xoves. 16.01.2025
El tiempo

Ruralismo 3.0/06: Vacas (frisona a máis mona)

  • Coleccionable. Transición Rural á Modernidade (S.XX).
  • Fotografia: Antonio Nodar.
  • Texto: Nando Lestón.
Vacas Suizas o lecheras.
Vacas Suizas ou leiteiras-Foto-Antonio Nodar
Ruralismo 3.0/06: Vacas (frisona a máis mona)

Inevitablemente esta imaxe non é Ruralista... é Hiper-Ruralista.

Pasa por ser unha imaxe icónica dos herbais e praderías galegas; con permiso da "nosa" Rubia.

Comunmente esta vaca é coñecida como Holandesa, aínda que nós sempre lles chamamos "Pintas", por aquelo das manchas en forma de mapas aleatorios que debuxan o seu corpo. A raza é Frisona e é unha vaca leiteira.

Pero... miremos a imaxe que nos mostra desta volta Nodar...

O fondo está desenfocado pero o xusto para que podamos recrearnos nunha pradeira lindada por árbores que fan ás veces de "cierre" coma se fosen barrotes; ao mesmo tempo aportan frescura natural nun marco case onírico ou bucólico, como se fose o "paraíso", "edén" das vacas. Son as árbores as únicas liñas verticais que se aprezan; o resto da paisaxe, tamén difusa, concrétase en liñas e espesuras de matorrais que crean diferentes horizontes-planos, marcando as lindes entre os herbais.

A lus, con tintes rosáceos, aviñados por momentos, apodérase dos verdes prado de baixa saturación, creando unha paleta de verdes máis apastelados; lémbrame esa mescla ao paso do tempo que se nota nas fotos vellas, que van perdendo cor superficial para gañar en  atemporalidade; estamos diante dunha imaxe contemporánea de carácter claramente "vintaxe" e cuido que é aí onde radica a súa forza.

Con posibilidades de equivocarme a herba semella húmida, con esas pequenas gotiñas aperladas asentadas no pasto,así que o máis probable e que a imaxe estea tomada pola mañan, ca herba chea de reciu, que a fai máis visual e fresca. A esta observación súmase a que as sombras que se proxectan son blandas, é dicir... non opacas e escuras.

Todo ese desenfoque pon de manifesto a unha protagonista.
A Vaca.

A composición é simetría e equilibrio por todas partes. Rezuma a centralidade compositiva onde a vaca protagonista ocupa toda a nosa atención mirando direita e atentamente á camara de Antonio como se lle quixera mostrar a sua mellor pose.

De fronte, non de lado, a vaca toma posición case saíndo do marco pero ca calma que aporta o seu mirar.
A mirada, os ollos sobre todo dunha vaca, son coma ópalos escuros e fondos nos que case te podes mirar e cando miras non ves a superficie cristalina, ves o "adentro" do misterio... o "perderte".

Non ten esta vaca unha "pinta" simplona, semella a lideresa dicindo "que pasa por aí?" Con ese remate ou penacho recén semella sair dunha peluquería punki.

As manchas do pelo, aínda sendo aleatorias, crean certa simetría corporal e física.

Ó fondo ,e a ambolos dous lados da centralidade aparecen tres vacas máis que equilibran todo o formato compositivo abrindo espacio a os lados; espacio que crea aire e deixa respirar á imaxe e incorpora certo movimento.

En definitiva un mundo vacuno que pace tranquilamente sen estridencias nin remilgos artísticos. Natureza animal domesticada. Estampa Ruralista que permaneciu inalterada por séculos e que hoxe en dia tornase difícil de ver, agás nalgunha explotación artesanal que traballa en "extensivo" sen perxuício da contorna.

Só un detalle que seguro non vos pasou por alto.
Ás vacas carecen de cornos. Pura selección xenética.

Eu quero leite destas vaquiñas ;mirade o lindas, guapas e sans que se lles ve.... así lembro eu á nosa "Cunchada".

  • Fotografia: Antonio Nodar
  • Texto: Nando Lestón

 

Ruralismo 3.0

 

MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC

A VIÑETA DE NANDO LESTÓN

Outras historias de Antonio Nodar

Comentarios