Ruralismo 3.0 / 10: Carro de Combate (Os últimos de Baíñas)
- Coleccionable. Transición Rural á Modernidade (S.XX).
- Fotografia: Antonio Nodar.
- Texto: Nando Lestón.
Unha contracultura reformista avanza de xeito inexorable, pero o Sr. José e a Sra. Antonia da Dominga, aínda non o saben... aínda que o sospeitan.
Esta Contracultura basarase no futuro, no expolio territorial, na desintegración dos referentes culturais e na implementación da tecnoloxía a que terán que adaptarse... virán os tempos "das diferentes velocidades" que deixarán atrás a muita xente.
Se miramos a imaxe vemos que hai certos elementos que conectan ca escea central e outros que, nun estudo profundo, van aparecendo e desaparecendo. Sobre todo desaparece a terra e vai aparecendo o cemento que "progresa" de xeito inexorable. Hoxe en dia é común ver asfalto e cemento nas aldeas. Baíñas non fui unha excepción.
As personaxes principais, o Sr. José e a Sra. Antonia da Dominga situánse no plano central do "séquito" e dominan a escea, aí está o foco da súa atención e demóstrano mirando ambos para a cámara do fotógrafo; ambos persoaxes, con todo respecto, funcionan como estereotipos do labrego e labrega que transitou dende o século XIX ata comenzos do XXI.
O Sr. José, como home, vai diante e dirixe a acción. Así mesmo é o que porta a "vara" de mando, sen punta, así que non é unha "aguillada"... que levaría "pincho". O seu vestir é de roupa de traballo, con boina e botas; xersei, camisola e pantalón moi usados e algo raídos, de feito o xersei non semella da súa talla e dalle aspecto de "nenogrande".
Non hai tensión na corda así que as vacas van a paso "calmao".
Atrás, con paso firme e erguida, aparece a noble e fráxil pose de Antonia.
A conexión ou vínculo desta muller, ben co animal, ben co traballo, é máis firme. O xeito que ten de levar a vaca, arrodeándose ca corda ó corpo fala de certa "atadura" pero tamén soltura e confianza no animal.
Vaca e muller van amarradas unha á outra coma se fosen unha soa.
Non podo reprimirme á hora de comentar os andares de Antonia... esta muller, illada deste contexto cultural, avanza cara Antonio con "aires" de Supermodelo; erguida, a cadera un pouco desplazada, o paso calmo pero firme e os brazos recollidos sobre sí mesma, inspiran aires de pasarela.
Con todo, o xeito que ten de mirar a Sra. Antonia é máis inquisitivo, semella non estar de todo cómoda ca situación, como dicindo (interpreto) .."e éste que quer"?... As roupas, como era de esperar na muller, son escuras pero, a touca aporta "alivio".
Do carro, árbore convertida, observamos a testa da "cabezalla", o xugo das vacas, os "fumeiros", as "canizas" e a roda de madeira cuberta cas "lamias" de ferro.
Observamos que vai valdeiro, así que podemos supoñer que van pro traballo... pero non podemos dicir nin aproximar a hora, pois a lus non da muita información. É unha lus sen preferencias nin xerarquias e unha lus "atrapatodo".
José e Antonia transitan a Rúa Principal e nun intre, sen aspaventos, miran para Antonio..... CLIK.......... Mortales.
InMortales.
Ben. Acheguémonos aos nenos. Ampliade a imaxe. O encuadre do neno falando ca nena. No encuadre entra tamen a Sra. Antonia. Os tres.
É fantástica a escea.
Nenos falando, conversando en paz. Urdindo, argallando, contando, planeando, matando o tempo... facendo vida no seu mundo. Ese mundo pronto será seu. Serálles entregado un mundo en tránsito cara algures aínda sen definir... irreal dalgún xeito. Borraránlle certa memoria, ás veces mesmo repudiarán aquel mundo de Antonia e José, eles, os nenos, ten dereito a crear o seu propio universo, cas súas propias tradicións... sempre pasou .Representan o cambio... o que está por vir e Antonia xa pasou por ali, éla tamén fui nena e tamén renunciou a certo pasado.
Ou, no seu caso... colliu o que lle deron ou o que lle tocou.
A Rúa Principal, aínda de terra, comenza a convivir con aceras para peatóns, aceras de carácter urbano que pronostican asfalto e coches.
Varias edificacións, sen orde nen concerto, conviven nos seus diferentes estilos, tamaños e materiais.
Edificios de épocas pasadas en franca decadencia, falan da falta de armonía e gusto na sua recuperación e mantemento;son os pequenos "mercados medievais" que, en vez de convertilos en xoias, son resignificados con teitos de uralita, descompoñendo a sua auténtica persoalidade xa sen función. Son recordos en desuso, nada do que ocuparse. Porén, hai outras dúas edificacións contemporáneas que ilustran a transición do que será un dos grandes males galegos: o tapado da pedra con recebo de cemento.
Acontece igual que co traxe tradicional; a súa desaparición propiciouse pola aparición de novos panos, textís e formas que, en contraposición, levaban aparellado un sentido de atraso, vergoña e complexo atribuído por parte das novas modas urbanas.
Destacan no medio o edificio de "Caja de ahorros de Galicia", no plano superior,onde vemos a connivencia da pedra no penal e o cemento na "fachada", na cara visible; esta restauración debe dar a impresión de poder contemporáneo e non o de atraso que daba a pedra. Mal.
Máis abaixo do derradeiro Tinglado aparece outra incipente construcción de megaladrillo con aires cubistas de Le Corbusier, esa será, daquí en diante, o modelo a seguir.
A partir deste intre muita pedra será enterrada polo cemento... para, anos máis tarde, ser destapada outra vez, reivindicando certo tradicionalismo revisado e certa inmadurez aldeana.
As farolas públicas compiten na súa verticalidade cun cruceiro que, visto dalgún xeito, non se sabe que pinta aí... no medio da nada; como un resquicio descolocado resiste como a fe cristiana... ó millor algún dia houbo aí un cruce de camiños... o certo é que perto do seu basamento aparece o que podía ser unha pía de auga... ou non. Non sei.
Para rematar dicir que o carro galego pérdese na nuite dos tempos. Os sabios empregaban diferentes madeiras para a sua construción. O eixe podia ser de salgueiro e o "chedeiro" (plataforma) era polo xeral de carballo; as canizas de pino e as rodas de carballo...
O carro é un elemento de resistencia do labrego pois, xunto ca vaca, fui do último en desaparecer dunha tradición que deixou cantareas e cantares de carro nos camiños e nos prados,que quedaron marcadas para sempre nas "rodeiras" da memoria do tránsito vital. O carro fui para os galego e galegas un Carro de Combate.
Non canta na Chá ninguén, por iso meu carro canta, canta o seu eixo tan ben, que a señardade me espanta. Non hai canto tan fermoso: fino coma un asubío, anque é, as vegadas, saudoso faise no ar rechouchío. O meu carro é cerna dura:s ábese carballo e freixo. Que fermosa é a sua feitura! Que lixereza a do eixo! As cousas vanse aledando por onde meu carro pasa.Carrétame herba pro gando! Traime a colleita pra casa!
Amén.
- Fotografia: Antonio Nodar
- Texto: Nando Lestón
Ruralismo 3.0
- 09: Progreso sen regreso
- 08: Chupete vs Adultos
- 07: Jose Blas (Ferreiro). A forxa de Vulcano
- 06: Vacas (frisona, a máis mona).
- 05: Lancha no Ézaro
- 04: Sra. Serafina do Roquiño. Os Santos Inocentes
- 03: Cabaseira de Baíñas
- 02: Santuario da Virxe da Barca
- 01: A Serafina do Roquiño.
MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC
- ME CAGO.
- A Boca
- Xa nos vai tocando.
- Garamendi.
- Mi querida Babel
- Un novo Deus... Abalado sexa
- Madrí, rotonda de Hespaña.
- No país dos cegos o torto é o rei
- Nodar-radón.
A VIÑETA DE NANDO LESTÓN
Outras historias de Antonio Nodar
- As auroras boreais nun timelipse de Antonio Nodar
- Vacaciones en Reverso.
- Una foto en 1.000 palabras. Un viaje por la gastronomía gallega.