Xoves. 10.10.2024
El tiempo

P.E. Soesto: Dous grandes viraventos entre a praia de Traba e a de Soesto

  • A Xunta xa fala de “Complexo Eólico Costa da Morte”, pero non realiza ningunha clase de avaliación conxunta de impacto
Praia de Traba-Javier Castelo
Vista dende a Praia de Traba da zona onde irán os dous viraventos do Parque Eólico de Soesto, lindando cos aereoxeneradores do PE Pena Catasol II. Foto de Javier Castelo
P.E. Soesto: Dous grandes viraventos entre a praia de Traba e a de Soesto

Seguimos debullando, gracias a entidades como a Asociación Petón do Lobo, os proxectos eólicos que se nos veñen enriba dos nosos montes. Desta volta, a Xunta vén de facer público o Documento de inicio del proceso de evaluación de impacto ambiental del Parque eólico “Soesto”, un novo parque que afecta directamente ao Concello de Laxe.

Un Concello que en 2016 se declaraba “Libre de Eólicos”, que apenas 3 anos despois perdía esa condición coa instalación do PE Pena Cataso lI, e que agora podería estar á sombra de ata 4 proxectos (Pena Catasol II, Pena dos Mouros, Monte Chan e Soesto). Cómpre lembrar que hai apenas dúas semanas o o pleno rexeitou, polos votos do PP, unha moción en contra dos Parques Monte Chan e Pena dos Mouros.

Agora toca pensar tamén neste novo Parque Eólico de Soesto, promovido por EDP Renovables, que situará 2 aereoxeneradores (de 122 metros de altura de buxe e 155 de diámetro de rotor) entre as praias de Soesto e Traba, dando unha potencia de 12MW. A liña aérea de alta tensión de 220 kV que evacúa a enerxía xerada, parte da subestación “Monte Chan”.

Segundo debulla o Cadro resumo de características e impactos feito polo Petón do Lobo, hai unha clarísima “afectación severa da paisaxe”, dende miradoiros, praias e vilas; hai unha clara afectación á Rede Natura, entre os que destacan os incluídos na ZEC de Costa da Morte e a ZEPA Costa da Morte Norte; Tamén describen a afectación aos hábitats, como turbeiras, brezais, carballeiras… así como a ameaza ao “chorlitejo patinegro”, especie que conta cun Plan de Conservación Específicio. E apuntan que o patrimonio inmaterial da zona está sen avaliar.

Mapa do PE Soesto

”Complexo Eólico Costa da Morte”

Unha das cousas máis reseñables deste proxecto é que xa define a situación comarcal como completo eólico “Costa da Morte”, o que dá conta das consecuencias dos 39 novos proxectos que están en marcha no noso territorio.

Unha descrición que se contrapón coa falta de avaliación de impacto común dos distintos parques así como das liñas de evacuación, estradas, camiños…, e coa habitual práctica de fragmentación de proxectos para salvar os obstáculos medioambientais.

Informe eólicos

Máis novas eólicos

Máis relacionados

Comentarios