Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A Viñeta de Nando Lestón: Conto triste de Nadal

Vineta de Nando Leston-Reis Republicanos
Interpretación dunha viñeta de Cousas da Vida de Castelao
A Viñeta de Nando Lestón: Conto triste de Nadal

Este que vos presento aquí hoxe, non é un conto para nenos… é un conto para adultos; e destes adultos, os que vivan, aínda se lembrarán, nalgúns casos, de acontecementos semellantes.

Ben podía ser un conto para nenos,se este mundo fora, un MUNDO NORMAL. Un "mundo normal" é aquel no que o SISTEMA se define como un claro lugar no que todolos individuos e individuas se podan desenrolar nas suas máximas expresións e cualidades de liberdade. Para eso traballan, para eso pagan.

A liberdade,por outro lado,haberá que vovlver a definila, pero sería algo como "facer e ser o que me pete sen perxudicar a ninguén”.

Para eso só se nos da unha oportunidade que reside no dereito e disfrute, se cabe, das nosas vidas. Unha e só, unha.

Comenzaron por reducir a cultura a unha vaga expresión do Ser, acotada, unificada e deforme.

Existía a lingua, que na escola e no resto das institucións era despreciada e invalidada. A letra con "escarlata" entraba.

Existían as costumes e tradicións paganas, como o entroido, perseguido e censurado.

Existían as mulleres, reducidas ata tal punto que precisaban de ser validadas por outras persoas,no espacio público.

Existían as roupas e traxes,despreciadas por representar o atraso e o ruralismo que tan mala imaxe daba.

Existían persoas normales tachadas de "maricones" que foron perseguidas ata hoxe. Existían os amores furtivos entre mulleres,despoxadas de todo creto diante dos seus veciños.

Existían os "disminuídos", apartados da mirada por familias acomplexadas e un sistema que os despreciaba.

Existía a inmoralidade de gobernar outras vidas a golpe de sello franquista.

Escuito, ás veces, con maldade e torpeza, nomear a os herdeiros de ETA... pero os herdeiros do franquismo están entre nós, chupando do bote común, para volver a gobernar a vida doutros, asegún os seus prexuicios. Non somos todos iguais.

Escuito avergoñado, como esta dereita hipócrita, airea con exquisita facilidade as vítimas do terrorismo etatarra, que semellan embalsamadas en formol para poder facer uso delas cando se precise; pero saen disparados coma foguetes cando se lles nomean as vítimas orfas que viven estradas polas cunetas deste país.

A verdade non debe ofender, debe facer reflexionar.

Nestes intres,onde todo semella ser odio, un odio facilón onde a razón non impera… morren nenas e nenos á vista de todas... cando fui do Holocausto enterámonos tarde... agora xa o televisan.

Eu tamén odio… odio todo o que representa a maldade do ser humano. Por iso gustaríame pedir algunhas cousas para Reis.

A primeira é que os soldados das guerras non vaian á guerra, pois a guerra faise con soldados que matan e morren e raramente saben por que.

A segunda é que o pobo de Israel fale cos seus gobernantes e lles diga que a vida vale muito, a dagora e a de corenta anos atrás.

E a terceira vai para os nenos e nenas de Israel e Palestina, para que saiban perdoarse nun futuro dende este presente tan dramático.

Aínda que sei seguro que para uns haberá móviles e para outros... cañotas, se os reis non o impiden.

FELISES REISES
adicado ás mulleres do eroski de Cee... en particular a "aquelas dúas”.

Podes descargar ao completo aquí o CONTO DA CARTA AOS REIS MAGOS DE NANDO LESTÓN.

 

A VIÑETA DE NANDO LESTÓN

NOVAS RELACIONADAS

MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC

Comentarios