6 anos, e seguimos esperando por unha solución técnica para mellorar a seguridade da dársena de Malpica
- Portos propón agora a creación dunha dársena interior.

”Comprométese o Goberno galego nesta anualidade 2025 a adoitar a redacción do proxecto e posterior construción da ampliación do dique de abrigo do porto de Malpica, que permitirá aportar seguridade ás persoas usuarias do porto e impulsar unha actividade económica esencial para este concello?”
Esta foi a pregunta que a deputada socialista Patricia Iglesias lle fixo ao goberno da Xunta na Comisión 8ª do Parlamento celebrada onte 4 de febreiro.
“Non”, respondeu rotundo o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, sinalando que “seguen traballando en estudos con prototipos a escala para escoller a mellor alternativa técnica para a seguridade no porto”.
“O goberno da Xunta leva anos simulando que algo van facendo nunha actuación digna dos Oscars”, espetoulle deputada socialista, lembrando que Malpica leva esperando melloras de seguridade no porto dende o accidente mortal como o de 2018 co patrón do Silvosa.
Iglesias lembrou que nos Orzamentos deste ano volve haber partida orzamentaria de 250.000 para a dársena de Malpica que se leva pasando de ano en ano, e criticou a a falta de execución crónica do goberno popular coa comarca. Ademais, a carballesa fixo memoria e lembrou que en 2008 a Xunta do goberno bipartito contaba cunha partida de case 3millóns para a dársena malpicá.
As razóns da espera
Un trabado presidente de Portos intentou explicar a falta de concreción de medidas, apuntando que non hai resultados fiables. Por un lado asegurou que a ampliación do dique de abrigo "non achega certeza de que mellore o problema das correntes no interior da dársena", polo que se realizan estes estudos para "ter a seguridade" de que se escolle a opción correcta de seguridade.
Así, sinalou que a finais de ano propuxeron unha nova solicitude a confraría de pescadores de Malpica consistente na creación dunha dársena intermedia. Pero os estudos de correntes tampouco son moi positivos, polo que explican que necesitan “novos estudios”, deixando claro que non van comezar unha obra sen a certeza de que soluciona o problema.
Álvarez explicou a partida de 250.000€, que nada ten que ver coa seguridade: 200.000 para a renovación de luces e substitución por tecnoloxía LED e 50.000 para firme e pavimento.
HISTÓRICO DA SEGURIDADE NO PORTO DE MALPICA DENDE 2018
- Xuño 2024: O PP volve evitar comprometerse coa mellora da seguridade do porto de Malpica ante as críticas da oposición.
- Decembro 23: O BNG pide incluír a mellora da seguridade no porto de Malpica nos Orzamentos da Xunta 2024.
- Outubro 23: A seguridade no porto de Malpica volve quedar sen partida orzamentaria
- Marzo 23: A Xunta rexeita a proposta de ampliación do dique do porto de Malpica e propón varias alternativas.
- Marzo 22: O PSOE solicita a ampliación de 200 metros do dique de abrigo de Malpica.
- Novembro 22: O PSOE critica a mísera partida dos Orzamentos da Xunta para a seguridade na dársena de Malpica
- Xaneiro 22: O BNG presenta outra moción para axilizar as obras de seguridade do porto de Malpica.
- Novembro 21: O Parlamento acorda, con unanimidade, afrontar as actuacións de seguridade do porto de Malpica:
- Abril 21: “Deberían botarlle man porque se está correndo demasiado risco na dársena de Malpica”.
- 19-02-2021: Novas propostas para a mellora da dársena de Malpica. Continúa o estudo experimental para establecer un sistema de comportas no peirao.
- Febreiro 2020: Dous anos despois, e as embarcacións seguen xogándose a vida no porto de Malpica.
- Decembro 2020: A Xunta volve usar un sistema experimental no porto de Malpica dous anos despois do accidente mortal do Silvosa.
- Agosto 21: As obras do porto de Malpica seguen a medias.
- Febreiro 2020: A Xunta pide paciencia para acometer as obras de seguridade do peirao de Malpica.
- Outubro 2019: A Confraría de Malpica espera polas melloras prometidas.
- Decembro 19: Comeza a instalación do radar que permitirá definir o proxecto de mellora da seguridade no peirao de Malpica.
- Oubturo 19: A Confraría de Malpica espera polas melloras prometidas.
- Outubro 19: Un radar, primeira medida da Xunta para revisar a seguridade do porto.
- Xullo 19: A familia do mariñeiro falecido en Malpica entrega 10.000 sinaturas para que Portos acometa obras de seguridade no peirao.
- Xullo 19: Walter Pardo e Leiceaga piden á Xunta a a execución das obras de mellora de seguridade no porto de Malpica.
- Febreiro 19: Aprobada no Parlamento unha iniciativa para eliminar o risco na entrada do porto de Malpica.
- 31-01-19: A oposición ao completo obriga no Parlamento á Xunta a tomar medidas para o porto de Malpica.
- A seguridade no porto de Malpica volve ao Parlamento.
- A familia malpicá do falecido no mar pide solucións para o porto.
- Decembro 18: Conmoción en Galicia polos dous naufraxios da Costa da Morte.
- 20-12-2018: O mar cóbrase outra vida nun novo afundimento dun barco en Malpica.