Ruralismo 3.0 / 05: Lancha no Ézaro
- Coleccionable. Transición Rural á Modernidade (S.XX).
- Fotografia: Antonio Nodar.
- Texto: Nando Lestón.
![boat in Ezaro](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2024/12/27/2024122709482659476.jpg)
Para entender esta imaxe deberiamos trasladarnos á década de 1760 ou para ser máis históricos, a finais do século XVIII, onde a arte, en xeral en Europa, caracterizouse por un cambio na representación tanto da paisaxe coma das esceas, buscando sobre todo certo dramatismo.
Sempre hai dramatismo nos abandonos humanos, xa que eses abandonos contén en sí mesmos unha vida chea de recordos; dá o mesmo que sexa un roupeiro no medio dunha rua un mércores pola nuite, que un barco no rio Xallas. Todos teñen a súa Historia.
A derradeira Xeiteira, embarcación tradicional dos mares galegos, fui rescatada do enterramento que o seu dono lle dou na Berberecheira de San Mamede. Alí botou anos,ata que un estudioso a desenterrou e fixeron unha réplica, que hoxe navega tan rampante nunha escola de vela tradicional en Marín. Porén, a orixinal, que non conserva máis que apenas o esqueleto, vive no Museo Massó de Bueu, chámase Marina.
Todo nesta imaxe é abandono e Romanticismo.
Unha espesa borraxeira tamiza toda a luz, isto provoca ausencia de contraste e polo tanto, de sombras. Toda a luz ten a mesma categoría, provocando unha atmósfera de recollimento e tránsito coma se dunha alma se tratara. É posible que Nodar non retratara máis que a alma ou algo semellante ao desprendimento do corpo.
A ocultación da ladeira do Monte Pindo, fai que as referencias paisaxísticas desaparezan, situando ao pecio, case no medio da Nada, da máis anónima das nadas... sen dono... sen nome... simplemente un barco abandonado.
Sempre é triste ou romántica esa imaxe.
A embarcación presenta unha forma de gran belleza e proporcións.
Comenzamos pola proa... cos clavos aflorando perpétuos.
Destaca a verticalidade da "Roda" que fai que a embarcación semelle máis altiva, máis noble, máis imponente. Isto é debido tamén ao ángulo no que Antonio se posiciona para facer o retrato. Podía perfectamente encadrarse dentro dunha "natureza morta", como se fose un enorme dinosaurio podrecendo e mostrando o seu costillar. Cantas veces vin esta imaxe nos arroaces varados na ribeira, que van mostrando toda unha fase de transformacións ata chegar á sua forma final... o esqueleto.
A Lancha está apoiada, "acostada", sobre o costado de babor, dando a impresión de estar vencida polo paso do tempo... agónico tempo ata a desaparición perpétua.
As cadernas mostran un importante deterioro pero aínda matén a sua forma orixinal, da cal podemos adiviñar que esta chalana era mui mariñeira e estaba en armonía co surcar dos mares.
O burato perto da proa deixanos ver parte da costillaxe que, xunto ca quilla, enterrada xa, son o barco propiamente dito.
É un animal en transformación... só hai que esperar e o tempo facerá o resto. Coma sempre... coma con todo.
Madeiros asomando pola cuberta, ferintes ca contorna inmediata, chimpan ángulos e liñas en todas direccións, que volven máis áspera e decadente a composición; composición por outra banda, irremediablemente chapuzada de poesía... de lendas... de Holandeses Errantes.
As cordas, mellor dito,os cabos ou estachas que penduran dende a proa cara a unha zoa invisible de anclaxe ou "morto", amárrano sen aparencia de tensión. Os cabos crean liñas mornas, decaídas e pendurantes,sen firmeza xa... son testigos dun porto seguro ao que arribou por derradeira ves. Eses cabos tornan xiróns pola presencia dos algazos que lle colgan; sen dúbida dramaticamente, conferíndolle á imaxe unha dureza sobrebatural,de fantasmagoría que pesa, que obliga a esta posición deitada, sometida e descansada.
Imaxino esta embarcación,sorteando a ponte cando sube a marea para atopar o calado.
Imaxínoa levando xente,pasándoa dunha banda a outra do Rio para unir vidas..quen sabe.... mercadurías e saberes...
O Lancha é madeira... é prado... é arbore fendida para táboas, que lle darán a inxeniosa forma de casa flotante... de prosperidade e fartura. Será unha Balea... ou un Dinosaurio.
- Fotografia: Antonio Nodar
- Texto: Nando Lestón
Ruralismo 3.0
- Sra. Serafina do Roquiño. Os Santos Inocentes
- Cabaseira de Baíñas
- Santuario da Virxe da Barca
- A Serafina do Roquiño.
MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC
- A Boca
- Xa nos vai tocando.
- Garamendi.
- Mi querida Babel
- Un novo Deus... Abalado sexa
- Madrí, rotonda de Hespaña.
- No país dos cegos o torto é o rei
- Letras
- SALVE CARNOTA.
- Entre ideoloxías anda a probe vida
- Ser pintor na Costa-Verdescente da Morte.
- Turismo global. Unha pandemia máis.
- Orxías culinarias.
- ASPAFIN, a Asociación de Pacientes do Finisterrae.
- La grande belleza... y la grande torpeza.
- Limpade... limpade vós.
- Pos-reflexión.
- Matermateria
- Nodar-radón.