A política ponse de costas en Vimianzo
Xa levamos vividos unha serie de esperpentos políticos en Vimianzo protagonizados por gobernos e oposicións. Mocións fallidas, denuncias duns contra outros… Pero a acusación edil Montserrat Vázquez, expulsada provisionalmente do PSdG, é grave. Unha das 7 asinantes da fallida moción de censura denuncia, ano e medio despois do comezo do proceso, un chantaje por parte do alcalde para que esta non apoiara a moción. Así o denunciaba nunha rolda de prensa á que acodía acompañada de José Manuel Rodríguez Blanco, Roque.
Segundo denuncia hoxe Vázquez, o alcalde amenazou á edila con tomar medidas en contra dun edificio en construción, propiedade do pai da concelleira. Ademais, asegura ter unha grabación coas conversas, ao tempo que solicita o apoio dun partido que ata o de agora lle deu as costas por participar nun intento moción non apoiado dende o propio partido.
A visión do alcalde
Así mesmo, o alcalde nega calquera tipo de presión e chantaxe a ningún concelleiro pola moción de censura.
Manuel Antelo anuncia neste sentido "a presentación dunha querela contra o xornal de extrema dereita que publicou, sen contraste algún e faltando á verdade, un titular no que acusa ao Alcalde de Vimianzo dun delito. Este xornal basea a noticia nunha conversa privada entre o arquitecto técnico e o seu cliente, conversa da que trascende a existencia dunha irregularidade urbanística nunha obra a medio construír en Vimianzo". O Alcalde advirte que "estenderá a súa acción de defensa xurídica ante calquera que profira accións e mentiras, coma esta publicada no día de onte".
Trece meses despois de presentar unha moción de censura da que puideron solicitar a celebración do Pleno por mor das medidas xudiciais, "non se xustifica o seu desestimento con ataques contra o Alcalde", sinalan fontes municipais. “Ata xaneiro ou febreiro tiveron tempo abondo para solicitar ese Pleno, cousa que non fixeron. Pretenden agora explicar o seu fracaso con ataques inaceptables” indica Manuel Antelo.
Sobre o devandito edificio
Ao respecto da situación urbanística do edificio parece ser que, nesa conversa, poñen en común entre o técnico particular e os promotores da obra a existencia de irregularidades urbanísticas. O día 8 de novembro de 2013 solicitaron prórroga de licenza por non ter rematado o edificio. O 24 de xaneiro de 2014 o arquitecto municipal emite un informe no que se indica “de la inspección realizada se deduce que la edificación a día de hoy no se compadece con el contenido de la licencia, por lo que deberá ordenarse la paralización inmediata de las obras y la apertura de expediente de reposición de la legalidad urbanística. No procede, por lo expuesto más arriba, entrar en la valoración de la prórroga solicitada dentro de plazo, en tanto se resuelve el expediente antes citado”. Consecuencia do informe do arquitecto municipal, o Alcalde, mediante resolución de data 27/01/2014, comunica o acordo de paralización das obras e incoacción de expediente de reposición da legalidade a Pulidos Galicia SL, por mor da realización de obras sen axustarse á licenza outorgada no seu momento, explican dende o Concello.
“O Alcalde de Vimianzo non se dedica a facer investigacións urbanísticas” di o alcalde “Ese expediente é consecuencia dun informe do arquitecto municipal para dar resposta á solicitude feita polo promotor.” Manuel Antelo cre que o que pretenden con estas accións é presionalo para que faga a vista gorda sobre os problemas urbanísticos destes señores, incorrendo deste xeito nun delito. O Alcalde de Vimianzo actuará en todo momento de acordo coa lei e cos informes técnicos e non se deixará amedrentar nin permitirá abusos nin privilexios urbanísticos de quen cometa infraccións.
“O urbanismo en Vimianzo non é moeda de cambio, a lei é igual para todo o mundo. A actuación do concello no asunto das irregularidades urbanísticas deste edificio está seguindo, e seguirá, os procedementos legais establecidos” conclúe Manuel Antelo.
Novas relacionadas
- Os Xulgados repoñen dous traballadores municipais que foran despedidos.
- 12-03-14: O PSOE expulsa provisionalmente aos edís promotores da fallida moción de censura.
- 03-03-14: Definitivamente, non haberá moción en Vimianzo.
- 14-01-14: O PSdG provincial pide a Ferraz a expulsión definitiva dos edís de Vimianzo.
- 30-12-13: O PSOE de Vimianzo terá que readmitir aos edís expulsados.
- O Goberno vimiancés anula a licencia dunha nave da empresa do irmán do ex alcalde.
- O alcalde de Vimianzo lembra que PP e PSOE están en contra da moción.
- Domingo Guerra: Cuestión de confianza e moción de censura.
- 07-08-13: O BNG da Costa da Morte denuncia que o pacto antitransfuguismo impide a moción de censura de Vimianzo.
- 05-08-13: O grupo de goberno vimiancés estudia a legalidade dunha nave do líder do grupo censor.
- 02-08-13: O alcalde de Vimianzo recurrirá a sentenza xudicial que abre ás portas a unha moción de censura.
- 01-08-13: Vimianzo volve estar pendente dunha moción de censura.
- 06-03-13: Antelo: “Non haberá moción de censura”.
- 04-03-13: Conmoción en Vimianzo ante a moción de censura e expulsados os 4 edís de PP e PSOE.
- 02-03-13: Moción de censura en Vimianzo.
- 24-07-12: A nova Xestora do PP de Vimianzo non apurará unha moción de censura.
- 31-10-11: Vimianzo segue en plena combustión política.
- 24-10-11: Parón en Vimianzo á espera dunha moción de censura.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- ABC.