Sábado. 24.10.2020
El tiempo

Recunchos da Costa: A praia de Seaia

Recunchos da Costa: A praia de Seaia

Seguimos percorrendo o Camiño dos Faros visitando as nosas salvaxes praias. Hoxe coñecemos a praia malpicá de Seaia. Outra desas praias que mestura o carácter salvaxe da nosa costa e os servizos para acceder en familia. Ademais, é unha das praias naturais máis cercanas ao núcleo urbano de Malpica, e a primeira que verás se comezas o camiño trasno.

A chegada ao areal é espectacular, pois o aparcamento, dende o alto, permite disfrutar dunhas vistas espectaculares do areal e da área recreativa. As mesiñas permiten facer unha excursión completa, e ademais de disfrutar do areal, facelo tamén dun xantar en familia.

Recunchos da Costa-Praia de Seaia-Malpica merendero

Como chegar

Para chegar ao areal temos que chegar practicamente ata a entrada de Malpica pola AC-414 que vén de Buño. Antes de baixarmos á vila, apenas 50 metros despois do sinal do comezo da vila de Malpica temos que coller un desvío a man esquerda no medio dun par de isletas. Colleremos de novo á esquerda para coller a DP-4307 que se dirixe a Ponteceso, pero a apenas 500 metros collemos outro desvío, xa sinalizado, por unha pista de cemento, cara a dereita. Hai que facer unhas curviñas pero pronto chegas ao alto da praia, que conta cun aparcamento ideal para pasar unha noite na furgoneta.

Dende o paseo marítimo malpicán tamén se pode acceder, a través da praia de Canido, por unha pista de terra sinalizada coas marcas verdes do Camiño dos Faros.

 

Recunchos da Costa-Praia de Seaia-Malpica 3Recunchos da Costa-Praia de Seaia-Malpica RochasRecunchos da Costa-Praia de Seaia-Malpica Rochas 2

 

Outros RECUNCHOS DA COSTA

comentarios