Domingo. 19.05.2024
El tiempo

O Xiria aínda non coñece o seu teito pero aos rivais da Fase de Ascenso

O Xiria aínda non coñece o seu teito pero aos rivais da Fase de Ascenso

Preto de trescentas persoas no Pavillón Municipal de Redondela, entre os que se atopaban máis dun centenar de siareiros verdes, para disfrutar dunha vitoria do Calvo Xiria no derradeiro partido de liga que lle permite ocupar definitivamente a segunda posición da táboa clasificatoria, e con elo, xogar a fase de ascenso a División de Honra Prata, na que será a súa segunda participación.

En Autonómica, o Bm. Camariñas pechaba a campaña nun 5º posto tras unha derrota sen moito aquel ante o Lavadores. Aproveitou Moncho as ausencias para dar minutos aos máis novos e empezar a perfilar o equipo para a próxima tempada.

Ademais, un moi superior Bm Camariñas venceu a un mermado Goldie Xiria, que so aguantou por momentos ao seu rival, no derbi que abría a Copa Federación Feminina.

1ª Estatal, xornada 27

O Balonman Xiria irá polo ascenso
  • Resultado: SAR PLASTIC OMNIUM - CALVO XIRIA (23-27).
  • Calvo Xiria 25 (11+14): Iago [p], Ramón (2), Manuel (4) , Sergio (2), Zas (3), Jorge (2), Brais (4)-equipo inicial- Zúpez [p], Iván , Gonzalo (10), Calvete, Martín, Javier, Rubén.
  • Marcador: 1-2, 3-5, 6-7, 8-11, 10-12, 11-14 (descanso); 14-15, 15-17, 16-20, 18-21, 19-26, 23-27.

Partido duro e complicado para os intereses dos xogadores do Xiria que tiveron que traballar a reo para facerse cos puntos en xogo. Logo dun inicio moi positivo os carballeses acadaron unha vantaxe de tres goles que souberon manexar ao longo dos sesenta minutos, so en dúas ocasións conseguiu poñerse a Sar a un tanto, tirando proveito dalgún desaxuste defensivo que permitía a conexión co pivote local. O electrónico reflectía cando os equipos se retiraron aos vestiarios un 11 a 14 moi prometedor para os verdibrancos. E o que tiña sido máis importante: o ritmo do encontro foi o que máis lle interesou ao Calvo Xiria que dominou neste eido ao seu rival, imprimindo moita velocidade nas transicións e moita intensidade en cada acción. Deste xeito foi minando ao seu rival e puido chegar á parte final do encontro en clara vantaxe física, que se traduciu en facer medrar a diferenza no marcador ata os sete goles cando faltaban dez minutos para o final da liga. A partir dese intre a festa da grada foi total e os xogadores puideron saborear un novo logro de Escolas Balonmán Xiria.

Papel decisivo o dos seareiros carballeses, que levaron aos seus á vitoria co seu apoio nos momentos máis complicados do encontro, e que celebraron por todo o alto a clasificación xuntamente co seu equipo.

Fase de Ascenso á División de Honra Prata

O Departamento de Competicións da Real Federación Española de Balonmano outorgou as sedes dos grupos na fase de ascenso a División de Honor Prata Masculina ao Mecalia Atlético Novás, o RGC Covadonga e o Alarcos Cidade Real.

E ao conxunto carballés tócalle o seguinte Grupo 1:

  • Alarcos Cidade Real.
  • A Roca.
  • Somos Eibar.
  • Calvo Xiria.

A fase de ascenso a División de Honor Prata Masculina está fixada no calendario para o fin de semana do 2, 3 e 4 de maio, e outorga o billete directo para a Categoría de Prata do balonmano masculino en España.

1ª División Autonómica, xornada 26

  • Resultado: Lavadores - Bm. Camariñas (34-28)
  • Bm. Camariñas: Bruno (p), Iván (p), Fary (13), Jaime (1), Eusebio, Checho, Ángel (2), Fabio (1), Dani (3), Perón (2), Damián (4) e Antelo (2).

O Camariñas viaxou a Vigo en cadro, no último partido de liga Os xuvenís deron a cara en Lavadores e xogaron o seu partido, onde Fary con 13 goles foi o mellor xogador do partido. Un partido sen historia, onde nada se xogaban os dous equipos.

O Camariñas sempre foi por debaixo no marcador e nunca chegou a inquedar aos locais, polo tanto un partido de trámite para terminar unha liga que non lle foi moi favorable aos da Vila do Encaixe, xa que as lesións fixeron mella no persoal, quedando o equipo con moi poucos efectivos para terminar a tempada, o que hai que significar, é sen dúbida, os bos partidos que se fixeron en casa contra rivais moito máis rodados, o que fainos ver a gran marxe de mellora que nos queda de cara ás próximas tempadas.

Copa Federación Feminina, 1ª xornada

  • Resultado: BM CAMARIÑAS - GOLDIE XIRIA (37-20).
  • Parcial ao descanso: 20-13.
  • BM CAMARIÑAS: Nerea (p), María 3, Aida 6, Cris Barreiro 6, Mónica Barreiro 4, Alicia 3, Sara 6, Verónica 2, Cris Sande , Cris Caamaño 1, Karina 3, Cris Blanco 2 e Raquel 2.
  • GOLDIE XIRIA: Brenda(p), Juana 10, Adriana 3, Cris 1 , Jessica 2, Raquel 2 e Manón 1, (equipo inicial) Tamara 1, Isa e Natalia.

80 espectadores no Pavillón da Ponte do Porto para ver o derbi que abre a Copa Federación Feminina. O cadro local sempre foi superior e as perdas de balón incrementaron moito a diferencia no marcador entre ambos equipos, onde o Goldie acusou demasiado as baixas, tanto no plano goleador como na portería.

I é que saíron as de Camariñas con moitas gañas e moita velocidad nos ataques, defensas débiles onde o que mandaba eran as individualidades. A primeira parte foi moi disputada polos dous conxuntos e se chegaría ao descanso xa cun claro resultado de 20-13.
Na segunda, as palilleiras seguían co gran acerto en ataque e cando se puxeron a defender como elas saben, chegaron varias contras seguidas que mataron o partido.

Cómpre destacar o gran partido que realizou Nerea na portería por problemas físicos de Karen.

Xa pensan no seguinte partido, un amistoso na vila do Encaixe e no marco da Mostra contra xogadoras que estuberon no Camariñas anos anterios, xa que ata a semana que ven non continuarán cos partidos de Copa Federación, que serán estes:

  • 1ª xornada (12 ou 13 abril): Camariñas – Goldie Xiria.
  • 2ª xornada (26 ou 27 de abril): Goldie Xiria – Caselas e Pabellón Ourense – Bm. Camariñas.
  • 3ª xornada (3 ou 4 de maio): Teucro – Goldie Xiria (Descansa Bm. Camariñas).
  • 4ª xornada (10 ou 11 de maio): Bm. Camariñas – Bm. Caselas (Descansa Goldie Xiria).
  • 5ª xornada (17 ou 18 de maio): Goldie Xiria – Pabellón Ourense e Teucro – Bm. Camariñas.
Balonman Choque no Encaixe

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Balonmán Xiria.

Comentarios