Ruralismo 3.0 / 08: Chupete vs Adultos
- Coleccionable. Transición Rural á Modernidade (S.XX).
- Fotografia: Antonio Nodar.
- Texto: Nando Lestón.

Poucas veces Antonio mo puxo máis doado e máis difícil ao mesmo tempo. O instinto, como a intuición é unha ferramenta que se revela máis rápido que o pensar e, desta volta, hai que tirar do primitivo.
Noutras ocasións vemos como Nodar acada a atención dos retratados, mais nesta ocasión, como se fose invisible, ninguén está atento a el; o fotógrafo está ausente, porén... esta é a imaxe da candidez, da ternura, da inocencia e do sencillo.
Xúntanse desta volta tres xeracións, nun espacio de traballo coñecido, útil para o seu cometido pero carente de toda poesía e romanticismo; un espacio arquitectonicamente funcional que nos dará a todas de comer. A Lonxa de Muxía.
Ben, chama poderosamente a atención dous mirares distintos. A infancia mira para un lado, o mundo dos adultos mira para outro, pero en calquera caso non se pode, aínda que o intuimos, saber para que miran e o que ven exactamente.
No centro da imaxe aparece unha nena enriba dunha báscula industrial; metaforicamente podiamos pensar no peso que tiña a infancia, (naquela época, hoxe cambiou) que segundo semella, era máis ben pouco. A nena mira distridamente para algo que chama a súa atención pero o seu xesto é relaxado, sabémolo por que o chupete, a segunda teta, pendura da súa boca sen ningunha tensión, despreocupada, só precisa algo que "roer" para estar a gusto no seu mundo de nena infante.
A escala entre a nena e a báscula é desproporcionada, xa que tal artiluxio está construido para pesar "mercancía", pero para a nena, ese artiluxio preséntase como algo familiar. A nena vai ao lugar de traballo dos adultos, estes dous mundos xúntanse pero non se misturan, así que, enreda pola súa conta, sen ningún reparo.
Pola contra, no lado dereito atopamonos cos "grandes".
Ruralismo 3.0 transita sobre os cambios vitais ao longo do século XX e, a traves de imáxenes como as de Nodar, que conxelan o instante sen intervilo, imos desmiuzando detalles que nos revelan información. Ás veces a información é abondosa e outras sutil que nos obriga a descifrar.
Observamos nunha primeira ollada un muro humano que, en relación ca nena, é descomunal. O mundo dos adultos é un mundo pechado no que hai que coñecer os códigos; a nena aínda descoñece eses códigos pero... nese muro humano, no que non penetra nin a cámara, acontecen as cousas.
A metáfora do muro humano é tamén o da "masa" humana, sen forma pero cohesionada frente a algo....
Unha xeración intermedia está presente. Un neno-home adolescente.
Esta personaxe, de roupas brancas e camisola a cadros, en contraposición ca escuridade das outras vestimentas, fálanos dun mundo cambiante, algo que está nacendo e pronto chegará e xa non terá volta atrás. Este adolescente-home está presente, tratando de comprender eses códigos e, os adultos, abrenlle un espacio para que se incorpore a ese mundo máis pechado, no que as alianzas fornecen ao grupo .É un home... teno máis doado. Agora, e nunha escala de tamaños, que non de valores, que vai dende a cabeza da nena, pasando polo adolescente ata chegar ao Sr. de camisa negra e pantalón de tergal, observamos finalmente as escalas de poder, mesmo as xerarquías.
Home grande-neno medio-nena pequena... sutil.. pero Antonio... lo has clavao... o home de negro, ca súa masculinidade, case se sae da imaxe e reduce o resto a meros representantes. Un grupo humano impenetrable e como referente de "poder cerrado" un home de camisa negra e pantalón de tergal. Os tempos cambiaron muito pero algunhas cousas... nada.
Por outra banda o que dixemos, un espacio arquitectónico frio e impersonal, de baldosa blanca de hospital vello, pero útil para o seu cometido, no que basicamente a única humanidade aparente é aquela pequena flor que apenas pesa máis que unha merluza... que se subasta e por certo é fresca fresca, recén "pinchada" polo "pincho".
- Fotografia: Antonio Nodar
- Texto: Nando Lestón
Ruralismo 3.0
- 07: Jose Blas (Ferreiro). A forxa de Vulcano
- 06: Vacas (frisona, a máis mona).
- 05: Lancha no Ézaro
- 04: Sra. Serafina do Roquiño. Os Santos Inocentes
- 03: Cabaseira de Baíñas
- 02: Santuario da Virxe da Barca
- 01: A Serafina do Roquiño.
MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC
- ME CAGO.
- A Boca
- Xa nos vai tocando.
- Garamendi.
- Mi querida Babel
- Un novo Deus... Abalado sexa
- Madrí, rotonda de Hespaña.
- No país dos cegos o torto é o rei
- Nodar-radón.