Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O Villa de Cee alcanza xa ao Fisober B

O Villa de Cee alcanza xa ao Fisober B
Imaxe do Partido do Villa de Cee ante o Grupo Work-Foto-Grupo Work

Fin de semana futboleira a vivida nas pistas do país, cos 4 equipos costeiros en xogo. Comezando pola 2ª Estatal, gran partido de futsal o que puidemos ver no pavillón de Vimianzo na tarde do sábado entre o Fisober FSF e o SF Guarnizo. Un choque que deixa tres puntos máis no haber do Fisober, que lle sirven para alcanzar ao conxunto cántabro na clasificación.

Mentres, la Liga Provincial, dúas vitorias e unha derrota. Vitoria do Concello de Ponteceso FSF na casa ante o Mabegondo, que as deixa 6ª. Vitoria tamén para o Villa de Cee, a cuarta xa e contra un dos de arriba, que as coloca 7ª a 4 das pontecesanas. Pero foi demasiado castigo a derrota ante o BeArt 5 Coruña para as rapazas de Javi Jemisa logo do que se puido ver sobre a pista do pavillón vimiancés. O Fisober B queda 8ª cos mesmos puntos que as ceenses.

2ª Estatal

Fisober-Guarnizo-Foto-David Castro
  • Resultado: Fisober FSF - SF Guarnizo (3-2)
  • Fisober FSF: Eva, Elsa, Ana, Patri e Raquel. Tamén xogaron: Inés, Noelia e Mireia.
  • Goles: 0-1 m.6: Patri cede para Eva, esta non é quen de controlar e o balón cólase na porta vimiancesa. 1-1 m.12: Roubo de Ana nas inmediacións da área cántabra e a mesma capitana bate a Raquel no man a man. 2-1 m.27: Apertura á banda para Mireia, a pontecesana cede para que Patri marque a pracer. 3-1 m.30: Xogada individual de Patri, que finaliza ela mesma cun gran lanzamento que bate a Raquel. 3-2 m.34: Gran xogada combinativa do Guarnizo que finaliza Reichel tras un gran regate.
Vitoria do Fisober ante o Guarnizo-Foto-David Castro

Comezou o Fisober impoñendo un alto ritmo de xogo que sorprendiu ao equipo cántabro, que co paso dos minutos foi igualando a balanza e incluso terminou sendo superior pero a garra e a gran defensa do equipo de Fran Pioto evitou que o Guarnizo conseguira puntuar nas terras de Soneira.

Na primeira metade, comezarían as vimiancesas dominando a posesión pero sin crear perigo sobre a meta defendida por Raquel ata que chegou a xogadadesgraciada da tarde, cando Patri cede para Eva, esta non é quen de controlar o esférico que se cola na portería do Fisober para poñer o 0 a 1 no instantáneo. A partir deste cúmulo de despropósitos, o Guarnizo comezou a dominar a posesiónpero sin claras ocasións, excepto un man a man de Reichel con Eva na que a gardameta sae vitoriosa logo dunha gran intervención. Minutos máis tarde, logo dun roubo de Ana nas inmedicións da área das vermellas, que a mesma capitana resolve no man a man ante Raquel para poñer o empate. Antes do descanso, ambos equipos terían a oportunidade de poñerse por diante pero primeiro Raichel lanzaría desviado e despois a porteira cántabra cunha gran intervención evitaría o gol de Patri.

Á volta do tempo de lecer, o Guarnizo aproveitaría o baixón físico que pegou o conxunto soneirán para dominar pero sin crear demasiadas ocasións de gol e tan só Amelia, ao finalizar unha xogada combinativa, poñería en apretos a Eva. Pero a partir desto as rapazas do Fisober sacaron a súa garra e viñéronse arriba, con Patri ao mando para poñerse por diante no instantáneo cun gol da muxiana tras un pase de Mireia. A partir desto o partido sería de ida e volta e responderían as cántabras en dúas ocasións, primeiro Reichel cun gran lanzamento que se vai a rentes do pau e logo tras unha gran xogada combinativa que finaliza Ana cun tiro que se vai fóra por pouco. E o Fisober tamén tería a súa pero Raquel salva in extremis o gol de Patri nunha xogada calcada ao segundo tanto, que non perdonaría na seguinte xogada e poñería o 3 a 1 no marcador logo dunha xogada individual que finaliza a propia Patri cun gran lanzamento que bate á porteira cántabra. Catro minutos despois recortarían distanzas as vermellas tras unha boa combinación que finaliza Reichel tras un gran regate. Esto daríalle folgos ao Guarnizo para ir a polo empate pero sin acerto de cara a portería defendida por Eva.

Liga Provincial, xornada 10

Partido do Ponteceso FSF ante o Mabegondo
  • Resultado: Concello de Ponteceso - Mabegondo (3-0)
  • A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Bea, Alba, Martina, Carmen e Sandra -tamén xogaron - Carla, Laura, Ana, Salomé e Zeltia.
Saíron con ganas as pontecesanas, presionando arriba desde o primeiro momento e evitando que o rival conseguise saír co balón xogado. Con varias oportunidades nos primeiros minutos, era Alba a que conseguía abrir o marcador no minuto 10 tras unha boa combinación con Laura. A pesar do gol non se relaxaron as xogadoras de Barca e Curro,que tiveron varias oportunidades de aumentar distancias nos minutos seguintes. A máis clara foi un tiro de Alba tras un roubo de balón de Ana que para sen problemas Begoña. Vendo como iba o partido decidiu adiantar liñas o Mabegondo,o que non lle saiu de todo mal,posto que as ocasións máis claras tívoas a partir dese momento,ainda que sen conseguir empatar o partido. Os últimos minutos da primeira metade foron un tira e afrouxa de ambos equipos, con varias ocasións como un tiro de Vanesa desde a frontal da área que para Bea e un pase de Carla ó segundo pao ó que non consigue chegar ningunha compañeira. Chegouse así ó descanso co 1-0 no marcador. O segundo período comezou co Mabegondo adiantado, presionando ás locais no seu campo e intentando crear ocasións de contraataques. Pero o Ponteceso, non conforme co marcador,conseguiu evitar a defensa rival e volver crear varias ocasións. Alba e Carla montaron unha contra que acaba cun tiro de Carla e unha boa parada da porteira visitante. A partir dese momento o encontro volviu a ser igual que nos minutos finais da primeira parte, con ocasións para ambos equipos,pero era Ana a que aumentaba distancias no luminoso culminando unha contra comezada por un roubo de balón seu. Os últimos 10 minutos de partido foron menos emocionantes,cunha clara baixada de intensidade e con menos ocasións. Tivo unha o Mabegondo con outro tiro de Vanesa que vai fóra, á que lle contestaron as locais cunha contra que,tras un rechace da defensa rival, o balón acaba nos pes de Salomé que logra o terceiro e último tanto do encontro con un tiro desde a frontal ó que.non chega Begoña. Quedaban 5 minutos para o final do tempo reglamentario,pero ningún dos dous equipos conseguía facer ningún gol máis. A pesar de non ser un bo partido, é unha vitoria máis das pontecesanas que siguen a estela das primeiras clasificadas.

Liga Provincial, xornada 10

Imaxe do Partido do Villa de Cee ante o Grupo Work-Foto-Grupo Work 2
  • Resultado: Fisober FSF “B” - BeArt 5 Coruña (0-3).
  • Fisober FSF “B”: Anabel, Laura, Paula, Andrea e Noelia. Tamén xogaron: Inés e Tamara.
  • Goles: 0-1 m.24: Xogada colectiva do BeArt, Ana recibe no córner e pon o pase para Leny que saca un gran lanzamento dende a frontal para bater a Anabel. 0-2 m.27: Leny transforma un penalti. 0-3 m.50: Contragolpe do BeArt levado por Leny que ela mesma finaliza.

Comezou xogando moi ben o Fisober, creando ocasións e sin que Anabel tivera demasiado traballo. Aos tres minutos do comezo, avisarían as vimiancesas tras unha xogada por banda de Laura que cede para Noelia que saca un lanzamento que rexeita Gema a córner.
Respostaría o BeArt por medio de Anita logo dunha xogada combinativa pero Anabel rexeita sen dificultades o lanzamento da coruñesa. A entrada de Inés á pista daríalle outra cara ao conxunto negro sobre todo ofensivamente, xa que a camellana sería un constante quebradeiro de cabeza para a defensa do 5 Coruña. A piques está de adiantarse o equipo soneirán logo dunha transición rápida levada por Paula e Inés que finaliza esta última cun lanzamento que se vai desviado por pouco.
Antes do tempo de lecer, os dous conxuntos puideron poñerse por diante pero primeiro o longueiro tras un bo lanzamento de Leny e logo Anabel respondendo cunha gran intervención a un tiro de Ana impedirían o gol das coruñesas. E a porteira do BeArt evita con moitas dificultades o gol de Inés tras un contragolpe de libro do Fisober.

Á volta do descanso, avisaría o 5 Coruña ao pouco de empezar a segunda metade pero Anabel salvaría in extremis o gol de Ana tras un sorprendente taconazo logo dun contragolpe levado por Leny. Un minuto despois non perdonarían as coruñesas e adiantaríanse no marcador tras unha xogada colectiva que finaliza Leny cun gran lanzamento a pase de Ana. Aumentaría a vantaxe no instantáneo a propia Leny ao transformar unha pena máxima. Respostaría o equipo de Javi Jemisa nunha dobre ocasión cun potente lanzamento de Tamara desde tres cuartos de pista que rexeita Gema e Noelia envía o esférico por riba do longueiro. De novo Noelia tería a ocasión de recortar distanzas no marcador pero o pau rexeitou o gran lanzamento da vimiancesa. O BeArt 5 Coruña con Anita e Leny ao mando convertiría o seu dominio da posesión en perigo nos últimos minutos de partido pero primeiro o pau e logo Anabel evitarían o gol de Anita e Ali, respectivamente. Tería o Fisober a última ocasión de meterse no encontro pero o lanzamento de falta de Inés sairía rozando o pau. Sentenciaría o BeArt co equipo soneirán ao ataque nun contragolpe levado por Leny que ela mesma finaliza ante Anabel.
A veteranía do 5 Coruña e os errores de cara a gol das vimiancesas privaron de puntuar ao Fisober.

Liga Provincial, xornada 10

  • Resultado: Grupo Work FSF - FSF Villa de Cee (2-4).
  • FSF Villa de Cee: María B., Ana, Adriana, Alba, Andrea (cinco inicial); Tatiana, María, Sandra, Marta, Serena, Raquel.
  • Goles: 0-1 Ana (min. 1); 0-2 Ana (min. 5); 0-3 Andrea (min. 16); 1-3 Ainhoa (min. 44); 2-3 Sandra (min. 47); 2-4 Ana (min. 48).

Púxose de cara o partido para as ceenses moi pronto xa que no primeiro minuto xa anoataban o primeiro gol tras varios rebotes. Repetía Ana pouco depois, logo dun despiste en defensa, para endosar o terceiro dous min despois nun tiro de 10 mts obra de Andrea, así que no minuto 7 xa vencían as ceenses por 0-3 nunha saída de xogo onde aproveitaron a falta de intensidade das locais.

Malia iso o equipo local seguiu enteiro e dominando o xogo e a circulación e intentando acurtar distancias e gozando dalgunha ocasión que non se chegou a materializar, recibindo varios sustos do Villa de Cee que se situaba no seu campo esperando aproveitar as súas oportunidades; a primeira parte non deu para máis e xa non se movería o marcador.

Na reanudación seguimos co mesmo escenario, o equipo coruñés intentábao pero o Cee traballaba ben en defensa e non daba moitas opcións, así que a partir do min 10 deste periodo comezou o Work a intentar sacar vantaxe alternando co xogo de 5, pero sen éxito; así fomos chegando ao final onde no min 44, recurtaba distancias cun gol de Ainhoa, o cal dáballes certas esperanzas no encontro máis despois de que no min 47, Sandra anotaba o 2-3.

O partido nestes instantes gozaba de pouco rigor táctico e volvíase tolo, e a verdade é que tiveron as locais por dúas veces o empate nunha saída dunha falta botada por Albita e noutra ocasión clara de Ade no xogo de 5, pero foi o Cee nunha contra o que conseguiu anotar de novo por mediación de Ana, que poñía así o broche a un gran partido pola súa banda, para pechar definitivamente o encontro co 2-4.

Novas relacionadas

Fonte

  • David Castro..

Comentarios