Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Como de lonxe nos queda a Autovía?

Como de lonxe nos queda a Autovía?
Distancias ata unha Autovia na Costa da Morte-Fonte-Foro Social CdM

Mentres seguimos esperando que as máquinas se poñan de novo a traballar, como prometía Feijoo esta fin de semana en Camariñas, só no tramo norte, iso si, queremos falar un pouco de infraestruturas.
Non hai moito a xente de Contramínate enviábanos un artigo reflexionando sobre a necesidade ou non da Autovía Costa da Morte, á que, por certo, lle chamaban “aUtopía”. Un artigo que, en todo caso, non concorda coa opinión dos lectores QPC, que nunha enquisa realizada en maio de 2011 a través das nosas redes sociais consideraban que a Autovía e o Tren das 3C son as infraestruturas máis necesarias para a Costa da Morte. Logo falamos do tren, porque a súa historia ten moitas similutudes coa actual Autovía, pero comezamos analizando a prioridade da estrada.

Recollemos do chamado das redes sociais e do Foro Social da Costa da Morte unha imaxe moi clara: as distancias que hai en Galicia ata a autovía máis cercana.

E parece que a comarca de Fisterra gaña nesta carreira da marcha atrás, de carencia de infraestrutura. Vemos que a zona fisterrá está a máis de 40€ (puidendo chegar aos 80-09km canto máis ao sur) de, ademáis, dúas autopistas de pago. Para a Autovía aínda teremos que chegar a Arteixo.

Unha infraestrutura que fomentaría as comunicacións coa cidade herculina, que permitiría que centos, milleiros de traballadores puidesen vivir nas súas aldeas e puidesen ir traballar cada día, sen ter que deixar de criar aos seus fillos na Costa da Morte.

O Tren das 3C

artigo sobre o Tren das 3C

Ollo, que se cadra o Tren das 3C sería unha opción máis positiva ao noso entender. Un transporte publico sempre é máis considerado eficiente, menos agresivo co medio ambiente, e recuperar aquel proxecto do Tren 3C A Coruña-Carballo-Corcubión que prantexara hai máis de 100 anos o corcubionés Pepe Miñóns, e que esmoreceu, como lle pode pasar á actual Autovía.

O propio Foro recupera estes documentos de como a tramitación quedou en nada durante aqueles 1909 e 1910.

Unión

Por iso, cómpre unir forzas. Xa vimos un grupo de políticos da oposición de marcha, o outro grupo opositor nota de prensa vai, nota de prensa vén. Pero falta a sociedade. Ten que aparecer para esixir que se faga o treito norte xa, pero que tamén se faga o tramo sur.

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios