Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O PP volve evitar comprometerse coa mellora da seguridade do porto de Malpica ante as críticas da oposición

Patricia Iglesias do PSOE e Daniel Perez do BNG
Patricia Iglesias do PSOE e Daniel Pérez do BNG na Comisión de Pesca do Parlamento
O PP volve evitar comprometerse coa mellora da seguridade do porto de Malpica ante as críticas da oposición

Volveu o proxecto de mellora de seguridade do Porto de Malpica ao Parlamento. E volveu saír sen compromiso de execución por parte da Xunta de Galicia. Xa pasaron 6 invernos dende aquel fatídico naufraxio mortal do Silvosa, pero Portos de Galicia segue con prospeccións e estudos, pero sen solucións.

Así o denuncian BNG e PSOE trala inxustificada resposta de Presidenta de Portos de Galiza, Susana Lenguas ás súas preguntas na Comision de Pesca do Parlamento, na que volveu evitar comprometerse coa mellora da seguridade das embarcacións e mariñeiros que operan na dársena malpicá.

Por un lado, o deputado do BNG Daniel Pérez lamenta que “tes anos despois do anuncio poar parte da Consellería de que ía tomar medidas, e máis de cinco anos do tráxico accidente do Silvosa, non se realizou ningunha actuación de entidade tendente a resolver os problemas de seguridade deste porto". Por iso, urxe ao goberno galego incluír nos orzamentos da Xunta para o ano 2025 unha partida específica e con dotación suficiente para iniciar nesa anualidade as obras, despois de que “nos orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2023 e 2024 “non se recolleu ningunha partida con dotación económica suficiente para asegurar que a execución desta obra tan necesaria se vai acometer a medio-curto prazo”.

Na mesma liña, a parlamentaria socialista Patricia Iglesias acusou ao PP e ao goberno galego de “castigar” aos veciños e veciñas de Malpica ao negarse a atender “a demanda histórica da ampliación do porto de abrigo”. Alertou do serio perigo que supoñen as condicións de acceso actuais á dársena do porto, onde as embarcación teñen que afrontar correntes perigosas que complican a circulación, provocando accidentes e danos na dársena e nas propias embarcacións. Sinala que a ampliación do dique de abrigo, tal e como fora proxectado pola confraría de pescadores e defendido polo anterior alcalde, o socialista Walter Pardo, permitiría rematar cos problemas de seguridade e darlle un impulso á actividade económica do porto, esencial para o futuro da vila.

A resposta do PP: "Estudiamos unha nova alternativa"

A directora, Marta Villaverde, comparece na comisión octava do Parlamento de Galicia para dar conta da contía do orzamento destinado pola Consellería do Mar aos  proxectos impulsados polos grupos de acción local do sector pesqueiro  (GALP) E comparecencia do presidente de porotos de Galicia , .José Antonio Álvarez  Foto Xoán Crespo

A estas preguntas, o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, asegurou que "o ente público continúa traballando para definir unha proposta técnica de actuación que sexa viable e permita reducir a axitación e o efecto das correntes no porto actual".

Así, despois de 3 anos de experimentos, sinalou que "o ente público están a estudar unha nova alternativa solicitada pola confraría de pescadores na última reunión o pasado mes de setembro", unha alternativa que se suma ás 8 xa estudiadas, necesitando novos procesos de monitorización de certas zonas da dársena para toma de datos sobre a axitación e efecto das correntes.

HISTÓRICO DA SEGURIDADE NO PORTO DE MALPICA DENDE 2018

 

Comentarios