Ruralismo 3.0/07: Jose Blas (Ferreiro). A forxa de Vulcano
- Coleccionable. Transición Rural á Modernidade (S.XX).
- Fotografia: Antonio Nodar.
- Texto: Nando Lestón.
Vulcano é o deus do lume e dos volcáns. Segúndo a mitoloxía latina era forxador do ferro e creador de armas e armaduras para deuses e heroes.
A imaxe que nos presenta Nodar non é mitoloxía heroica, é Ruralismo case etnográfico que encadra e perpetua no tempo, un intre de traballo do ferreiro de Baiñas, José Blas Pérez.
Os e as artistas contemporáneas, mesmo os e as artesáns, acostuman a traballar en estudos que case lle serven de carta de presentación para os seus traballos. De feito sempre houbo certo misterio ou nonseique de gañas de ver e descubrir estes lugares de traballo onde as "cousas" acontecen. O estudo ou taller é o reino do artista e do artesán.
Artesanía e Arte só se diferencian nunha cousa... a primeira é útil e funcional, a segunda... en fin... a segunda é inútil e só serve para aqueles que tamén somos inútiles. Por iso, aínda que longo de explicar, é imprescindible.
O Taller do Sr. Blas é a mesmísima representación do funcional e útil, polo tanto, fiable; como a ferramenta que emprega. A atmósfera da Forxa queda atrapada para sempre en catro paredes. Voume animando.
A potente lus central descubre a figura dun home curvado cara adiante nunha postura de acción atenta. Este home é alto, ben formado e forte, sabémolo polas mans, grandes, sen guantes, que van collendo a forma do oficio.
Semella (non son técnico na materia) que está traballando nun cigüeñal, posiblemente dun trator, así que o seu oficio adáptase a os tempos. Realmente asombra a presencia que transmite, nun espacio dominado por outro elemento que fai de soporte ou mesa de traballo; o porpiaño. Unha única peza de grandes dimensións, toscamente labrado e acuñado con outra pedra para estabilizar. Pedra-ferro... bo casamento.
Aínda que o formato do porpiaño é respetable non aporta peso a imaxe xa que,a entrada de lus, alixeira esa sensación.
Se non centramos a mirada en nada e en todo a ves, Blas está no seu "laboratorio" rodeado de múltiples elementos que levitan case libres ao seu arredor, esparcidos en caos compositivo. Podian ser probetas dalgún químico ou aparellos da física cuántica. Pero para el ten unha orde definida onde cada cousa está no seu sitio e un sitio para cada cousa.
Apreciamos o valeiro que hai entre os diferentes lugares nos que realiza o traballo, non hai enrredos na zona da bigornia (iunque), nin na forxa, nin na lixadora e tampouco no grupo electróxeno que se deixa entrever e tampouco na prensa, case tragada pola escuridade. Debe ser un espacio práctico e consagrado a facer a sua función. O chimpín feito de paus de madeira imprímelle ao lugar unha apariencia Humilde en paradoxa con outras ferramentas de deseño máis industrial.
O ángulo de disparo déixanos ver as paredes de ladrillo á vista e parte do teito, cas ripas e tellas ennegrecidas pola ferruxe e o carbón. No chan, pezas que apuntan a unha tecnoloxía máis contemporánea, como os tubos de escape, en contraposición con outras polas que non pasa o tempo, como un arado que asoma. En fin... un Ferreiro ecléctico de aparencia sobria, marcando identidade ca boina ao estilo "chapela".
Como detalle final, enriba do porpiaño hai un escobón sen mango... "aí lo degho".
Quero destacar o coñecemento das persoas que se deron a este oficio, o oficio de domesticar o metal, de "sentir"o ferro sen aleación, traballo duro e pesado para que o agro saira adiante. Pero o certo é que non coñecín a ningún ferreiro ao que non lle gustara o seu traballo. O FERREIRO é labrego e canteiro... para eles traballa e vive, temperando punteiros,picos, fouciños, gadañas, cuitelos, ferraduras pra cabalos, bisagras, arados, sachadoras, machados....
Non fai tanto tempo, ou sí, cando eu iba a escola de Canedo, o lugar onde se impartían as clases era a casa de Jesús de Vintura, o Ferreiro do lugar.
Esa era a Escola onde os rapaces e non as rapazas atendiamos o peregrino ensino dun único mestre para todas as asignaturas, que mal que pudo, fuinos sacando adiante nun mundo aldeano dominado pola experiencia natural de andar todo o día ceibes. Nalgún recreo eu pasabame pola forxa de Xesús e deixabame martelar e as veces meter pezas no lume... pero aquel martelar deixou en min un dos sons da miña vida..o repicar monótono no ferro.
"Non te cases con ferreiro... que ten muito que lavare... cásate con mariñeiro... que ven lavado do mare"..
PD.
Os que teñades interés pasádevos a ver "a fragua de Vulcano" de Velázquez... a comparativa non ten desperdicio... o real e o mito. A fragua de Velázquez semella o salón da nosa casa, limpolimpo... e eles todos cachas e sen pelo no corpo adiantándose a metroxexualidade contemporánea.
O cadro representa o chivatazo de Apolo, da infidelidade da muller de Vulcano... que non era outra que Venus... que se liou con Marte... deus da guerra... Uiii... Aí lo degho.
- Fotografia: Antonio Nodar
- Texto: Nando Lestón
Ruralismo 3.0
- Vacas (frisona, a máis mona).
- Lancha no Ézaro
- Sra. Serafina do Roquiño. Os Santos Inocentes
- Cabaseira de Baíñas
- Santuario da Virxe da Barca
- A Serafina do Roquiño.
MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC
- ME CAGO.
- A Boca
- Xa nos vai tocando.
- Garamendi.
- Mi querida Babel
- Un novo Deus... Abalado sexa
- Madrí, rotonda de Hespaña.
- No país dos cegos o torto é o rei
- Nodar-radón.