As máquinas volven traballar na Autovía Costa da Morte case dous anos despois

Corría o mes de abril de 2012 cando as máquinas desaparecían da zona. Case 2 anos e moitas promesas incumplidas despois, volveron as máquinas a traballar nas obras da Autovía Costa da Morte.

Unha esixencia que xa viña sendo un auténtico escándalo, e curiosamente o reinicio das obras da Autovía da Costa da Morte coincide cunhas inminentes Eleccións Municipais de maio de 2015.

Co posible sobrecuste da nova adxudicación no xulgado, as denuncias sobre a posible relación ca trama Gürtel, o esquecemento do treito sur da infraestrutura, esperamos que os prazos de execución, fixados agora para o 2016, non se retrasen máis, pois cómpre lembrar a a Xunta prometera tela obra rematada en 2013.

Deste xeito, as obras do treito Carballo-Baio se retomaban hoxe na zona de Agualada, no Concello de Coristanco. Serán 27 quilómetros de infraestrutura, e do treito en Baio e Berdoias e Berdoias e Cee non se sabe nada.

Todo o comunicaban a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, na súa visita a Ponteceso, onde avanzaba que no ano 2015 levaranse a cabo iniciativas como a senda peonil entre Grilloi e Ponteceso e a limpeza do río Anllóns.

Novas relacionadas

Outras novas

Artigos relacionados

Fonte

Novas relacionadas

Outras novas

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).