Goldie Xiria e Bm. Camariñas prepáranse para un novo derbi na Copa Federación


Así, as camariñás acadaron o 5º posto na 1ª Autonómica Feminina, polo 12ª das carballesas. E xa pensan na Copa Federación, que arrinca esta fin de semana cun sistema de liguilla a unha sola volta, de tres grupos. O Xiria quedou encadrado no Grupo I, xunto co Bm Encaixe de Camariñas, Bm Caselas, SD Teucro e o Pabellón Ourense. Empezaran xogando xa este fin de semana, nun novo derbi costeiro.
Ademais, se disputaban as penúltimas xornadas da 1ª Estatal e 1ª Autonómica masculinas. O Calvo Xiria sumaba unha nova vitoria na 1ª Estatal ante o Luceros por 29-24 no Vila de Noia que o mantén na 2ª praza, a 9 do liderato e empatado co 3º, o Seis do Nadal. Acariña así o ascenso.
Pola súa banda, o Bm Camariñas caía ante o Bm. Porriño no Areal por 32-35, desaproveitando unha gran ocasión para alcanzar a 4ª praza.
1ª Autonómica Feminina, xornada 26
- Resultado: Bueu Atlético - Bm. Camariñas (27-29).
- Parcial ao descanso: 13-12.
- Bm. Camariñas: Karen (p), Maria Oanes, Alicia (4), Sara (4), Aida (7), Laura (1), Karina (3). Tamén xogaron: Vero, Cris Sande (2), Cris Caamaño (1), Mónica 6), Tina (1) e Cris Barreiro.
Último partido de liga disputado en Bueu no que só se xogaba o prestixio dos dous puntos xa que unha vitoria ou derrota non ía a cambiar nada na clasificación..
Saíron as de Camariñas sen intensidade e con poucas gañas de esforzarse, partido aburrido e con moitísimos fallos en defensa como en ataque, as precipitacións en ataque foron continuas durante todo o partido, tamén destacar que fixo o seu debut na porteria Mónica Barreiro, por problemas fisicos da única porteira do Camariñas. Ainda asi chegábase o descando un gol abaixo no marcador.
Na segunda parte parecia que saían con outra mentalidade e coa gran defensa que estaban a realizar escapabanse no marcador, pero só foi un espexismo xa que volvían os erros da primeira parte na que as de Bueu aproveitaban para non descolgarse no marcador a definición das últimas accións decidiu o partido de cara as de Camariñas.
1ª Autonómica Feminina, xornada 29
- Resultado: GOLDIE XIRIA - SAR Redondela (18-29).
- Parcial ao descanso: 11-16.
- GOLDIE XIRIA Lucía e Brenda (p), María, Raquel 2, Zeltia 2, Adriana, Marta 3, Jéssica 3 (equipo inicial) Cris 4, Isa, Tamara 3, Sandra , Natalia 1 e Manón.
Disputaron o seu derradeiro partido de liga as xogadoras do Goldie Xiria diante da Sar de Redondela, que se amosou superior en Carballo, como así o demostra o ter acabado a un pasiño da fase de ascenso. O Goldie fixo o seu partido con moitos cambios e por momentos dou a sensación de estar ao nivel do seu rival, algo que non reflexa o marcador debido aos continuos baixóns e pérdedas de balóns en ataque.
Remata a liga do debut o Goldie Xiria con moi boas sensacións e con gañas de afrontar vindeiras tempadas, moita melloría nesta segunda volta no desenrolo do xogo e no saber estar no campo con respecto a primeira, e vese que pasiño a pasiño o equipo vai acortando as distancias con respecto a todolos seus rivais.
Copa Federación Feminina
- 1ª xornada (12 ou 13 abril): Camariñas - Goldie Xiria.
- 2ª xornada (26 ou 27 de abril): Goldie Xiria - Caselas e Pabellón Ourense - Bm. Camariñas.
- 3ª xornada (3 ou 4 de maio): Teucro - Goldie Xiria (Descansa Bm. Camariñas).
- 4ª xornada (10 ou 11 de maio): Bm. Camariñas - Bm. Caselas (Descansa Goldie Xiria).
- 5ª xornada (17 ou 18 de maio): Goldie Xiria - Pabellón Ourense e Teucro - Bm. Camariñas.
Máis información
- Resultados e Clasificación da 1ª Autonómica Masculina.
- Resultados da xornada e clasificación 1ª Autonómica Feminina.
- Calendario da Copa Federación Feminina.
Novas relacionadas
- Derrotas doces para o balonmán costeiro.
- A canteira toma o protagonismo nunha xornada plena para o balonmán costeiro.
- Pleno de derrotas para as familias conserveiras do balonmán costeiro.
- 3 derrotas e unha vitoria na fin de semana do balonmán costeiro.
- Xornada de vitorias e despedidas para o balonmán costeiro.
- O Xiria colócase 2º e o Bm. Camariñas mantén o bo ritmo.
- Xornada de vitorias e esperanza para o balonmán costeiro.
- Mala fin de semana no Balonmán Camariñas, boa para a familia Xiria.
- Fin de semana de derrotas para o balonmán costeiro.
- Doble vitoria para a familia do Bm. Camariñas para estrear 2014.
- Dous vimianceses no podio da San Silvestre de Camariñas e outra na Pedestre carballesa.
- O Bm. Camariñas non se descolga.
- O Bm. Camariñas estrea a súa San Silvestre.
- Nova xornada completa de balonmán costeiro con dúas derrotas e dúas vitorias.
- O Bm. Camariñas xa é o máximo goleador da categoría.
- O Balonmán feminino ao poder.
- O Bm. Camariñas cae cos árbitros ao 3º posto.
- O Bm. Camariñas ponse colíder.
- Pleno de vitorias no día da presentación da familia do Bm. Camariñas.
- O Bm. Camariñas aproveita a Copa para medrar e prepara a súa presentación oficial.
- O Bm. Camariñas esquece a Copa e xa pensa na Liga.
- O Balonmán Camariñas xa sabe o que é gañar.
- Arrinca unha nova tempada con moitas caras novas para o Balonmán Camariñas.
- Entrevista de David Castro co xogador internacional David García Pichel.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Balonmán Xiria.