Xoves. 15.04.2021
El tiempo

Os edís pontecesáns volven pedir a intervención da Provincial Socialista ante as faltas de respecto de Carballido

Raquel Fondo con Lois Carballido nunha foto do 2019
Raquel Fondo con Lois Carballido nunha foto do 2019
Os edís pontecesáns volven pedir a intervención da Provincial Socialista ante as faltas de respecto de Carballido

A semana pasada eran varias ex concelleiras socialistas, da pasada lexislatura, as que pedían a actuación da Agrupación Provincial Socialista para intervir na crise do PSOE pontecesán. Se ben dende a Provincial continúan declinándonos facer declaracións, os concelleiros que saíron do grupo de goberno seguen pedindo que “a dirección do PSdG-PSOE, por medio das suas secretarías, Provincial ou Xeral, ou por quen corresponda, aparten dunha vez por todas ó Sr. Carballido do goberno do Concello de Ponteceso, e demostren así que o PSdG-PSOE é un partido cuns principios éticos e morais, exemplares sempre, e non só os días sinalados no calendario”.

Esta nova carta á Provincial escríbena tralas “faltas de respecto” que o alcalde tivo coa concelleira Raquel Fondo no despacho da alcaldía, e que foron remitidas ao secretario xeral da Agrupación, que segundo a propia Fondo, recoñecía a gravidade pero non foi a máis. Pero nunha reunión celebrada na sede da Executiva Local de Ponteceso, e estando membros da Agrupación local incluso algúns concelleiros, entre eles Salvador Eiroa, e incluso un membro da Executiva Provincial presentes, o Sr. Carballido recoñeceu que lle faltara ó respecto á concelleira Raquel Fondo "porque esta algo nervioso".
Por iso piden que a Provincial saia do silencio e actúe, e evite que o alcalde continúe gobernando con “soberbia”. “Entendemos que este señor xa non é digno de gobernar un concello de 5.500 habitantes”, denuncian.

Falta de suministros

Paralelamente, Faustino Santiago Lema pregúntase “que queda desa maioría abrumadora acadada hai ano e medio polo PSOE de Ponteceso?” “Un Alcalde que só conta con dous apoios no pleno, cunha xestión desastrosa tanto no terreo das relacions humanas coma na xestión monetaria, xa que tiña uns presupostos estupendos e resulta que os autónomos do noso concello non cobran, tanto é así que algúns decidiron deixar de subministrar ao Concello, polo tanto os traballadores e traballadoras atópanse ein material preciso para levar a cabo o seu traballo diario”.

Novas da crise do #PSOEPonteceso

comentarios