46), Tefi (Dani, min.55) e Chiqui (Torres, min.46).
  • Goles: 0-1, min.18: Pablo; 0-2, min.20: Sergio; 0-3, min.41: Sergio; 0-4, min.44: Sergio; 0-5, min.57: Pablo.

Derbi xalleiro de claro domingo verde e laranxa sobre os rossoneros. Dominou dende o comezo o líder aproveitando ademais a velocidade das súas puntas e os erros da defensa do Castriz. Seguiu creando moito perigo toda a primeira metade con balóns ás costas da defensa, cun Sergio moi rápido facendo 3 goles antes do descanso, deixando o marcador nun claro 0-4.
Na segnda parte mellorou un pouco o Castriz pero perdoou as dúas únicas ocasións que tiveron e o XSC aínda marcou outro nunha contra. Aínda puido caer algo máis, pero Víctor estivo ben na meta.

Muxía - Fisterra (2-2)

  • MUXÍA: Anxo, Iván (Osil, min.85), Andrés, Esteban, Rubén (Jorge, min.65), Diego, Marco, Ander, Tomás, Paulo e José (Mario, min.46).
  • FISTERRA: Xose, lago (Manute), Andrés, Ángel, Jose (Juanfran), Breixo, Gabi Golpes (Dani), Gabi, Asier, Alex e David (Adri).
  • Goles: 0-1: Alex; 0-2: Gabi Golpes (descanso); 1-2, min.65: Jorge; 2-2, min.88: Esteban.
  • Expulsión: Os fisterráns Álex con vermella directa no primeiro tiempo e Adri ao finalizar o partido, e o local Marco na segunda metade.

Partido moi igualado o vivido en Arliña. Comezou o equipo de Falito algo mellor nun choque sen dominador claro, e se adiantou por medio de Álex, pero a expulsión do propio xogador fisterrán facía que o Muxía empezase a arriscar con defensa de 3. Colleu nunha contra a defensa demasiado baleira Gabi Golpes e facía o segundo para os verdes.

Tirou de garra o equipo de Javier Lema e foise arriba na segunda, arrinconando aos fisterráns e empatando no último suspiro.

Atentos deberán estar á acta da federación que recolle un 0-1 no partido… Xa é a segunda vez esta temporada que lle pasa ao equipo muxián.

Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 6

Laxe - Corme (2-2)

Corme e Laxe-Foto-Fin Lema
  • CORME: Fran, Josiño (Eloy, min.50), David, Cristian, Rubén, Isma (Maikel, min.83), Sergio, Isaac, Manu (Samu, min.55), Bruno (Eloy Castro, min.65) e Kike (Ángel, min.70).
  • LAXE: Diego, Nico, Santi, Galgo, Sergio, Cristian, Djamel, Adri, Ferri (Uxío, min.60), Domínguez, Elías.
  • Goles: 0-1, min.13: Bruno; 1-1, min.32: Ferri; 1-2, min.42: Manuel; 2-2, min.73: Djamel de falta dende a frontal.
  • Gran ambiente no Cabo da Area, con moita xente de Corme para ver este esperado derbi da ría. Partido dominado por un Laxe intenso e concentrado, que puido quedar cos 3 puntos, pero en fronte estivo un Corme máis eficaz con algunha que outra contra perigosa. Ata 6 ocasións malograron os de Toni ante a mala defensa cormelá. A ocasión máis clara, un penalti fallado a 5 minutos do final, co 2-2 no marcador.

    Coristanco - Camariñas (1-1)

    • CORISTANCO: Alberto, Iván, Navarro, Varela, Sergio, Manuel, Corral, Jorge, Joni, Fabio e Gabriel. Tamén xogaron: Bardanca, Anido e Chiqui.
    • CAMARIÑAS: Jose Luís, Juan, Pose, Miguel, Sergi, Alvaro, David, Espi, Felipe, Chicote e Javi. Tamén xogaron: Facundo, Brais, Dani e Pifo.
    • Goles: 0-1, min.20: Álvaro de forte tiro desde fora da área; 1-1, min.89: Joni de cabeza a centro de Sergio que baixa ca cabceza Bardanca.

    Partidazo de poder a poder entre os dous mellores equipos neste comezo de temporada no Norte. Os dous equipos amosáronse moi fortes e serios demostrando por que están aí arriba. Adiantouse o cadro camariñán na primeira metade, na que o gol de Álvaro facía xustiza ao xogo. Puido ampliar a renda o Camariñas antes do descanso pero Alberto estivo ben.

    Saíu mellor o Coristanco na segunda, pero o Camariñas defendíase moi ben. Tivo algunha contra o cadro visitante e varias ocasiós os locais, pero o empate non chegaría ata o minuto 89, cunha boa xogada por alto.

    Baio - Porteño (1-3)

    • BAIO: Jose Manuel (Julián, min.46), Pablo, Miguel, Pablo Costa, Rai, Javier, Jose Antonio, Paco, Alfonso (Iago, min.70), Anxo e Fariña (Santi, min.85).
    Porteno xuvenil-Foto-Porteno
    • PORTEÑO: David, J. Manuel, Bruno (Dani, min.70), Aarón, Gonzalo, Matías (Borja, min.65), Rodry, Xoel (Damián, min.80), Oli, Mario (Carlos, min.75) e Maikel.
    • Goles: 0-1, min.21: Matías; 0-2, min.30: Matías; 0-3, min.60: Oli; 1-3, min.70: Pablo.

    Partido insulso no que o Porteño levou ó marcador a súa superioridade no campo ante un CD Baio que saiu o anestesiado, coma resignado á súa sorte e iso que esta xornada contaba cos reforzos do primeiro equipo (Pablo Costa e Santi Díaz, este íltimo de maneira testimonial xa que arrastraba unha lesión e somentes xogou 5´minutos), pero cando menos Julio Vila podía case que completar unha convocatoria.

    Aínda así, só ó principio do partido e mediada a segunda parte e co 0-3 en contra, espertou lixeiramente o cadro baiés, para intentar acadar un mellor resultado. Ben posicionado, o Porteño rompeu o partido nunha boa contra que culminaba Matías, aproveitando os erros atrás do equipo local para poñerse por diante mediada a primeira parte con dous goles para chegar así ao descanso. A volta outro erro local e a eficacia do Porteño encontraronse para poñer o 0-3 o pouco de empezar o segundo acto. Serio e eficaz o equipo visistante, tan só dubidou cando acortou distancias Pablo Costa nun saque de esquina a prol do equipo local. Reacción que puido cortar de raíz o Porteño cun penalti que lle detivo Julián a Maikel e que podemos decir que foi o epílogo deste partido.

    Cabana - Zas (0-1)

    Cabana e Zas-Foto-Cabana
    • CABANA: Vázquez, D. Varela, Grille, Aurelio, Kevin (Javi, min.65), Reigía, Mateo (David Muíño, min.67), Redondo, Álex, Cristian (Martín, min.20) e Pablo (Álex Fraga, min.70).
    • ZAS: Sergio, Julián, Ternande, Brais (Rubén, min.50), Darío, Cristian, Manu, Adrián (Juan, min.60), Álvaro (Boli, min.82), Dani Mato e Andrés (Samuel, min.88).
    • Gol: 0-1, min.79: Juan.
    • Lesión: no minuto 20 Cristian tras recibir unha dura entrada prodúxoselle unha escordadura de nocello grao 2. Ademais, o zaense Brais tamén saíu lesionado na segunda.

    Partido de poder a poder o disputado nas Redondas, con 2 ocasións clarísimas para cada equipo (mesmo mandaron cadanseu balón o longueiro) e no que só o Zas foi quen de aproveitar unha delas levándose así os tres puntos de Cabana.
    Foi un choque intenso e moi fisico, no que se notaba o medo a perder. Na a primeira parte o Cabana lanzou un balón o largueiro e tivo un tiro cruzado, ambas en balóns ó espacio por parte de Reigia, un dos máis perigosos do Cabana.
    No bando contrario, o Zas tivo varias internadas de Álvaro pola esquerda pero sen ver porta, un tiro peligroso de Dani Mato de fóra da área e outra do propio Dani nunha xogada de estratexia de falta que sacou o porteiro local.

    Na segunda parte mellorou o Zas que intentou apretar máis. Tivo unha moi clara de Andrés que mandou por riba do longueiro e un tiro cruzado de Álvaro que se marchou por pouco. A saída de Juan nos visitantes foi clave, pois avisou cun tiro que tivo que sacar a defensa baixo paus, pero nada puideron facer a falta de 15 para o final, cando o mesmo Juan anotaba o solitario gol da vitoria.

    Ponteceso - Malpica (5-3)

    Ponteceso Xuvenil ante o Malpica-Foto-Ponteceso SD
    • PONTECESO: Santos; Adrián (Fabián, min.80), Mourelle (Rubén, min.86), Pablo, Ismael, Sergio, Pedro, Ismail, Pailos (Javi Busto, min.84), Losada (Fandiño, min.84) e Diego (Silvio, min.78).
    Malpica xuv no Pinguel-Foto-Ponteceso SD
    • MALPICA: David; Miguel (Arcay, min.54), Sebas, Steven (Carlos, min.67), Jorge, Mouri, Cristian Villar, Xulián, Sergio, Adrián e Gende (César, min.63).
    • Goles: 0-1, min.28: Gende, gáñalle por velocidade a defensa, recibe un pase do porteiro David e marca de vaselina. 1-1, min.49: Sergio de penalti cometido por Adrián a Ismail; 2-1, min.55: Pailos, de cabeza nun córner; 3-1, min.61: Diego presionando ao porteiro; 4-1, min.69: en propia meta nun córner; 4-2, min.76: Sergio define tras un bo pase entre liñas de Adrián. 4-3, min.78: Sergio, recibe de Xulián, e no man a man con Santos, tira ao traveseiro, o rexeite vaille a Adrián que empalma a rede. 5-3, min.80: en propia meta.
    Ponteceso e Malpica Xuv-Foto-Ponteceso SD

    Partido estrano de ida e volta o vivido no Pinguel. Arrincaron os malpicáns moi fortes e parecía que podían levar o choque. Tras media hora de dominio e varios avisos, Gende aproveitaba un pase longo do seu meta para batir a Santos e abrir o marcador. Pero o tanto espertou aos locais, que comezaron a combinar e facer o seu fútbol combinativo con pases en profundidade sobre os extremos que chegaban con moita facilidade a portería de David. Aínda así, foron os malpicáns os que se adiantaron no marcador por medio da velocidade de Gende.

    A segunda parte foi un festival do Ponteceso, ante un Malpica, metido atrás para aguantar o resultado, o exceso de individualismo e o fallo nas marcaxes, permitían unha e outra vez, chegar claramente aos dominios do improvisado porteiro malpicán David, que, a pesar de non ser porteiro, salvou ao equipo de recibir mais goles.
    Logo a falta de 15 minutos os locais co marcador claro a favor metéronse atrás e os malpicáns lograron acurtar distancias, pero finalmente a xogada desgraciada de 2º gol en propia.


    Crónicas dos Xuvenís

    Máis información

    Crónicas da semana

    Novas relacionadas

    Fonte

Comentarios