Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os políticos moven ficha de marcha pola Autovía

Os políticos moven ficha de marcha pola Autovía
Politicos na Marcha pola Autovia-Foto- JC Canosa

Non houbo resposta da veciñanza a esta chamada para mobilizarse pola Autovía Costa da Morte. Pero si que houbo boa participación política na Marcha reivindicativa convocada a través das redes sociais. Unha marcha que nacía dunha proposta de Marisol Soneira, deputada socialista, pero que solicitaba a unión de forzas para protestar, sen bandeiras, por esta necesaria infraestrutura.

I é que xa van para dous anos e medio dende que as obras pararon, nunha estrada que debería estar rematada, pero para a que retrasaron, con sarna, o prazo de execución ata o 2016.

Unha marcha que servía para solicitar que se retomen as obras dunha necesaria vía de comunicación digna, que se cumpran os compromisos e que se trate a Costa da Morte coa dignidade que merecemos.

Pouca xente pero boa representación

Como dicimos, mágoa que non houbo a resposta cidadá que con aquela masiva manifestación pola ITV, unha demostración que acabou obrigando a Xunta a facela realidade. Desta volta, se cadra pola premura na convocatoria, pola mala época (xa se sabe que no verán é máis complicado comprometerse), a veciñanza non saíu á rúa, cando a necesidade da Autovía é moito maior que a da ITV.

En todo caso, como nos conta a propia Marisol Soneira, “houbo unha boa representación. Estivo o alcalde de Zas e o de Camariñas: o teniente alcalde de Vimianzo; o presidente dos Empresarios da Costa da Morte, Gabín; o presidente de Neria, Javier González Trillo…” É dicir, dúas cores políticas, PSdG e BNG, e os responsables da Plataforma polo Desenvolvemento da Costa da Morte, formada pola FECOM e a Neria.

En marcha polas terras do abandono

Trazado non empezado da Autovia na Marcha-Foto-JC Canosa

Ás 9:30h partía o grupo dende Berdoias, e andaron ata Baio polo destrozado trazado da Autovía. Un trazado tomado pola maleza, recordando o acontecido co Parque Empresarial de Vimianzo. De feito, despois de 4 horas, Soneira concluía: “Queda moito por facer, hai menos obra feita do que din, e moito do feito está sendo estragado polo abandono”.

2ª tanda

Esta vindeira fin de semana, toca a segunda etapa, de Baio a Carballo, para completar o segundo tramo que se supón que debería estar en marcha.

Así, o sábado 30 as 9:00h, marcha reivindicativa pola autovia desde Baio (xunto a planta de formigón-estrada Baio/Borneiro) a Carballo. Haberá autobus para retornar a Baio.

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios